Nabucodonosor II: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (Bot: Engado: war:Nebuchadnezzar II
Liña 66: Liña 66:
[[uk:Навуходоносор II]]
[[uk:Навуходоносор II]]
[[vi:Nebuchadnezzar II]]
[[vi:Nebuchadnezzar II]]
[[war:Nebuchadnezzar II]]
[[yi:נבוכדנאצר דער צווייטער]]
[[yi:נבוכדנאצר דער צווייטער]]
[[zh:尼布甲尼撒二世]]
[[zh:尼布甲尼撒二世]]

Revisión como estaba o 9 de marzo de 2012 ás 22:36

Nabucodonosor II, nado no ano 630 a.C. e finado no 562 a.C, foi un rei de Babilonia da dinastía caldea. Os seus 43 anos de reinado foron os do máximo esplendor do imperio neobabilónico.

Campañas

Fillo maior e sucesor de Nabopolasar. Casado coa filla ou neta de Ciaxares, rei de Media, foi un hábil negociador e diplomático. O seu pai enviouno a conquistar Siria en poder dos exipcios tras a disgregación do imperio de Asiria. Vencedor da batalla de Carquemis (-605), someteu Siria e Fenicia. Ese mesmo ano subiu ao trono, trala morte de Nabopolasar.

Derrotou a cimerios e escitas. Tras consolidar a súa amizade cos medos, dirixiu as súas expedicións cara Occidente. Conquistou Xerusalén no ano -597. Coincidindo con outro intento de invasión por parte dos exipcios, un novo levantamento de Xudá rematou coa destrución de Xerusalén e o seu templo, así como coa deportación de moitos cidadáns prominentes a Babilonia. Durante 13 anos cercou a cidade de Tiro, que acabou recoñecendo a autoridade de Nabucodonosor. Realizou varias operacións de castigo sobre Exipto.

Construcións

Nabucodonosor foi un soberano moi devoto (especialmente do gran deus Marduk) que ergueu e restaurou gran número de templos. Fixo de Babilonia unha das grandes marabillas da historia da humanidade. O pazo real, a ponte e o túnel que cruzaban o Éufrates, canles, a porta de Ishtar con ladrillos esmaltados, o cigurat de Etemenanki de 90 metros de altura (posiblemente a torre de Babel da Biblia) e os irrepetibles xardíns colgantes de Babilonia realizados para aliviar a morriña de raíña Amitis, que suspiraba polas primaveras das montañas de Media, onde se criara. Nada diso sería posible sen a actividade obreira de numerosos cativos traídos das terras conquistadas.

Sucedeuno o seu fillo Amel-Marduk