Armadura: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
JAnDbot (conversa | contribucións)
m r2.5.4) (Bot: Engado: et, ka; modifico: id, ja
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: br:Houarnwisk
Liña 9: Liña 9:
[[be:Браня]]
[[be:Браня]]
[[bg:Броня]]
[[bg:Броня]]
[[br:Houarnwisk]]
[[ca:Armadura]]
[[ca:Armadura]]
[[cs:Zbroj]]
[[cs:Zbroj]]

Revisión como estaba o 30 de marzo de 2012 ás 15:10

Unha armadura é unha vestimenta que se fabricaba de metais ou outros materiais resistentes coma o coiro.

Orixes

A orixe da armadura é do período exipcio, naqueles tempos compoñíase dun casco e unha coiraza. Entre os caldeos-asirios, polo que que aparece nos relevos da época, usábase un casco de bronce de forma algo cónica, a coiraza feita de pel cuberta de láminas metálicas e os botíns de coiro duro ou gornecido tamén con láminas. Os soldados gregos adoitaban levar unha túnica corta que remataba en pregues simétricos e sobre ela unha coiraza para o tronco, formada por tiras de coiro con pezas metálicas ou ben só dúas pezas (peto e espaldeira) que cubrían peito e costas e uníanse con tiras metálicas ou correas sobre os ombros mentres que a parte dianteira das pernas se defendía coas cnémides.