Eduardo Vincenti: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
recat
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (A Coruña)
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Eduardo Vincenti.jpg|thumb|right|200px|Estatua en Pontevedra.]]
[[Ficheiro:Eduardo Vincenti.jpg|thumb|right|200px|Estatua en Pontevedra.]]
'''Eduardo Vincenti Reguera''', nado na [[Coruña]] o [[13 de outubro]] de [[1857]] e finado en [[Madrid]] o [[4 de abril]] de [[1924]], foi un político galego.
'''Eduardo Vincenti Reguera''', nado na [[A Coruña|Coruña]] o [[13 de outubro]] de [[1857]] e finado en [[Madrid]] o [[4 de abril]] de [[1924]], foi un político galego.


==Biografía==
==Biografía==

Revisión como estaba o 1 de abril de 2012 ás 08:20

Estatua en Pontevedra.

Eduardo Vincenti Reguera, nado na Coruña o 13 de outubro de 1857 e finado en Madrid o 4 de abril de 1924, foi un político galego.

Biografía

Logo de realizar os estudos de dereito na Universidade de Santiago, desenvolveu unha notable carreira política: militando no Partido Liberal, foi deputado por Pontevedra desde 1886 ata o seu falecemento (renovou a súa acta de deputado en quince ocasións), director xeral de Administración e Fomento do Ministerio do Interior, Director Xeral de Ensino Primario, concelleiro e alcalde de Madrid (1905-06), presidente do Consello de Instrución Pública, e vicepresidente primeiro do Consello de Ministros.

Estivo casado con Dolores Montero Villegas, filla de Eugenio Montero Ríos, de quen foi aliado político.

Como deputado por Pontevedra ocupouse a miúdo, tanto de asuntos relacionados co ensino público e co profesorado, como do desenvolvemento da agricultura e das cuestións sociais, chamando a atención sobre a necesidade de transformar a propiedade da terra rexida polo sistema foral en propiedade libre. Presentou e defendeu en 1907 unha proposición de lei sobre foros e subforos.

Tamén tivo unha grande preocupación polo desenvolvemento da educación, como puxo de manifesto nas súas intervencións parlamentarias que reuniu nun texto editado en 1916, nas intervencións realizadas desde a presidencia de diversas Asembleas nacionais e rexionais e congresos de interese pedagóxico. Foi Presidente da Liga de los Amigos de la Enseñanza e dirixiu o Boletín de la Liga Protectora de la Educación Nacional a comezos do século XX, con marcados acenos rexeneracionistas; era un dos vocais da Junta de Ampliaciación de Estudios.

A súa defensa constante da necesidade de melloras corporativas e profesionais para o Maxisterio deulle credibilidade entre este sector profesional, que o honrou dedicándolle un busto e un singular pedestal nos xardíns da Alameda de Pontevedra.

Obras

  • Estudios sobre las reformas penitenciarias (1880).
  • Reformas más convenientes para el mejoramiento de la clase obrera (1884).
  • La propiedad foral en Galicia (1888).
  • La libertad de prensa (1902).
  • Estudios sobre emigración (1908).
  • La educación popular: memoria (1911).
  • Política pedagógica. Treinta años de vida parlamentaria y extraparlamentaria (1916).
  • El problema agrario en Galicia. Redención de censos y foros. Acción parlamentaria (1917).

Véxase tamén

Ligazóns externas