Robert Hofstadter: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Vagobot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: nn:Robert Hofstadter
m r2.6.5) (Bot: Engado: eu:Robert Hofstadter
Liña 32: Liña 32:
[[eo:Robert Hofstadter]]
[[eo:Robert Hofstadter]]
[[es:Robert Hofstadter]]
[[es:Robert Hofstadter]]
[[eu:Robert Hofstadter]]
[[fa:رابرت هافستاتر]]
[[fa:رابرت هافستاتر]]
[[fi:Robert Hofstadter]]
[[fi:Robert Hofstadter]]

Revisión como estaba o 18 de marzo de 2012 ás 21:49

Robert Hofstadter.

Robert Hofstadter, nado en Nova York o 5 de febreiro de 1915 e finado en Palo Alto (California) o 17 de novembro de 1990, foi un físico e profesor universitario estadounidense, galardoado co Premio Nobel de Física no ano 1961.

Traxectoria

Naceu nunha familia de raíces xudías polacas. Graduado en física e matemáticas en 1935 polo City College of New York, doutorouse no ano 1938 pola Universidade de Princeton.

Foi pai do científico e filósofo Douglas Hofstadter.

Investigacións científicas

Profesor da Universidade de Stanford entre 1950 e 1985, as súas investigacións científicas centráronse na estrutura dos nucleóns. En 1961 compartiu con Rudolf Mößbauer, aínda cando por traballos diferentes, o Premio Nobel de Física polos seus estudos, pioneiros, sobre a dispersión do electrón nos núcleos atómicos e polos seus descubrimentos relativos á estrutura dos nucleóns.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Modelo:Premios Nobel de Física