Ifni: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
ZéroBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: la:Ifni
m r2.7.2) (Bot: Engado: eu:Ifni
Liña 20: Liña 20:
[[en:Ifni]]
[[en:Ifni]]
[[es:Ifni]]
[[es:Ifni]]
[[eu:Ifni]]
[[fi:Ifni]]
[[fi:Ifni]]
[[fr:Ifni]]
[[fr:Ifni]]

Revisión como estaba o 13 de marzo de 2012 ás 23:00

Localización de Ifni

Ifni era unha antiga posesión española na costa africana, ao sur de Agadir, tiña unha superficie de 1.502 km² e unha poboación no ano 1964 de 51.517 habitantes, a capital era Sidi Ifni.

Historia e características

O territorio foille concedido a España en perpetuidade conforme ao Tratado asinado entre España e Marrocos en 1860, neste territorio tivera xa España un establecemento chamado Santa Cruz de la Mar Pequeña entre 1476 e 1524, aínda que non se sabe con exactitude a súa localización.

Durante moitos anos España non fixo ningún movemento para ocupar o territorio e non foi ata o 6 de abril de 1934 que o coronel Osvaldo Capaz Montes ao desembarcar do canoneiro Canalejas tomou posesión deste territorio no nome de España. Ata 1952 Ifni tivo status de protectorado e nese ano converteuse en parte da (A.O.E.) África Occidental Española.

Desde que Marrocos obtivo a independencia en 1956 reclamou o territorio en varias ocasións. O 23 de novembro de 1957 o Exército de Liberación Marroquí co apoio do goberno marroquí atacou Ifni, fíxose co control da maior parte do territorio quedando a administración española reducida a Sidi Ifni e os seus arredores que constituíu unha provincia española. O 30 de xullo de 1969 Ifni pasou a soberanía marroquí.