Karl von Frisch: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: eu:Karl von Frisch
m →‎Investigacións: Compás (navegación)
Liña 26: Liña 26:


En [[1910]] comezou con estudos sobre peixes probando que podían distinguir cores e brillo. Tamén traballou sobre a capacidade auditiva e a capacidade de distinguir sons demostrando que é superior nesta clase a dos seres humanos. En [[1919]] comezou a estudar os insectos, especificamente as [[abella|abellas]], demostrando que sendo adestradas, poden diferenciar
En [[1910]] comezou con estudos sobre peixes probando que podían distinguir cores e brillo. Tamén traballou sobre a capacidade auditiva e a capacidade de distinguir sons demostrando que é superior nesta clase a dos seres humanos. En [[1919]] comezou a estudar os insectos, especificamente as [[abella|abellas]], demostrando que sendo adestradas, poden diferenciar
varios gustos e cheiros e que o [[olfacto|sentido do olfacto]] é similar ao dos seres humanos, pero o [[sentido do gusto]] é diferente. Puido demostrar que mediante determinados movementos que chamamos [[danza da abella]] e mediante o movemento vibratorio do seu abdome ([[meneo]]) as abellas exploradoras informan ao resto da colmea onde se atopa a fonte de alimento, informando da dirección e da distancia. En [[1949]] puido demostrar, utilizando luz polarizada, que as abellas utilizan o Sol como [[Compás (navegación)|compás]] para orientarse, recordando os patróns da polarización presentados polo ceo en diversas horas do día e da localización de sinais previamente atopados.
varios gustos e cheiros e que o [[sentido do olfacto]] é similar ao dos seres humanos, pero o
[[sentido do gusto]] é diferente. Puido demostrar que mediante determinados movementos que
chamamos [[danza da abella]] e mediante o movemento vibratorio do seu abdome ([[meneo]]) as
abellas exploradoras informan ao resto da colmea onde se atopa a fonte de alimento, informando
da dirección e da distancia. En [[1949]] puido demostrar, utilizando luz polarizada, que as
abellas utilizan o Sol como [[compás]] para orientarse, recordando os patróns da polarización
presentados polo ceo en diversas horas do día e da localización de sinais previamente atopados.
Sen dúbida as súas achegas á [[apicultura]] foron enormes, dado que delas desprendéronse
Sen dúbida as súas achegas á [[apicultura]] foron enormes, dado que delas desprendéronse
coñecementos como o rango de acción da especie '' [[Apis mellifera]] ''. Outorgóuselle o
coñecementos como o rango de acción da especie '' [[Apis mellifera]] ''. Outorgóuselle o

Revisión como estaba o 4 de abril de 2012 ás 23:06

Karl Ritter von Frisch naceu en Viena o 20 de novembro de 1886 e morreu o 12 de xuño de 1982 en Múnic. Estudou zooloxía na Universidade de Múnic. O seu labor investigador desenvolveuse no Instituto de Zooloxía da Universidade de Rostock e no de Breslau. É considerado un dos pais da Etoloxía.

Biografía

Karl Ritter, fillo do profesor Anton Ritter von Frisch da Universidade de Múnic e a súa esposa Marie, naceu en Viena o 20 de novembro de 1886 e morreu o 12 de xuño de 1982 en Múnic. Estudou nunha escola de gramática e posteriormente na Universidade de Viena na facultade de medicina. Logo dos primeiros exames, cambiou á facultade de filosofía e estudou zooloxía en Múnic e Viena. Recibiu o Doutoramento na Universidade de Viena en 1910. No mesmo ano foi auxiliar de Richard Hertwig no Instituto Zoolóxico na Universidade de Múnic. Alí obtivo o certificado para o ensino de zooloxía e anatomía comparada.

En 1921 foi á Universidade de Rostock como profesor e director na facultade de zooloxía; en 1923 trasladouse a Breslau e en 1925 regresou co seu antigo profesor Richard Hertwig a Múnic. Coa axuda da Fundación de Rockefeller supervisou o novo edificio do instituto zoolóxico que se construía. Logo da destrución do Instituto durante a Segunda Guerra Mundial, foi á Universidade de Graz (Austria) en 1946, pero regresou a Múnic 1950 despois de que abrisen de novo o instituto. Foi Profesor Emérito dende 1958 e continuou cos seus estudos científicos.

Investigacións

En 1910 comezou con estudos sobre peixes probando que podían distinguir cores e brillo. Tamén traballou sobre a capacidade auditiva e a capacidade de distinguir sons demostrando que é superior nesta clase a dos seres humanos. En 1919 comezou a estudar os insectos, especificamente as abellas, demostrando que sendo adestradas, poden diferenciar varios gustos e cheiros e que o sentido do olfacto é similar ao dos seres humanos, pero o sentido do gusto é diferente. Puido demostrar que mediante determinados movementos que chamamos danza da abella e mediante o movemento vibratorio do seu abdome (meneo) as abellas exploradoras informan ao resto da colmea onde se atopa a fonte de alimento, informando da dirección e da distancia. En 1949 puido demostrar, utilizando luz polarizada, que as abellas utilizan o Sol como compás para orientarse, recordando os patróns da polarización presentados polo ceo en diversas horas do día e da localización de sinais previamente atopados. Sen dúbida as súas achegas á apicultura foron enormes, dado que delas desprendéronse coñecementos como o rango de acción da especie Apis mellifera . Outorgóuselle o Premio Nobel de Medicina en 1973, compartido con Konrad Lorenz e Nikolaas Tinbergen

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

para a entrega do Nobel 1973] (en inglés)