Güiana: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
HiW-Bot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Modifico: ps:ګويانا
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2: Liña 2:
| nome_oficial = ''Cooperative Republic of Guyana''<br />República Cooperativa de Güiana
| nome_oficial = ''Cooperative Republic of Guyana''<br />República Cooperativa de Güiana
| nome_común = Güiana
| nome_común = Güiana
| nome_curto = Güiana
| de = de
| imaxe_bandeira = Flag of Guyana.svg
| imaxe_bandeira = Flag of Guyana.svg
| imaxe_escudo = COAT_OF_ARMS_of_GUYANA.png
| imaxe_escudo = COAT_OF_ARMS_of_GUYANA.png

Revisión como estaba o 1 de abril de 2012 ás 10:04

Modelo:País A Güiana (en inglés: Guyana) é un país de América do Sur limitado ó norte polo Océano Atlántico, ó este por Surinam, ó sur polo Brasil e ó oeste por Venezuela.


Subdivisións

Subdivídese en 10 rexións administrativas:


Economía

Artigo principal: Economía de Güiana.

Demografía

Clique para ampliar

A poboación do país (comprendida entre os 760.000 e 780.000 habitantes) está dividida en tres grupos principais:

  • Hindús ou Indo-güianeses (arredor do 50%) que habitan nas zonas rurais.
  • Africanos ou afro-güianeses (entre o 36 e o 43%) residentes nos centros urbanos.
  • Os amerindios (entre o 4 e o 7%), poboadores das zonas do interior.

A poboación chinesa e europea (principalmente portugueses e británicos) forman o 2%.

O 90% da poboación vive na zona costeira, onde a densidade de poboación chega a 115 habitantes por km². Existe unha gran tensión entre as comunidades hindú e africana, o cal se reflicte na esfera política (onde os dous principais partidos políticos son uni-raciais).

A relixión tamén establece unha liña divisoria entre a poboación. Os cristiáns (50% da poboación), predominantemente adscritos á igrexa anglicana, son de etnia africana. A comunidade hindú procesa maioritariamente o hinduísmo, aínda que existe unha porcentaxe que se adscribe ó Islam. Outro dato curioso a destacar é a presenza no país da comunidade máis extensa de Baha'ís do mundo (un 7%).

A emigración ten sido un problema persistente na historia do país, estimándose uns 500.000 nacionais vivindo fora do país. Desde a independencia, máis de 10.000 cidadáns ó ano téñense establecido nos Estados Unidos. Igualmente, Canadá, o Reino Unido e outros países caribeños de fala inglesa teñen sido o destino de ditos emigrantes.

Véxase tamén

Ligazóns externas