Eugenio Arbones Castellanzuelo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
corrixo lig ext
segundo a propia Ficha de Eugenio Arbones no Congreso dos Deputados
Liña 1: Liña 1:
'''Eugenio Arbones Castellanzuelo''', nado en [[Ponteareas]] en [[1884]] e falecido en [[Puxeiros, Tameiga, Mos|Puxeiros]] o [[14 de setembro]] de [[1936]], foi un médico e político, asasinado polos sublevados ó comezo da [[Guerra Civil Española|Guerra Civil]].
'''Eugenio Arbones Castellanzuelo''', nado en [[Ponteareas]] en [[1884]] e falecido en [[Vigo]] o [[14 de setembro]] de [[1936]], foi un médico e político, asasinado polos sublevados ó comezo da [[Guerra Civil Española|Guerra Civil]].


==Traxectoria==
==Traxectoria==

Revisión como estaba o 4 de abril de 2012 ás 19:49

Eugenio Arbones Castellanzuelo, nado en Ponteareas en 1884 e falecido en Vigo o 14 de setembro de 1936, foi un médico e político, asasinado polos sublevados ó comezo da Guerra Civil.

Traxectoria

Xinecólogo de profesión, viviu en Vigo a maior parte da súa vida. Foi colaborador habitual do semanario El Tea e a partir de 1911 inclinouse cara ao movemento agrario como propagandista independente e participou na campaña antiforista. Evolucionou dende o agrarismo ao socialismo e foi vicepresidente do PSOE de Vigo entre 1923 e 1930, e deputado nas eleccións xerais de 1931 pola provincia de Pontevedra na Conxunción Republicano-Socialista-Agraria. En 1933 a candidatura do Partido Socialista por Pontevedra non pactou con ningún outro grupo político, polo que resultou derrotado finalmente. Ás eleccións de febreiro de 1936 non se presentou. Ó producirse o alzamento nacional que deu lugar á Guerra Civil, foi detido e asasinado.

Véxase tamén

Ligazóns externas