Sistema renina-anxiotensina: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Silverfox (conversa | contribucións)
→‎Regulación: engado ligazóns
Silverfox (conversa | contribucións)
Liña 23: Liña 23:
** [[Péptido natriurético auricular]], asi como outros péptidos diuréticos.
** [[Péptido natriurético auricular]], asi como outros péptidos diuréticos.
** Descarga β-adrenérxica, que inhibe a liberación de [[renina]].
** Descarga β-adrenérxica, que inhibe a liberación de [[renina]].
** NO.
** [[Óxido nitroso|NO]].
** A propia [[anxiotensina II]] inhibe a renina por [[retroalimentación negativa]].
** A propia [[anxiotensina II]] inhibe a renina por [[retroalimentación negativa]].



Revisión como estaba o 7 de abril de 2012 ás 02:37

O sistema renina-anxiotensina é un sistema de control da presión arterial.

O sistema componse de:

O seu obxectivo é o de aumentar a presión arterial en caso de que esta estea baixa. A presión baixa é detectada pola mácula densa (unha estrutura do ril). A activación da mácula densa provoca que as células iustaglomerulares secreten renina. Esta enzima só ten un substrato, o anxiotensinóxeno. A renina rompe parcialmente ao anxiotensinóxeno producindo anxiotensina I. A anxiotensina I é un péptido pouco activo. É fragmentado pola enzima conversora da anxiotensina en varios tecidos, sobre todo pulmóns, pero tamén en neurohipófise, glándulas suprarrenais, bazo e endotelio entre outros. O produto será a anxiotensina II. A anxiotensina II pode ser convertida en anxiotensina III por acción dunha aminopeptidasa.

Funcións

Tanto a anxiotensina I como a II son péptidos activos. Únense ao seu receptor específico e activan o ciclo do fasfatidil-inositol, producindo inositoltrifosfato e diacilglicérido. O inositoltrifosfato permite a saída de calcio do retículo endoplásmico. A mobilización do calcio favorece a liberación de aldosterona dende o hipotálamo. A aldosterona activa unha serie de proteínas renais, IAPs, proteínas inducidas por aldosterona. Estas favorecen a reabsorción de sodio nos tubos proximais do ril. A reentrada de Na arrastra a agua, incrementando o volume circulante e a presión arterial. A propia anxiotensina ten efecto vasoconstritor a nivel sistémico.

Regulación

Dous grupos de sinais regulan este complexo sistema:

Véxase tamén

Bibliografía

  • Thomas Devlin: Bioquímica, cuarta edición.