Francisco Suárez García: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
lig int
Xas (conversa | contribucións)
lig ext
Liña 10: Liña 10:
*''El Ángel de la libertad''.
*''El Ángel de la libertad''.
*''Grandal'', 1897.
*''Grandal'', 1897.

==Véxase tamén==
===Ligazóns externas===
*[http://www.congreso.es/portal/page/portal/Congreso/Congreso/SDocum/ArchCon/SDHistoDipu/SDIndHistDip?_piref73_1340024_73_1340023_1340023.next_page=/wc/servidorCGI&CMD=VERLST&BASE=DIPH&FMT=DIPHXD1S.fmt&DOCS=1-1&DOCORDER=FIFO&OPDEF=Y&NUM1=&DES1=&QUERY=%28111840%29.NDIP. Ficha no Congreso dos Deputados]


{{DEFAULTSORT:Suarez Garcia, Francisco}}
{{DEFAULTSORT:Suarez Garcia, Francisco}}

Revisión como estaba o 2 de abril de 2012 ás 22:22

Francisco Suárez García, nado en Ferrol o 31 de marzo de 1827 e finado na mesma cidade o 15 de marzo de 1900, foi un xornalista, escritor e político galego.

Traxectoria

Estudou para piloto da Armada, pero abandonou a carreira naval en 1848. Emigrou a Uruguai e Arxentina, onde ocupou diversos cargos e colaborou en publicacións como El Comercio, Diario de Corrientes. En 1857 foi designado director de Instrución Pública da República Arxentina e publicou o tratado Puntualización y ortografía. Regresou a Ferrol en 1860. En 1867 mercou a imprenta coruñesa de C. Míguez e trasladouna a Ferrol onde imprimiu diversos xornais e dirixiu El Eco Ferrolano (1864-1869). Presidente do comité do Partido Republicano Democrático Federal, foi alcalde da cidade en 1869. En 1871 fundou o periódico El Trabajo, dende o que preconizou o diálogo con calquera opositor político. Participou na sublevación federalista-cantonal ferrolá de outubro de 1872 e en 1873 foi elixido deputado por Ferrol. Coa Restauración estivo desterrado en Portugal e, expulsado, exiliouse en París ata 1877. Interveu nas conspiracións republicanas do último terzo do século XIX, e mantivo a súa actividade como propagandista fundando e dirixindo La Democracia. Foi un dos fundadores do Ateneo Artístico (1879) e pertenceu á xunta que dirixiu a Escola de Artes e Oficios ferrolá.

Obras

  • Los guaranies o la cruz milagrosa, 1861.
  • Los invasores.
  • Los demócratas.
  • El Ángel de la libertad.
  • Grandal, 1897.

Véxase tamén

Ligazóns externas