Curuxa das xunqueiras: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
recat.
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (Bot: Engado: id:Burung Hantu Bertelinga-pendek
Liña 73: Liña 73:
[[hu:Réti fülesbagoly]]
[[hu:Réti fülesbagoly]]
[[hy:Ճահճային բու]]
[[hy:Ճահճային բու]]
[[id:Burung Hantu Bertelinga-pendek]]
[[is:Brandugla]]
[[is:Brandugla]]
[[it:Asio flammeus]]
[[it:Asio flammeus]]

Revisión como estaba o 30 de marzo de 2012 ás 12:38

Curuxa das xunqueiras
Estado de conservación
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Strigiformes
Familia: Strigidae
Xénero: Asio
Nome científico
Asio flammeus
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos


A Curuxa das xunqueiras (Asio flammeus) e unha ave rapaz da familia das estrixiformes (Strigidae)

Aspecto

A curuxa das xunqueiras e aproximadamente do tamaño do bufo pequeno: a lonxitude do seu corpo é de 35 a 40 cm. A característica que os diferencia máis claramente e tamaño dos penachos de plumas situados na cabeza que recordan unhas orellas. No caso da curuxa das xunqueiras, estas plumas son moita máis curtas que as do bufo pequeno, e non son visibles máis que cando a ave está excitada. Coma no caso dos outros bufos, estas plumas non teñen ningunha función relacionada co oído, senón funcións fanéricas. Os ollos da curuxa das xunqueiras son amarelos co iris. A plumaxe desta especie en castaña escura manchada na parte superior, a parte inferior é de fondo máis pálido e con faixas escuras. As femias son en xeral de cores máis escuras cós machos. As envergadura das alas da curuxa das xunqueiras é duns 105 cm. Os machos pesan uns 350 gramos, as femias uns 450.


Distribución xeográfica da curuxa das xungueiras

Distribución xeográfica

É unha ave de zonas húmidas. O seu hábitat espallase en Europa dende Rusia e Escandinavia á Gran Bretaña e Islandia e ata a zona mediterranea. En Europa central é rara, aínda que aparece con certa frecuencia nos Paises Baixos. Vive tamén en case toda a parte asiática de Rusia. En América aparece en Canada, no norte dos Estados Unidos, na zona dos Andes e na parte sur de Sudamérica, nas illas dos Galápagos. Vive tamén en Hawai. A curuxa das xunqueiras é un migrador parcial. Os exemplares que viven máis ó norte móvense cara ó sur en inverno.

Etoloxía

Reprodución

A curuxa das xunqueiras fai o niño no cha en zonas abertas (prados, tundra, sabana) agachados entre a herba, as veces, delimitados por unha pequena cantidade de herbas ou plumas. Habitualmente poñen entre 4 e 8 ovos, pero en anos de comida abundante as niñadas poden chegar os doce polos. Fan unha posta ó ano é os ovos son incubados de 21 a 37 días, case exclusivamente pola femia. Coma algunhas outras aves, utiliza a técnica de facerse pasar por ferida para afastar do niño ós predadores.

Maduran sexualmente cando teñen un ano. A estación reprodutora no hemisferio norte vai de marzo a xuño, sendo abril o mes de máis actividade. Durante esta época poden formar bandos. Os machos fan exhibicións de voo para atraer ás femias. Son, en xeral, monógamas.

Alimentación e presas

Cazan en xeral pola noite, pero están tamén activas polo día e entre lusco e fusco. De cotío voa a poucos centímetros do chan en campo aberto ata que atopan unha presa, sobre a que se lanzan coas poutas por diante. Come roedores pequenos, basicamente ratos, e algúns insectos grandes, e, en ocasións, paxaros pequenos. O seu voo recorda o das bolboretas nocturnas pola maneira irregular de bate-las alas.


Reclamos sonoros

Silenciosos na época invernal, durante outras épocas emiten diferentes sons, que, na época reprodutora, son máis perceptibles.

Ligazóns externas