Balder: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Thijs!bot (conversa | contribucións)
m robot Añadido: et:Baldr
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m robot Añadido: zh:巴德爾
Liña 37: Liña 37:
[[sl:Baldur]]
[[sl:Baldur]]
[[sv:Balder]]
[[sv:Balder]]
[[zh:巴德爾]]

Revisión como estaba o 26 de outubro de 2006 ás 00:09

Na mitoloxía nórdica, Balder (tamén Baldr ou Baldur) era o deus da inocencia, da xuventude, da beleza, da pureza e da paz.
Era o segundo fillo de Odín e Frigg, casou con Nanna e con ela tivo a Norseti. Balder coñécese sobre todo polo mito que arrodea á súa morte
Cando naceu, Frigg temerosa pola seguridade do seu fillo fixo xurar a todos os animais e plantas, ao lume, á auga e a todos os metais que non danarían a seu fillo. Aínda así a Balder advertiuselle da súa propia morte por medio de soños, pero non foi quen de descifralos, por iso seu pai Odín, montado no seu cabalo Sleipnir, baixou a Hel, Garm interpúxose, pero Odín conseguíu evitalo e chegou onda á porta do poente, dixo unhas palabras máxicas para espertar a Hela, pese ás súas queixas, Odín obrigouna a descifrar o soño de seu fillo, malia iso, Hela empregou palabras escuras.
Balder créndose invulnerable a todo ideou un xogo no que os deuses debían guindar, sobre el, cantos obxectos daniños quixeran, sabendo que nada lle podían facer. Loki, coa forma dunha velliña, conseguíu saber que Frigg, considerando ao visgo demasiado novo, eximiuno do xuramento. Loki deulle unha ponla de visgo ao irmán cego de Balder, Hodur para que participara no xogo e lla guidara, cando lla botou, Balder caeu morto, o resto dos deuses quedaron mudos, sen poder vingarse por ser o lugar sagrado. Os deuses colleron o cadáver e o levaron ao mar, e na súa nave fixeron a pira.
A morte de Balder é un tema recurrente nas tradicións escandinavas e a orixe mítica do funeral viquingo.

Ficheiro:Codex-Baldr.JPG
Morte de Balder, ilustración dun códice de 1790