Pedro Fernández de Andrade: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (A Coruña)
Liña 37: Liña 37:


==A granxa de Reparada==
==A granxa de Reparada==
Pouco se sabe deste cabaleiro, cuxo mandato, de curta duración, non é moi importante. Quizais o feito máis salientable sexa a usurpación da granxa de Reparada (posteriormente [[Covas, Ferrol|Covas]]) que era dominio dos [[Mosteiro de Sobrado|monxes de Sobrado]]. A granxa fundáranna estes monxes con doazóns feitas polo rei [[Fernando II de León e Galicia|Fernando II]] por privilexio dado na [[Coruña]] o 15 de febreiro de [[1158]].
Pouco se sabe deste cabaleiro, cuxo mandato, de curta duración, non é moi importante. Quizais o feito máis salientable sexa a usurpación da granxa de Reparada (posteriormente [[Covas, Ferrol|Covas]]) que era dominio dos [[Mosteiro de Sobrado|monxes de Sobrado]]. A granxa fundáranna estes monxes con doazóns feitas polo rei [[Fernando II de León e Galicia|Fernando II]] por privilexio dado na [[A Coruña|Coruña]] o 15 de febreiro de [[1158]].


A granxa de Reparada incrementou a súa importancia por outro privilexio dado polo rei [[Sancho IV de Castela|Sancho ''el Bravo'']] en [[Lugo]] no ano [[1286]], mediante o cal concedía ao mosterio de Sobrado o [[Wikt:dezmo|dezmo]] da [[Balea|baleaxe]] que se matase no porto de Prioiro, pertencente á granxa de Reparada.
A granxa de Reparada incrementou a súa importancia por outro privilexio dado polo rei [[Sancho IV de Castela|Sancho ''el Bravo'']] en [[Lugo]] no ano [[1286]], mediante o cal concedía ao mosterio de Sobrado o [[Wikt:dezmo|dezmo]] da [[Balea|baleaxe]] que se matase no porto de Prioiro, pertencente á granxa de Reparada.

Revisión como estaba o 1 de abril de 2012 ás 09:19

Pedro Fernández de Andrade
II Señor de Pontedeume, Ferrol e Vilalba

Mandato1397-1407
Nacemento?
Falecemento1407
Sepultura?
PredecesorFernán Pérez de Andrade, o Bo
SucesorNuno Freire de Andrade, o Mao
Cónxuxe/sMencía de Meira
Descendencia1.Nuno Freire de Andrade, o Mao
2.Pedro Fernández de Andrade
Liñaxe / DinastíaCasa de Andrade
ProxenitoresXoán Freire de Andrade
María Afonso

Pedro ou Pero Fernández de Andrade foi o segundo señor de Pontedeume, Ferrol e Vilalba. Era fillo de Xoán Freire de Andrade e sucedeu ao seu tío Fernán Pérez de Andrade, O Bo, quen morreu sen descendencia masculina a pesar de ter un fillo que morreu xoven.

A granxa de Reparada

Pouco se sabe deste cabaleiro, cuxo mandato, de curta duración, non é moi importante. Quizais o feito máis salientable sexa a usurpación da granxa de Reparada (posteriormente Covas) que era dominio dos monxes de Sobrado. A granxa fundáranna estes monxes con doazóns feitas polo rei Fernando II por privilexio dado na Coruña o 15 de febreiro de 1158.

A granxa de Reparada incrementou a súa importancia por outro privilexio dado polo rei Sancho el Bravo en Lugo no ano 1286, mediante o cal concedía ao mosterio de Sobrado o dezmo da baleaxe que se matase no porto de Prioiro, pertencente á granxa de Reparada.

Como queira que o couto de Reparada lindaba con Ferrol, que era señorío dos Andrade, estes sempre tentaron de ampliar os seus dominios coas propiedades da granxa. O rei Xoán I viuse obrigado a exhortar a Pedro Fernández de Andrade para que devolvese aos monxes a propiedade da granxa. Porén, os seus descendentes sempre fixeron intentos de apoderarse da granxa ou, cando menos, da parte mellor: o porto e o monte de Prioiro. Cansos os monxes de loitar cos Andrade, acabarían cedendo o referido porto que os seus descendentes posuían aínda a comezos do século XIX ata que foron abolidos os dereitos señoriais.

Cabo Prior, na antiga granxa Reparada

A caza da balea en Galicia

O porto de Prioiro era un dos que había na idade media para a matanza das baleas que se capturaban nas costas galegas. O seu maior desenvolvemento acadouse nos séculos XIII e XIV e eran, principalmente, pescadores biscaiños os que faenaban.

A coroa tiña os dereitos do dezmo da baleaxe, así podían facer cesións dese dereito como fixo Sancho el Bravo cos monxes de Sobrado. Os pescadores de baleas tentaron moitas veces de liberarse deste imposto sen conseguilo, dando lugar a curiosos preitos.

A caza de baleas foi minguando por varias razóns que levaron á sobrepesca: Aumentou o número de barcos, mesmo viñan barcos franceses; os portos baleeiros aumentaran considerablemente e os barcos aumentaran a súa tonelaxe.

Casamento e sucesión

Casou Pedro Fernández de Andrade con dona Mencía de Meira coa cal tivo dous fillos: Nuno Freire de Andrade O Mao, que o sucedería nos señoríos, e Pedro Fernández de Andrade. Morreu no ano 1407. Sábese por un documento do 5 de novembro de 1433 que a súa viúva, Mencía de Meira, aínda vivía nesa data nas súas casas de Betanzos.

Véxase tamén

Bibliografía

Antonio Couceiro Freijomil. Historia de Pontedeume, 4ª ed.(1995). Xunta de Galicia. ISBN 84-453-1437-8

Pedro Fernández de Andrade
Nacemento:  ? Falecemento: 1407


Aristocracia galega
Precedido por
Fernán Pérez de Andrade, o Bo


II Señor de Pontedeume, Ferrol e Vilalba
1397 – 1407
Sucedido  por
Nuno Freire de Andrade, o Mao