Caudal (fluído): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
fluido>fluído
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: simple:Discharge (hydrology)
Liña 60: Liña 60:
[[pt:Caudal]]
[[pt:Caudal]]
[[ru:Расход воды]]
[[ru:Расход воды]]
[[simple:Discharge (hydrology)]]
[[sv:Vattenföring]]
[[sv:Vattenföring]]
[[uk:Витрата води]]
[[uk:Витрата води]]

Revisión como estaba o 16 de marzo de 2012 ás 10:52

En dinámica de fluídos, o caudal é o volume de fluído que pasa por determinado elemento na unidade de tempo en determinado sistema ou elemento. Exprésase na unidade de volume dividida pola unidade de tempo (e.g.: m³/s).

No caso de concas de ríos, os caudais adóitanse expresar en metros cúbicos por segundo ou miles de metros cúbicos por segundo. Son variables no tempo e no espazo e esta evolución pódese representar cos denominados hidrogramas.

Fórmula

Dada unha área A, e un fluído con velocidade uniforme v e un ángulo θ (respecto da perpendicular á superficie), entón o fluxo é

No caso particular de que o fluxo sexa perpendicular á área A (sendo θ = 0 e ), logo o fluxo é:

Se a velocidade do fluído noné uniforme ou a área non é plana, o fluxo debe calcularse por medio duha integral:

onde dS é a superficie descrita por: con n (vector unitario) normal á superficie e dA a magnitude diferencial da área.

Se se ten unha superficie S que pecha un volume V, o teorema da diverxencia establece que o fluxo ao través da superficie é a integral da diverxencia da velocidade v nese volume:

O caudal na enxeñería civil

O caudal dun río é fundamental no dimensionamiento de:

Véxase tamén

Outros artigos