Provincia de Xaén: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (Bot: Modifico: ar:خاين (مقاطعة)
m r2.7.1) (Bot: Modifico: eo:Provinco Ĥaeno
Liña 59: Liña 59:
[[de:Provinz Jaén]]
[[de:Provinz Jaén]]
[[en:Province of Jaén (Spain)]]
[[en:Province of Jaén (Spain)]]
[[eo:Ĥaeno (provinco)]]
[[eo:Provinco Ĥaeno]]
[[es:Provincia de Jaén (España)]]
[[es:Provincia de Jaén (España)]]
[[eu:Jaéngo probintzia]]
[[eu:Jaéngo probintzia]]

Revisión como estaba o 6 de abril de 2012 ás 19:44

Provincia de Xaén
Provincia de Jaén
Capital Xaén
Área 13.489 km²
Poboación 669.782 hab. (2009)
Densidade 49,65 hab./km²
Concellos 97
Xentilicio Xienense

A provincia de Xaén (en castelán e oficialmente Jaén) é unha das oito provincias que conforman a comunidade autónoma de Andalucía. A súa capital é Jaén.

A súa superficie é de 13.498 km². A súa poboación é de 660.284 habitantes (2005, INE), dos cales, preto dunha sexta parte viven na capital, e a súa densidade de poboación é 48,01/km². Está composta por 97 concellos, entre os cales destacan, xunto coa capital, Linares, Úbeda, Baeza, Andújar, Martos, Cazorla e Alcalá la Real.

Comarcas

Comarcas da provincia de Xaén
  • Metropolitana: comarca que comprende practicamente a totalidade da área metropolitana da capital provincial. Ten unha poboación de 220.448 habitantes, unha superficie de 1.755,56 km², e unha densidade de poboación de 125,57 hab/km². A súa capital é Xaén
  • Sierra Morena: unha parte significativa do territorio desta comarca forma parte da cordilleira de Serra Morena incluíndo o Parque Natural de Despeñaperros. Posúe 105.640 habitantes, ten unha superficie de 1.396,7 km², e unha densidade de poboación de 75,6 hab/km². A súa capital é Linares.
  • La Loma: é o centro da provincia, cunha poboación de 76.961 habitantes e unha superficie de 1.037,4 km². A súa capital, Úbeda.
  • La Campiña: ten unha poboación de 67.749 habitantes, unha superficie de 1.741,7 km², e unha densidade de poboación de 38,9 hab/km². Parte do seu territorio forma o Parque Natural da Serra de Andújar. A súa capital é Andújar.
  • Serra Sur: cunha poboación de 44.339 habitantes, unha superficie de 784,27 km². A súa capital é Alcalá la Real.
  • Sierra Máxina: unha parte significativa do territorio desta comarca forma parte do Parque Natural de Serra Máxina. Ten unha poboación de 42.368 habitantes, unha superficie de 1.389,4 km², e unha densidade de poboación de 30,5 hab/km². A súa capital é a cidade de Xódar.
  • Sierra de Cazorla: comprende gran parte del Parque Natural da Serra de Cazorla, Segura e Las Villas. A poboación desta comarca é de 33.993 habitantes, ten unha superficie de 1.330,72 km², e unha densidade de poboación de 25,5 hab/km². A súa capital, Cazorla.
  • Sierra de Segura: é a comarca máis extensa da provincia e tamén comprende a maior parte do Parque Natural da Serra de Cazorla, Segura e As Vilas, coma a comarca de Cazorla. Conta cunha poboación de 26.574 habitantes, ten unha superficie de 1.931 km². A súa capital é Beas de Segura.
  • Las Villas ou Las Villas: unha parte significativa do territorio desta comarca forma parte do Parque Natural da Serra de Cazorla, Segura e As Vilas. Conta cunha poboación de 22.239 habitantes, unha área de 556,38 km², e unha densidade de poboación de 40 hab/km². A súa capital é Villacarrillo.
  • El Condado: posúe unha poboación de 23.904 habitantes, unha extensión de 1.488,11 km², e unha densidade poboacional de 16,1 hab/km². Navas de San Xoán é a capital.

Xeografía

Na serra de Cazorla, en Pontones, nace o río Segura, mentres que na Cañada das Fontes, no término municipal de Quesada, nace o río Guadalquivir. Aínda que é unha das provincias españolas menos coñecidas polos turistas, ten moitos lugares interesantes que visitar.

Xaén ten, xunto a outras paraxes naturais protexidas, catro Parques Naturais:

A provincia conta tamén con dúas importantes cidades renacentistas: Úbeda e Baeza, que foron recentemente declaradas Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. A provincia de Jaén é a maior produtora mundial de aceite de oliva. Polo que gran parte da economía xienense baséase no monocultivo da Oliveira.