Álvaro Cunqueiro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 159: Liña 159:
[[Categoría:Premio Nadal]]
[[Categoría:Premio Nadal]]
[[Categoría:Nados en Mondoñedo]]
[[Categoría:Nados en Mondoñedo]]
[[Categoría:Pedrón de Ouro]]


[[ca:Álvaro Cunqueiro Mora]]
[[ca:Álvaro Cunqueiro Mora]]

Revisión como estaba o 19 de marzo de 2012 ás 11:29

Infotaula de personaÁlvaro Cunqueiro Mora

Estatua de Álvaro Cunqueiro sentado, contemplando a catedral de Mondoñedo.
Biografía
Nacemento22 de decembro de 1911
Mondoñedo, Lugo Galicia Galicia
Morte28 de febreiro de 1981
Vigo Galicia Galicia
Lugar de sepulturacemiterio vello de Mondoñedo Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , gastrónomo (pt) Traducir , xornalista Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Galeguista Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPoesía, novela, drama
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FillosCésar Cunqueiro Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0192487 Bitraga: 298 AELG: 407 BUSC: cunqueiro-alvaro-1911-1981 Dialnet: 2145765 WikiTree: Cunqueiro-24 Editar o valor em Wikidata
Notes
Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no 1991.


Álvaro Cunqueiro Mora, nado en Mondoñedo o 22 de decembro de 1911 e finado en Vigo o 28 de febreiro de 1981, foi un novelista, poeta, dramaturgo, xornalista e gastrónomo, considerado un dos grandes autores da literatura galega. En 1991 foille dedicado o Día das Letras Galegas.

Traxectoria

Os seus pais eran Joaquín Cunqueiro Montenegro, de profesión boticario, e Pepita Mora Moirón. Xa de pícaro lle gustaba ler, en especial lecturas populares da época, como noveliñas sobre Buffalo Bill e de Fitz Roy, e el mesmo conta como escribiu a súa primeira novela ao xeito das do oeste na que os brancos falaban o castelán e os indios o galego (os indios vencían aos brancos). Xa un pouco máis grandiño dedicaba tempo para ler poesía que lle aconsellaba o seu amigo José Ramón Santeiro.

Estudou o bacharelato no Instituto Xeral e Técnico de Lugo (1921), e na capital luguesa fai boa amizade con Evaristo Correa Calderón e Ánxel Fole. Matriculouse na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Santiago en 1927, pero abandonouna para dedicarse ao seu labor como xornalista, figurando como redactor e colaborador de diversos xornais e revistas como El Pueblo Gallego. Na súa etapa compostelá acudía regularmente ós faladoiros do Café Español e entre os seus mellores amigos figuraban Francisco Fernández del Riego, Domingo García Sabell, Gonzalo Torrente Ballester, Ricardo Carballo Calero, Carlos Maside e Xosé Eiroa. Promoveu as revistas Papel de Color e Galiza, da que editou o primeiro número o 25 de xullo de 1930.

Ficheiro:El Pueblo Gallego.JPG
Cunqueiro formou parte da redacción de El Pueblo Gallego desde 1937

Foi membro de primeira hora do Partido Galeguista. A sublevación dos militares sorprende a Cunqueiro en Mondoñedo, e por influencia da súa familia, moi conservadora, non foi obxecto de represalias e consegue praza de profesor nunha escola privada en Ortigueira, á que chega en outubro de 1936. Colaborou na publicación local falanxista Era Azul, militou na Falanxe Española durante a Guerra Civil tendo o cargo de xefe de Prensa e Propaganda comarcal. Jesús Suevos, o xefe territorial da Falanxe en Galicia e director de El Pueblo Gallego pídelle en 1937 que entre na redacción do xornal como encargado da parte literaria e colaborador de asuntos actuais; Álvaro aceptou e marchou para Vigo. Durante a súa estadía en Vigo tamén ensinou, durante un curto período de tempo, portugués no instituto da cidade.

Placa en memoria de Cunqueiro (Lugo)

En novembro de 1938 Cunqueiro fixou a súa residencia en Donostia e entrou na redacción de La Voz de España. Tamén foi subdirector de Vértice, publicación da Delegación Nacional de Prensa e Propaganda, revista na que publica La historia del caballero Rafael (1939), a súa primeira narración en castelán. Cando a ocupación de Madrid polo exército franquista, Cunqueiro estableceuse alí o 29 de marzo e incorporouse á redacción do ABC. En 1947 regresou a Mondoñedo e produciuse un afastamento do pensamento franquista. En 1950 volveu publicar un libro en galego, Dona de corpo delgado. A partir de 1960 exerce como cronista oficial de Mondoñedo e ó ano seguinte estableceuse en Vigo, traballando para o Faro de Vigo como colaborador fixo. O 23 de abril de 1961 a Real Academia Galega elixiuno como académico de número por 23 votos a favor, 6 abstencións e 1 en contra, e leu o seu discurso de ingreso dous anos despois. Entre novembro de 1964 e xuño de 1970 exerceu como director de Faro de Vigo e Faro Deportivo.

Foi un escritor polifacético e a súa extensa obra literaria abrangue os eidos xornalístico, poético, narrativo e teatral, sen esquecer os seus traballos de tradución. Na liña vangardista, iniciou o neotrobadorismo cos poemarios Mar ao norde (1932) e Poemas do si e do non (1933); Cantiga nova que se chama Riveira (1933) escribiuna baixo o influxo do trobadorismo da lírica galego-portuguesa medieval.

Nos anos 40 e 50 comezou a dedicarse principalmente á narrativa, publicando tres novelas relevantes: Merlín e familia e outras historias, As crónicas do sochantre e Se o vello Simbad volvese ás illas. Así mesmo, publicou tres libros de relatos: Xente de aquí e de acolá, Escola de menciñeiros e Os outros feirantes. Deste último fíxose unha serie de seis historias adaptadas á pantalla con actores galegos e españois de prestixio.

Recibiu o Premio da Crítica española en 1959 por Las crónicas del sochantre, que en realidade foi unha tradución d´As crónicas do sochantre, que escribira primeiro. Así mesmo, foille concedido o Premio Nadal, e por Herba de aquí e acolá o premio Frol da Auga, en 1979. Tamén, como xornalista, recibiu o Premio Conde de Godó. En 1981 foi nomeado membro de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega.

Inscricións na tumba de Álvaro Cunqueiro, no antigo cemiterio de Mondoñedo.

O primeiro Cunqueiro foi fundamentalmente poeta, de xeito vangardista, neotrobadoresco e culturalista, e despois da guerra civil española dedicouse sobre todo á narrativa e ao xornalismo, deixando innumerábeis artigos en xornais como Vallibria, La Voz de Galicia, El Progreso e Faro de Vigo (xornal que ademais dirixiu).

Herba aquí e acolá (1980) é unha colectánea de poesías de suma calidade. E da súa obra teatral é salientábel O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca (1958).

Foi o autor da famosa cita Mil primaveras máis para a lingua galega, que figura actualmente na súa sepultura "Eiqui xaz alguén, que coa súa obra, fixo que Galicia durase mil primaveras máis" xunto con outra que reza, "Loubado seña Deus que me permitiu facerme home neste grande Reino que chamamos Galicia".

Obra en galego

Poesía

Narrativa

Teatro

  • Función de Romeo e Xulieta (1956).
  • O incerto señor Don Hamlet, Príncipe de Dinamarca (1958, Galaxia).
  • A noite vai coma un río (1965 en Grial, publicado en 1974 en Galaxia).
  • Palabras de víspera (1974).
  • Xan, o bo conspirador (1978).
  • Rúa 26. Diálogo limiar (1995, Laiovento).

Ensaio

Obras colectivas

Obra en castelán

Poesía

  • Elegías y canciones (1940). Reeditado en 2011 en Follas Novas Edicións.
  • Balada de las damas del tiempo pasado (1945).

Ensaio e artigos

  • Crónica de la derrota de las naciones (1954).
  • Cunqueiro en la radio (1991, Fundación Barrié).
  • O reino da chuvia (1992, Deputación de Lugo). Edición de Mabel Mato.
  • Viajes y yantares por Galicia. Obra periodística olvidada en "Vida Gallega" (1954-1963 (2005).
  • El laberinto habitado: los artículos de Álvaro Cunqueiro en "Destino" (1961-1976) (2007, Nigra. Edición de María Liñeira).
  • Prólogos, epílogos y otros escritos dispersos (2011, Follas Novas).
  • De santos y milagros (2012, Madrid, Fundación Banco Santander, Colección Obra Fundamental). Edición de Xosé Antonio López Silva.

Narrativa

  • Las mocedades de Ulises (1960).
  • Flores del año mil y pico de ave (1968).
  • Un hombre que se parecía a Orestes (1969).
  • Vida y fugas de Fanto Fantini della Gherardesca (1972).
  • Historia y geografía de las cocinas de Europa (probablemente 1973[1].
  • El año del cometa con la batalla de los cuatros reyes (1974).
  • Tertulia de boticas prodigiosas y Escuela de curanderos (1976).

Obras colectivas

  • Teatro venatorio y coquinario gallego (1958), canda José María Castroviejo.
  • Viaje por los montes y chimeneas de Galicia (1962, Espasa), con José María Castroviejo.

Bibliografía sobre o autor

En galego

En castelán

  • La fantasía lúdica de Álvaro Cunqueiro, de Diego Martínez Torrón (1980, Edicións do Castro).
  • Sobre las fugas de Cunqueiro. Otra vida de Álvaro entre el periodismo y la literatura, de Xosé Landeira Yrago (2012, Auga Editora).

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Predecesor:
Luis Pimentel
Día das Letras Galegas
1991
Álvaro Cunqueiro
Sucesor:
Fermín Bouza-Brey

Modelo:Día das letras galegas 1976-2000