Praga (agricultura): Diferenzas entre revisións
m r2.5.4) (Bot: Engado: no:Skadedyr; elimino: sv:Skadedjur |
m r2.7.2) (Bot: Engado: ms:Makhluk perosak |
||
Liña 32: | Liña 32: | ||
[[ja:害虫]] |
[[ja:害虫]] |
||
[[lt:Kenkėjas]] |
[[lt:Kenkėjas]] |
||
[[ms:Makhluk perosak]] |
|||
[[nah:Chāhuiztli]] |
[[nah:Chāhuiztli]] |
||
[[no:Skadedyr]] |
[[no:Skadedyr]] |
Revisión como estaba o 20 de marzo de 2012 ás 11:17
O concepto de praga evolucionou co tempo desde o significado tradicional onde se consideraba praga a calquera animal que producía danos, tipicamente aos cultivos. Actualmente debe situarse ao mesmo nivel que o concepto de enfermidade de forma que debe entenderse como praga a unha situación na cal un animal produce danos económicos, normalmente físicos, a intereses das persoas (saúde, plantas cultivadas, animais domésticos, materiais ou medios naturais); da mesma forma que a enfermidade non é o virus, bacteria... senón a situación na que un organismo vivo (patóxeno) ocasiona alteracións * fisiolóxicas noutro, normalmente con síntomas visibles ou danos económicos.
Este novo concepto permite separar o concepto de praga da especie animal ou vexetal que a produce evitando establecer clasificacións de especies 'boas' e 'malas', e facilitando a explicación de porque unha especie é beneficiosa nun lugar e prexudicial noutro. Para explicar isto pódese pór o exemplo do coello (Oryctolagus cuniculus) moi importante en Europa por ser parte fundamental do ecosistema mediterráneo mentres que moi prexudicial en Australia; a praga non é o coello per se senón a situación que se produce en cada unha das rexións e os danos económicos que dela derivan.
Pódense atopar:
- Praga de lagostas
- Infestas forestais
- Pragas médicas
- Pragas agrícolas
Non debe utilizarse a palabra peste para referirse ás pragas, xa que é unha tradución literal da palabra inglesa pest, que neste caso si significa praga.