Asociación Pola Defensa da Ría: Diferenzas entre revisións
arranxiños |
m maiúsculas/minúsculas |
||
Liña 17: | Liña 17: | ||
==Véxase tamén== |
==Véxase tamén== |
||
===Ligazóns |
===Ligazóns externas=== |
||
[http://www.apdr.info páxina da asociación] |
[http://www.apdr.info páxina da asociación] |
||
Revisión como estaba o 31 de marzo de 2012 ás 09:29
A Asociación Pola Defensa da Ría (APDR) é unha asociación ecoloxista de Pontevedra. Conta cuns 500 socios e un gran respaldo entre a veciñanza da bisbarra.
Fundouse a finais de 1987, con carácter aberto, como resposta cidadá ante o grave deterioro ambiental da ría de Pontevedra e o seu contorno. Propón unha explotación racional dos recursos naturais (marisqueiros, pesqueiros e forestais) e un turismo alternativo, fronte á industrialización contaminante, os recheos ou o monocultivo de eucalipto.
Mediante a divulgación e a sensibilización mediante charlas, conferencias ou edicións de boletíns, e actividades como manifestacións, concentracións ou recollidas de sinaturas e denuncias públicas (medios de comunicacións, ante administracións...) e xudiciais, pretende dar a coñecer a problemática medioambiental e a proposta de solucións.
Boa parte desta loita vai concentrada contra os principais focos contaminantes, como a empresa TAFISA (xa trasladada) e o complexo ENCE-ELNOSA.
Colaboracións
Colabora con outras plataformas en defensa do medio ambiente, en defensa dos ríos dos Gafos, Lérez ou Verdugo, e con iniciativas populares e mesmo facendo achegas en materias de medio ambiente e urbanismo ó PXOM de Pontevedra.
Desde 1999 forma parte da FEG (Federación Ecoloxista galega), e desde 2002 da plataforma Nunca Máis.
Recoñecementos
- No ano 2002 foi recoñecida co premio "Cidade de Pontevedra", concedido polo Concello de Pontevedra.
- En maio de 2005 recibiu o 2º premio "Vidal Bolaño" concedido pola organización Redes Escarlata.