Celestina: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (Bot: Engado: kk:Целестин (минерал)
Calq (conversa | contribucións)
Liña 39: Liña 39:
== Propiedades ==
== Propiedades ==


A celestina é un [[mineral]] que presenta unha [[temperatura]] de [[fusión]] moi baixa.
A celestina é un [[mineral]] que presenta unha [[temperatura]] de [[fusión (cambio de estado)|fusión]] moi baixa.


== Outros sulfatos ==
== Outros sulfatos ==

Revisión como estaba o 23 de marzo de 2012 ás 12:13

Celestina
Drusa de celestina
Fórmula químicaSrSO4
ClaseSulfatos
Sistema cristalinoRómbico
CorCeleste, branca e gris
BrilloVítreo
Dureza3-3,5
FracturaIrregular
ExfoliaciónPerfecta
RaiaBranca
Densidade3,95-3,97 g/cm3

A celestina (do latín caelestis que significa celeste, en alusión a súa cor) é un mineral da clase dos sulfatos cuxa fórmula química é SrSO4 (contén un 56% de SrO e un 44% de SO3).

Aspecto

A celestina preséntase a miúdo en forma de cristais tabulares ou tamén de forma acicular. Moitos exemplares presentan unha cor azul clara moi característica.

Lugares onde se atopa

Atópase con frecuencia en rochas calcarias e areniscas, revestindo cavidades en forma de xeodas ou en filóns hidrotermais en forma de drusas asociada en ocasións con pirita, calcita ou barita

É un mineral moi extendido en España, sendo fácil atopalo en case que tódalas rexións da península.

Usos da celestina

A celestina é unha fonte importante da que obter nitrato de estroncio, que logo é usado para a fabricación de fogos artificiais na industria pirotécnica.

Úsase tamén na industria da enerxía nuclear.

Propiedades

A celestina é un mineral que presenta unha temperatura de fusión moi baixa.

Outros sulfatos

A anhidrita e o xeso son outros minerais importantes da clase dos sulfatos.