Diferenzas entre revisións de «Corsario»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America)
m (bot Engadido: el:Κουρσάρος)
m (Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America))
Aínda que a actividade corsaria xa se practicou na antigüidade, o auxe dos corsarios tivo lugar entre os [[século]]s [[século XVI|XVI]] e [[século XVIII|XVIII]]. Durante este período todas as potencias navais [[Europa|europeas]] empregaban sistematicamente aos corsarios para entorpecer o tráfico dos seus rivais coas colonias como complemento á súa flota militar regular. Os últimos actos corsarios tradicionais tiveron lugar no século XIX durante a [[guerra de Cuba]].
 
Posteriormente mantívose a denominación de corsarios ou ''[[Buques-Q]]'' para aqueles buques pertencentes a mariñas de guerra regulares que entorpecían o tráfico mercante inimigo. A principal actividade deste tipo foi a protagonizada polos [[Alemaña|alemáns]] durante ambas as guerras mundiais con medios [[submarino]]s principalmente. Tamén os [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] empregaron esta estratexia contra [[Xapón]] no [[Océano Pacífico|Pacífico]] durante a [[Segunda Guerra Mundial]] coa súa flota submarina. Neste caso non existe botín e os corsarios limitábanse a afundir os mercantes inimigos.
 
Antes do desenvolvemento do [[dereito internacional]] entre as nacións [[Europa|europeas]], non había ningún recurso ao que acollerse para obter satisfacción tras sufrir pequenos agravios. Os corsarios empregábanse para resolver estes asuntos sen entrar en guerra aberta. O goberno dun país proporcionaba unha patente de corso ao propietaro dun barco que lle permitía armar o seu barco e atacar a outros barcos que navegaban baixo unha bandeira particular. A cambio, recibían unha porción do botín, indo o resto a parar ás arcas do goberno, o que emendaba o agravio.
Para o país obxectivo, o corsario era practicamente igual que un [[pirata]] (en ocasións os corsarios acababan sendo piratas), e ademais esta era a intención. A única diferenza era que os piratas estaban [[proscrito]]s en todas as nacións, mentres que os corsarios tiñan [[inmunidade legal]] no país que os contrataba, e se lles consiederaba [[prisioneiros de guerra]] se eran capturados por outros países. Os corsarios ás veces recibían o nome de "piratas cabaleiros". Algúns corsarios recibían tamén o encargo de cazar a outros corsarios, mentres que en ocasións os corsarios incorrían na piratería sen que llo encargasen se entraba nos seus plans.
 
Os países Europeos renunciaron a contratar corsarios na [[Declaración de París]] de [[1856]]. Outros países, como os [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] renunciaron a estas prácticas máis tarde, durante as [[Convencións da Haia]] (1899/1907).
 
[[Categoría:Pirataría]]
44.135

edicións

Menú de navegación