Opus Dei: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 54: Liña 54:
Aínda que ás veces se fale só en masculino, en todos os grupos, salvo no das numerarias auxiliares, hai homes e mulleres: numerarios e numerarias ... Ambas seccións (masculina e femenina) son completamente independentes (distintos centros e labores apostólicas).
Aínda que ás veces se fale só en masculino, en todos os grupos, salvo no das numerarias auxiliares, hai homes e mulleres: numerarios e numerarias ... Ambas seccións (masculina e femenina) son completamente independentes (distintos centros e labores apostólicas).


* '''Agregados''' (hasta 1982, ''oblatos''):
* '''Agregados''' (ata 1982, ''oblatos''):
Son membros con compromiso de celibato que -a diferencia dos numerarios- viven coas suas familias, o onde lles resulte máis conveniente por razóns profesionais. Son aproximadamente un 10% dos membros do Opus Dei. Non ocupan cargos diretivos na Obra.
Son membros con compromiso de celibato que -a diferencia dos numerarios- viven coas suas familias, o onde lles resulte máis conveniente por razóns profesionais. Son aproximadamente un 10% dos membros do Opus Dei. Non ocupan cargos diretivos na Obra.



Revisión como estaba o 7 de abril de 2012 ás 14:58

Ficheiro:Stjosemariaprayercard.jpg
San Xosemaría Escrivá de Balaguer, o fundador do Opus Dei

A Prelatura da Santa Cruz e Opus Dei (máis coñecida como Opus Dei), é unha institución pertencente á Igrexa Católica. Fundada o 2 de outubro de 1928 por San Xosemaría Escrivá de Balaguer, sacerdote español canonizado en 2002. O termo latino Opus Dei significa "obra de Deus".

A prelatura persoal está gobernada polo bispo prelado, Javier Echevarría Rodríguez e composta polos sacerdotes que forman o clero propio da prelatura e, na súa maioría, por fieis laicos.[1]

Historia e características

Expansión do Opus Dei polo mundo
Camino

O Opus Dei, fundado en 1928, foi aprobado por primeira vez en 1941 polo bispo de Madrid-Alcalá (España). Anos despois, en 1950, a Santa Sé aprobouno como Instituto Secular, rexéndose polos seus propios estatutos. Tras solicitalo, foi erixida como prelatura persoal en 1982 polo Papa Xoán Paulo II, sendo a única existente na actualidade. A prelatura depende da Congregación para os Bispos.

A misión institucional do Opus Dei é difundir a ensinanza católica de que todas as persoas están chamadas a facerse santos, e que a vida ordinaria é un camiño cara á santidade.[2]

Segundo o Anuario Pontificio de 2010, o Opus Dei contaba ese ano con 1.996 sacerdotes no mundo e 85.568 laicos, que suman un total de 87.564 membros.[3] O 55 % dos membros do Opus Dei son mulleres e cerca do 90 % viven en Europa e América Latina.[4]

O patrimonio da prelatura está estimado nun mínimo de 2.800 millóns de dólares, segundo un estudo de John Allen.[5]

O Opus Dei recibiu recoñecemento e apoio dos Papas, de diversas autoridades católicas e doutras personalidades.

En contraste, sobre todo en Europa e América Latina, o Opus Dei tamén foi fortemente criticado, sendo acusado principalmente de proselitismo agresivo, sectarismo e difusión de actitudes e vencellos con grupúsculos ultradereistas.[6]

Tipos de membros

O Opus Dei é unha prelatura personal da Igrexa Católica, formada por presbíterosdiáconos e laicos fronte dos cales está o Prelado. A Sociedade Sacerdotal da Santa Cruz, é unha asociación sacerdotal intrínsecame unida á prelatura persoal á que poden pertencer sacerdotes diocesáns. Cando se dí que alguén pertence ao Opus Dei, quere dicir que se atopa nalgunha destas categorías: sacerdotes da prelatura, laicos que se adican ás labores apostólicas e sacerdotes da Sociedade Sacerdotal da Santa Cruz.

A súa vez, dentro de cada grupo existen varios subgrupos:

  • Sacerdotes da Prelatura: poden ser numerarios ou agregados.
  • Laicos: poden ser numerarios/as, agregados/as, supernumerarios/as ou numerarias auxiliares.
  • Sacerdotes diocesanos: poden ser agregados ou supernumerarios.

Por último ambas institucións (a Prelatura e a Sociedade Sacerdotal) admiten Cooperadores [7] (de cualque tipo a primeira, só sacerdotes diocesáns a segunda), que sen pertencer a elas prestan axuda de xeito estable, coas súas limosnas, oracións ou traballo.

Sacerdotes do Opus Dei

Ficheiro:Bishopjechevarria.jpg
Javier Echevarría é o actual bispo prelado do Opus Dei.

Representan menos do 2% do total dos seus membros, o que da ó Opus Dei unha natureza fundamentalmente laica dentro da Igrexa Católica. Proceden dos numerarios e agregados laicos do Opus Dei. Principalmente, atenden aos membros laicos e traballan nas labores apostólicas. Os principais cargos de goberno na prelatura (Prelado, Vicarios Rexionales e Vicarios Delegados) soen estar ocupados por membros desta categoría.

Os sacerdotes que forman o clero da prelatura foron chamados polo prelado para facerse sacerdotes e, libremente, aceptaron esta chamada. Realizan os seus estudos sacerdotais nos centros ou seminarios do Opus Dei, e o Opus Dei responsabilizase do seu sustento.

Os sacerdotes numerarios e agregados viven como os laicos numerarios e agregados, respectivamente: os sacerdotes numerarios en centros da prelatura, e os sacerdotes agregados coa súa familia, en residencias, sós, etc. Varios sacerdotes numerarios foron ordeados bispos polo Papa.

Laicos do Opus Dei

Supoñen a inmensa maioria dos membros da Obra (máis do 98%). Existen varios tipos de membros laicos na Prelatura do Opus Dei:

  • Supernumerarios

Son os máis numerosos, representando actualmente preto do 70 % do total dos membros.[8] Os supernumerarios non teñen compromiso de celibato (é dicir poden casar e ter fillos), viven e traballan onde consideran oportuno, e buscan a santificación na súa vida diaria. Ademáis de ter un "plan de vida" espiritual con diversos medios de formación e prácticas de piedade. Debido á súa profesión e obligacions familiares, os supernumerarios non poseen tanta dispoñibilidade como os numerarios ou agregados, pero soen colaborar económicamente co Opus Dei ou ofrecer algún tipo de apio segundo as circunstancias llo permitan. Non ocupan cargos diretivos.

Aínda que ás veces se fale só en masculino, en todos os grupos, salvo no das numerarias auxiliares, hai homes e mulleres: numerarios e numerarias ... Ambas seccións (masculina e femenina) son completamente independentes (distintos centros e labores apostólicas).

  • Agregados (ata 1982, oblatos):

Son membros con compromiso de celibato que -a diferencia dos numerarios- viven coas suas familias, o onde lles resulte máis conveniente por razóns profesionais. Son aproximadamente un 10% dos membros do Opus Dei. Non ocupan cargos diretivos na Obra.

  • Numerarios:

Comprenden aproximadamente o 20% dos membros.[8] Os numerarios e numerarias son membros con compromiso de célibato que, polo xeral, viven nun centro do Opus Dei. Poden, en principio, exercer unha profesión civil, pero deben estar dispostos a renunciar ó seu exercizo se a Prelatura o solicita para ter outra función dentro da Obra.

Son os primeiros responsables da formación dos demáis membros do Opus Dei, e soen desempeñar os cargos diretivos. Numerarios e numerarias (non así as numerarias auxiliares) reciben unha formación filosófica e teolóxica que, ao longo da súa vida é comparable coa recibida nun seminario.

  • Numerarias auxiliares:

Son numerarias que adícan a súa vida exclusivamente ao traballo doméstico (limpeza, cociña, coidado da roupa, xestión, etc.) dos centros. Viven nos centros do Opus Dei e polo xeral non exercen ningunha profesión externa. Non teñen cargos diretivos.

Nos estatutos do Opus Dei dise sobre as numerarias auxiliares:

(...) además, en la sección de mujeres, las Numerarias auxiliares, con la misma disponibilidad que las demás Numerarias, dedican su vida principalmente a los trabajos manuales u oficios domésticos, que acogen voluntariamente como trabajo profesional propio, en las sedes de los centros de la Obra. (n. 9)..
Ficheiro:PerottetOpusDeisupernumerary.jpg
Familia de John Perrottet, membro supernumerario do Opus Dei.

Sacerdotes da Sociedade Sacerdotal da Santa Cruz

A Sociedade Sacerdotal da Santa Cruz é unha asociación de clérigos (sacerdotes), intrínsecamente unida á prelatura persoal do Opus Dei. A ela pertencen presbíteros e diáconos diocesanos que así o desexen, e os sacerdotes (numerarios ou agregados) que forman o clero da prelatura. O prelado do Opus Dei, Monseñor Javier Echevarría é o presidente da Sociedade.

Cooperadores do Opus Dei

Os cooperadores do Opus Dei non son membros da prelatura, pero colaboran de distintos xeitos con ela (oracións, limosna, traballo). Para ser Cooperador non é necesario ser cristiano senon que, tan só, ter desexos de colaborar coas actividades e/ou fins do Opus Dei

Os cooperadores poden participar das actividades educativas e de formación do Opus Dei. Asimesmo, comunidades relixiosas poden ser cooperadores da Prelatura. Actualmente existen centos destas comunidades que cooperan mediante as súas oracións polo Opus Dei e o seu apostolado.

Notas

  1. As prelaturas persoais regúlanse nos artigos 294 a 297 do Código de Dereito Canónico.
  2. A Igrexa Católica declarou no Concilio Vaticano II que "todos os fieis, de calquera estado ou condición, son chamados á plenitude da vida cristiá e á perfección da caridade, que é unha forma de santidade que promove, aínda na sociedade terrea, un nivel de vida máis humano. Pertence aos laicos buscar o reino de Deus, traballando nas cousas do mundo e dirixíndoas segundo a vontade de Deus". (Const. Dogm. Lumen Gentium, n. 40).
  3. "Opus Dei (Personal Prelature) [Catholic-Hierarchy]". 
  4. A partir de 1982, despois de conseguir o estatuto de prelatura persoal, o número de membros do Opus Dei debía ser comunicado ás autoridades eclesiásticas. O Anuario Pontificio recollía no ano 1986 as cifras seguintes: 1.217 sacerdotes, 56 novos sacerdotes e 352 seminaristas maiores; tres anos máis tarde, en 1989, aparecía a cifra de 74.401 laicos, que se se engaden aos sacerdotes e seminaristas citados anteriormente suman ao redor de 76.000 membros.
  5. John Allen é correspondente no Vaticano da revista estadounidense National Catholic Reporter. Quixo escribir un libro e plantexoullo a Juan Manuel Mora e a Marc Carroggio, voceiros en Roma para a prensa internacional. Tras consultar co prelado, comprometéronse a cooperar con el "sen ningunha restrición". Tras seis meses de traballo, Allen e o seu asesor en materia de contabilidade estimaron un patrimonio mínimo de 2.800 millóns de dólares, cifra referida ao valor de balance e non de mercado dos inmobles, que o Opus Dei considera "máis ou menos correcta". Véxase Artigo de Enric González en "El País" (6 de marzo de 2006)
    • El Opus Dei desde dentro - El País: http://www.elpais.com/articulo/reportajes/Opus/Dei/dentro/elpepusocdmg/20060430elpdmgrep_9/Tes
    • Os estatutos de 1950 dicían que os membros non debían revelar aos estraños que eran socios da organización, sen permiso dos seus superiores. Esta obriga estendíase tamén aos ex-membros. Art. 191: "Polo cal os socios Numerarios [membros plenos] e os Supernumerarios [casados e outros] saiban ben que van gardar sempre un prudente silencio respecto aos nomes doutros membros, e que a ninguén lle van revelar nunca que eles mesmos pertencen ao Opus Dei, nin aínda sequera coa fin da difusión do devandito instituto, sen licenza expresa do propio director local. Esta discreción obriga principalmente a aqueles que foran recibidos recentemente no Instituto, así como tamén aos socios que, por calquera causa, abandonasen o Instituto."
    • Un dos casos máis salientables que presenta David Clark, é o de Tammy DiNicola, unha numeraria do Opus Dei que vivía no Centro de Estudos de Brimfield, Massachusetts, e cuxa familia solicitara axuda a Clark. David Clark, polo xeral afirma que o perfil dos membros que coñeceu é de "persoas sinceras, que se adaptan ben ao que o Opus Dei determina. Adoitan ser verdadeiros crentes e adoitan ser bastante submisos". Comenta que con frecuencia as familias destes membros apoian nun principio ao Opus Dei "porque saben que conta co respaldo da Igrexa Católica". Porén, empezan ver que algo non vai ben, di Clark, cando descobren que os membros das súas familias non poden volver a casa por vacacións, cando teñen un tempo limitado para falar por teléfono, e os numerarios afirman que doaron parte do seu diñeiro ao Opus Dei.
    • O teólogo Tamayo-Acosta afirma que unha vez que Karol Wojtyla se converteu no Papa Xoán Paulo II, floreceu a sintonía xa existente entre ambos en canto á necesidade de levar a cabo unha "nova evanxelización" con principios ultraconservadores. Noutras palabras, sostén que o Vaticano encontrou no Opus Dei unha voz predominantemente laica —unha sorte de "cabalo de Troia en medio do mundo"— que se faría eco da súa oposición ao aborto, e ao uso de condonóns, ao divorcio, á investigación con células nai e aos dereitos dos homosexuais.
  6. Asociación de Cooperadores y Amigos del Opus Dei
  7. 8,0 8,1 "Catholics scrutinize enigmatic Opus Dei". Chicago Tribune.  Parámetro descoñecido |fechaacceso= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda) mirrored on RickRoss.com and here