Hugonotes: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxos
HiW-Bot (conversa | contribucións)
Liña 45: Liña 45:
[[lb:Hugenotten]]
[[lb:Hugenotten]]
[[lt:Hugenotai]]
[[lt:Hugenotai]]
[[ml:ഹ്യൂഗെനോട്ടുകൾ]]
[[ms:Huguenot]]
[[ms:Huguenot]]
[[nds:Hugenotten]]
[[nds:Hugenotten]]

Revisión como estaba o 12 de marzo de 2012 ás 08:57

A masacre de San Bartolomeu de Duvois

Hugonotes foi o nome que recibiron os protestantes no Reino de Francia dende os primeiros anos da Reforma nese país.

Historia

Un dos primeiros organizadores da reforma foi o propio Xoán Calvino quen dedicou a súa obra fundamental A Institución da Relixión Cristiá a Francisco I de Francia. Consecuentemente, os hugonotes crían na salvación por pura Graza, sen mérito por parte do redimido, na autoridade única da Biblia, rexeitaban a Tradición e ás dignidades e ordes eclesiásticas e practicaban unha moral rigorosa fronte o que consideraban unha relaxación dos costumes por parte da Igrexa católica. O desenvolvemento destas ideas tivo lugar no Sínodo de París en 1559 e foron presentadas a Francisco II de Francia.

O avance das novas crenzas callou entre burgueses e algúns nobres e as consecuencias non tardaron en chegar. O asunto dos cartaces (affaire des placards) aldraxando a eucaristía católica e que chegou á propia cámara real acabou coa protección do católico Francisco I en 1534. Este considerou a acción como un delito de lesa maxestade. As represións por parte da monarquía foron moi duras e se prolongaron no tempo con incidentes que derivaron en sanguentos episodios. Salientou a matanza do día de San Bartolomeu que se espallou por París, Toulouse, Orleans, Rouen, Bourges.

O célebre hugonote Henrique de Navarra, pasaríase ao catolicismo para acceder a coroa como Henrique IV de Francia. Este rei conseguiría acougar os ánimos mediante o Edicto de Nantes que garantía a liberdade relixiosa. Os hugonotes dominaron cidades e importantes prazas fortes, chegando a constituír un estado protestante dentro do Reino que recibía apoio de potencias extranxeiras.

O Cardeal Richelieu, combateu o poder político dos hugonotes ripándolles, mediante importantes accións armadas, enclaves como La Rochelle 1628), pero respectou a liberdade de culto. Luís XIV de Francia, revogou o Edicto de Nantes en 1685 mediante o Edicto de Fontainebleau e extremou a represión. A monarquía absoluta os considerou un corpo estraño a extirpar provocando un masivo exilio a Europa Central, as Illas Británicas, África do sur e Norteamérica.

A marxinación non rematou ata 1787 co Edicto de Tolerancia de Luís XVI de Francia.