Domingo Quiroga: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xas (conversa | contribucións)
Nova páxina: "{{En uso}} '''Domingo Quiroga Ríos''', nado en 1900 en finado en 1992, foi un ==Traxectoria== Entre 1920 e 1930 permaneceu en EEUU, México e Cuba, ..."
 
Xas (conversa | contribucións)
m Xas moveu a páxina "Domingo Quiroga Ríos" a "Domingo Quiroga": Nome máis coñecido
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 13 de marzo de 2012 ás 23:30

Domingo Quiroga Ríos, nado en 1900 en finado en 1992, foi un

Traxectoria

Entre 1920 e 1930 permaneceu en EEUU, México e Cuba, traballando como redactor de Eco de Galicia (da que foi subdirector) e Heraldo de Galicia e como colaborador de El País. Foi fundador da Alianza Republicana Española de Cuba en 1929. Ao seu regreso a Galicia en 1930 reanudou os seus traballos na prensa El Noroeste. Funcionario vinculado a temas pesqueiros durante a República. Nomeado en 1955 Oficial de Pesquerías pola FAO, dous anos despois foi trasladado ao Esquema de Integración Centroamericana, con residencia no Salvador, e en 1958, tamén pola FAO, foi enviado ao Instituto Nacional de Pesca de Cuba.

Dende 1961 ata 1965 permaneceu no Instituto Nacional de Pesca de Ecuador. En 1983 foille concedida a medalla ao mérito social marítimo do Instituto Social da Mariña.

Co-fundador da Asociación de Armadores da Coruña na posguerra, foi especialista en temas pesqueiros pola FAO, contribuíu á posta en valor dos recursos pesqueiros de América Latina, traballando durante 10 anos en Ecuador, El Salvador e Cuba.

Escritor habitual en La Voz de Galicia dende a columna titulada "Panes y Paces", chamou a atención sobre a necesidade de preservar a integridade ambiental da nosa costa, defendendo a pesca e os pescadores artesanais fronte á actividade pesqueira intensiva.

experto mundial en recursos pesqueiros pola FAO (Organización para a Agricultura e a Alimentación), foi o primeiro presidente da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA) e co-fundador da Asociación de Armadores da Coruña e . Ademais, tivo un papel sobranceiro na defensa dos recursos naturais e do medio ambiente de Galicia. experto pesqueiro, e acérrimo defensor dunha pesca responsábel e da protección do medio ambiente mariño.

Obras

  • El mito del Hispanoamericanismo, 1927.
  • ¿Quién es y a dónde va Santiago Casares Quiroga?, Imprenta Moret. A Coruña, 1932.
  • La pesca de arrastre en Galicia y sus problemas, 1961.
  • La pesca de la merluza con nudo gordiano, 1968.
  • Algunhas reflexións encol da economía pesqueira galega, 1969.

Obras colectivas

  • Introdución á economía galega de hoxe, Galaxia, 1969.

Véxase tamén

Bibliografía

  • GONZÁLEZ LAXE, F. (1998). “A modo de lembranza”. Labarta, U. e cols. (eds). Domingo Quiroga. Artículos (1969-1986). Seminario de Estudos Galegos, Santiago de Compostela. p. 11-13.

Ligazóns externas