Lemosina: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: nn:Limousin (storferase)
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America)
Liña 12: Liña 12:
Non é necesario remontarse ás [[pintura rupestre|pinturas rupestres]] das covas de [[Lascaux]], próximas ao [[Lemosín]], para demostrar a presenza de [[bóvido]]s na rexión. As primeiras referencias desta raza rubia no [[século XVIII]] cando se empregaban como animal de tiro para o [[transporte]] de [[mercadoría]]s entre [[París]] e [[Bordeos]]. O libro de rexistro da raza abriuse o [[18 de novembro]] de [[1886]].
Non é necesario remontarse ás [[pintura rupestre|pinturas rupestres]] das covas de [[Lascaux]], próximas ao [[Lemosín]], para demostrar a presenza de [[bóvido]]s na rexión. As primeiras referencias desta raza rubia no [[século XVIII]] cando se empregaban como animal de tiro para o [[transporte]] de [[mercadoría]]s entre [[París]] e [[Bordeos]]. O libro de rexistro da raza abriuse o [[18 de novembro]] de [[1886]].


O primeiro obxectivo da [[mellora xenética]] foi aumentarlle o tamaño, sen moito éxito, e a raza entra en decadencia a mediados do [[século XX]]. Porén, nos anos 60 redescúbrese o seu potencial como vaca produtora de carne, o que fai aumentar o número de cabezas. Actualmente, en [[Francia]] hai 900.000 cabezas de lemosina, e é a segunda vaca en produción de carne por detrás da [[charolesa (vaca)|charolesa]] e por diante da [[rubia aquitana]]. Está amplamente distribuída por Francia, pero tamén está presnte en 70 países de todas as latitudes, e fundamentalmente en [[Arxentina]], os [[Estados Unidos]], [[Gran Bretaña]] e [[Australia]]. En [[1973]] creouse unha asociación internacional de promoción da raza lemosina, o ''International Limousin Council''.
O primeiro obxectivo da [[mellora xenética]] foi aumentarlle o tamaño, sen moito éxito, e a raza entra en decadencia a mediados do [[século XX]]. Porén, nos anos 60 redescúbrese o seu potencial como vaca produtora de carne, o que fai aumentar o número de cabezas. Actualmente, en [[Francia]] hai 900.000 cabezas de lemosina, e é a segunda vaca en produción de carne por detrás da [[charolesa (vaca)|charolesa]] e por diante da [[rubia aquitana]]. Está amplamente distribuída por Francia, pero tamén está presnte en 70 países de todas as latitudes, e fundamentalmente en [[Arxentina]], os [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]], [[Gran Bretaña]] e [[Australia]]. En [[1973]] creouse unha asociación internacional de promoción da raza lemosina, o ''International Limousin Council''.


== Rendibilidade ==
== Rendibilidade ==

Revisión como estaba o 31 de marzo de 2012 ás 23:09

Parte anterior dunha vaca lemosina, nunha feira de gando en Dunblane.

A lemosina é unha raza de vacún orixinaria da rexión francesa do Lemosín. Está especializada na produción de carne. En Galiza é frecuente coñecela co nome de limusina.

Características

A simple vista resulta complicado diferenciar unha vaca lemosina dunha rubia galega, articularmente nas femias. Son vacas de tamaño medio, un pouco maiores cás rubias, de cor rubio, agás ao redor dos ollos e do fociño e na punta do rabo, onde clarean algo. As femias adultas pesan sobre 650 kg mentres os touros se achegan aos 1.000 kg.

Está afeita a pasto mediocre, propio de solos ácidos e graníticos e soporta ben a altitude (ao redor dos 1.000 m).

Historia

Becerra lemosina en Corrèze

Non é necesario remontarse ás pinturas rupestres das covas de Lascaux, próximas ao Lemosín, para demostrar a presenza de bóvidos na rexión. As primeiras referencias desta raza rubia no século XVIII cando se empregaban como animal de tiro para o transporte de mercadorías entre París e Bordeos. O libro de rexistro da raza abriuse o 18 de novembro de 1886.

O primeiro obxectivo da mellora xenética foi aumentarlle o tamaño, sen moito éxito, e a raza entra en decadencia a mediados do século XX. Porén, nos anos 60 redescúbrese o seu potencial como vaca produtora de carne, o que fai aumentar o número de cabezas. Actualmente, en Francia hai 900.000 cabezas de lemosina, e é a segunda vaca en produción de carne por detrás da charolesa e por diante da rubia aquitana. Está amplamente distribuída por Francia, pero tamén está presnte en 70 países de todas as latitudes, e fundamentalmente en Arxentina, os Estados Unidos, Gran Bretaña e Australia. En 1973 creouse unha asociación internacional de promoción da raza lemosina, o International Limousin Council.

Rendibilidade

Ademais de ser unha boa vaca de carne, ten unha gran fertilidade e lonxevidade, co que a súa produción de becerros é longa no tempo. A carne é fina e tenra, e aproveitábel a distintas idades dos becerros, o que lles permite aos gandeiros un maior control dos rendementos da explotación.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Modelo:Link FA