Tines, Vimianzo: Diferenzas entre revisións
m retiro Categoría:A Coruña sen datos de poboación; engado datos de poboación de 2010 |
m Bot: Substitución automática de texto (-|densidade +|ano = \n|densidade) |
||
Liña 7: | Liña 7: | ||
|poboación = 207 |
|poboación = 207 |
||
|ano = 2010 |
|ano = 2010 |
||
|ano = |
|||
|densidade = - |
|densidade = - |
||
|entidades = 3 |
|entidades = 3 |
Revisión como estaba o 19 de marzo de 2012 ás 21:58
Tines | |
---|---|
Concello | Vimianzo |
Coordenadas | 43°06′36″N 8°58′30″O / 43.11004569, -8.97511752Coordenadas: 43°06′36″N 8°58′30″O / 43.11004569, -8.97511752 |
Área | - km² |
Poboación | 207 hab. |
Densidade | Erro de expresión: Operador "round" inesperado. hab./km² |
Entidades de poboación | 3 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa Baia de Tines é unha parroquia do concello de Vimianzo, na provincia da Coruña, arciprestado de Soneira e arquidiocese de Santiago de Compostela. En 2010 tiña 207 habitantes (94 homes e 113 mulleres).[1]
Situación xeográfica
Está delimitada polas parroquias de Salto, Bamiro, Treos e Vilar no concello de Zas, distando só 8,5 km da capital do concello.
Historia
Tines constitúe un dos enclaves máis relevantes de Galicia polo seu testemuño bárbaro, románico e prerrománico que botan luz sobre a época escura desde o século I ata unha baixa Idade Media.
A igrexa parroquial era representación de Rui Pérez da Costa e, o subsolo do seu adro é un dos enclaves máis interesantes para a historia de Galicia nunha pronta Idade Media. Debaixo atópase unha necrópole romano-sueva con enterramentos que datan dende o século I ata o século VIII nos que se distinguen:
- Vestixios romanos: material da construción principalmente, ó que apunta á posible existencia dunha "vila romana" segundo Manuel Núñez.
- Sarcófagos pétreos de dous formas distinguidas: unha máis primitiva e escasa de forma oval (datado da dominación sueva) e outra máis elaborada cun oco antropoide. Cabe dicir que a maior parte dos vestixios foron destruídos cando o descubrimento no 1954 e os restantes permanecen á intemperie nun profundo abandono. A tapa dos sarcófagos antropoides están gravados con letras, trazos e debuxos cun estilo que presumiblemente date do século VI.
- Vestixios de enterramentos con tégulas, moi propios da dominación romana.
A estela romana de Vitorino
Cabe mencionar que, agas dos sarcófagos pétreos, o descubrimento da estela romana de Vitorino é un dos máis relevantes para a cultura de Galicia. Nela distínguese un rostro humano, gravado toscamente e con inscricións.
Segundo Díaz y Díaz é o primeiro testemuño epigráfico cristián de Galicia do século IV. Pódese contemplar actualmente no Museo Arqueolóxico da Coruña.
Lugares e parroquias
Lugares de Tines
Lugares da parroquia de Tines no concello de Vimianzo (A Coruña) | |
---|---|
Parroquias de Vimianzo
Notas
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en en galego). Consultado o 19 de marzo de 2012.
Véxase tamén
Bibliografía
- ARMADA PITA, Xosé Lois: "El culto a Santa Eulalia y la cristianización de "Gallaecia", Algunos testimonios arqueológicos", 2003, ISSN 0210-7694 (en castelán).