Músculos interóseos dorsais da man: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Silverfox (conversa | contribucións)
Silverfox (conversa | contribucións)
Liña 15: Liña 15:
Os catro son inervados pola [[nervio cubital|póla fonda do nervio cubital]].
Os catro son inervados pola [[nervio cubital|póla fonda do nervio cubital]].


== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
=== Bibliografía ===

Revisión como estaba o 29 de marzo de 2012 ás 20:49

Os músculos interóseos dorsais da man son un conxunto de músculos do membro superior humano, pertencentes á man. Son os músculos máis dorsais de todos os músculos intrínsecos ou propios da man. Pódense palpar por debaixo da pel no dorso da man. Hai en total catro músculos interóseos dorsais, que se sitúan entre os metacarpianos. Insírense na base destes osos e na base de cada falanxe proximal. Tamén na vaina que cobre os músculos extensores de cada dedo.

Os tendóns dos interóseos dorsais pasan dorsais aos ligamentos metacarpianos transversos fondos:

  • O primeiro interóseo é o de maior tamaño, e se insire na parte externa do dedo índice.
  • O segundo e terceiro interóseo dorsal insírense no dedo medio.
  • O cuarto interóseo insírese no dedo anular.

A arteria radial discorre polo primeiro interóseo dorsal, no seu percorrido dende a tabaqueira anatómica cara o plano fondo da palma.

Funcións

Realizan movementos de flexión e extensión dos dedos. Tamén son os principais abdutores dos dedos índice, medio e anular nas articulacións metacarpofalánxicas.

O dedo medio pódese abducir en sentido medial e lateral respecto ao seu eixo lonxitudinal, por ter interóseos en ambos lados. O polgar e o maimiño posúen os seus propios abdutores nos grupos musculares da eminencia tenar e da eminencia hipotenar, polo que non contan con interóseos dorsais.

Inervación

Os catro son inervados pola póla fonda do nervio cubital.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.