Vimara Pérez: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: sh:Vímara Peres
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (A Coruña)
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Vimaraperes.jpg|190px|thumb|right|Estatua de Vimara Peres na cidade de [[Porto, Portugal|Porto]] creada por [[Salvador Barata Feyo]] en [[1968]].]]
[[Ficheiro:Vimaraperes.jpg|190px|thumb|right|Estatua de Vimara Peres na cidade de [[Porto, Portugal|Porto]] creada por [[Salvador Barata Feyo]] en [[1968]].]]


'''Vimara Pérez''', '''Vimara Peres''' ou '''Guímara Peres''', nado na [[Coruña]] cara ao [[820]] e finado en [[Guimarães]] no [[873]], foi un nobre galego, conde de Coruña e fundador do [[Condado Portucalense|Condado de Portugal]] no [[século IX]].
'''Vimara Pérez''', '''Vimara Peres''' ou '''Guímara Peres''', nado na [[A Coruña|Coruña]] cara ao [[820]] e finado en [[Guimarães]] no [[873]], foi un nobre galego, conde de Coruña e fundador do [[Condado Portucalense|Condado de Portugal]] no [[século IX]].


==Traxectoria==
==Traxectoria==

Revisión como estaba o 1 de abril de 2012 ás 08:07

Estatua de Vimara Peres na cidade de Porto creada por Salvador Barata Feyo en 1968.

Vimara Pérez, Vimara Peres ou Guímara Peres, nado na Coruña cara ao 820 e finado en Guimarães no 873, foi un nobre galego, conde de Coruña e fundador do Condado de Portugal no século IX.

Traxectoria

Con importantes posesións no interior da Galicia actual, dirixe o gran salto repoboador ata a liña do río Douro. Fundou o xermolo dun estado feudal ao redor da cidade de Porto que reconquistou ou repoboou, segundo as distintas concepcións do avance cristián cara o sur. Atribúeselle tamén a fundación da cidade de Guimarães (de Vimaranis).

Os reis de Oviedo dirixiran a reorganización do territorio no Baixo Miño e no Bierzo, pero segundo nos afastamos cara ao sur a influencia da Corte foise esvaendo e as iniciativas as asume unha nobreza galega ben arraigada e gobernante na Galicia nuclear. Amparándose nunha teórica autorización do rei Afonso III o Magno, fíxose dono dun espazo onde a estrutura de poder islámico era feble e reorganizou o territorio baixo o seu dominio reconstruíndo a autoridade cristiá sobre a cidade de Porto tras reconquistala no ano 868.

Dirixiu, para estes efectos, o asentamento de colonos e o reparto de terras, restaurou as institucións da Igrexa e consolidou unha nova fronteira despexándoa do perigo árabe. Este labor permitiu o segundo gran salto a cargo doutro gran magnate galego Hermenexildo Guterrez. Estes nobres seguiron vinculados á Galicia orixinaria da que non se desarraigan. En efecto, fortaleceron os seu poder na terra de Amaía, e amplas zonas lucenses. Os monarcas do Reino de Galicia e de León cada vez serán máis dependentes deles.

Unha maxestosa estatua érguese diante da actual catedral da cidade que fundou.

Vimara Pérez
Nacemento: ca 820 Falecemento: 873


Aristocracia galega
Precedido por
Novo Título


Conde de Portucale
868 – 873
Sucedido  por
Lucidio Vimaranis