Historia de Lugo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 148: Liña 148:
De 1568 a 1570, Lugo padeceu unha serie de epidemias que deu lugar ao illamento da poboación, ata darse o caso de ter clausurado casas e rúas.
De 1568 a 1570, Lugo padeceu unha serie de epidemias que deu lugar ao illamento da poboación, ata darse o caso de ter clausurado casas e rúas.


O 13 de xuño de [[1599]] creouse o seminario diocesano, que non comezou as súas actividades ata [[1624]], por problemas economicos. En orixen, cada arciprestazgo tiña dereito a certo número de prazas no seminario, determinado de acordo coa contribución económica do arciprestazgo.
O 13 de xuño de [[1599]] creouse o seminario diocesano, que non comezou as súas actividades ata [[1624]], por problemas economicos. En orixe, cada arciprestazgo tiña dereito a certo número de prazas no seminario, determinado de acordo coa contribución económica do arciprestazgo.


Cara a [[1600]] Lugo tiña alrededor de 2.000 habitantes, probablemente menos da metade de población ca no Baixo Imperio.
Cara a [[1600]] Lugo tiña alrededor de 2.000 habitantes, probablemente menos da metade de población ca no Baixo Imperio.


No [[século XVIII]] comezou un novo ascenso ecónimo e cultural de Lugo, que ten o seu fito simbólico na concesión de privilexio real por parte de [[Fernando VI]] para as [[Festas de San Froilán de Lugo|feiras de San Froilán]] no ano [[1754]].
No [[século XVIII]] comezou un novo ascenso económico e cultural de Lugo, que ten o seu fito simbólico na concesión de privilexio real por parte de [[Fernando VI]] para as [[Festas de San Froilán de Lugo|feiras de San Froilán]] no ano [[1754]].


O bispo [[Francisco Izquierdo y Tavira|Izquierdo]], que exerceu entre [[1748]] e [[1762]], foi o prelado que promoveu as melloras no abastecemento de auga, inauguradas en [[1754]], que incluíron a reconstrución do antigo [[Acueduto de Lugo|acueduto romano]]) inauguradas no [[1754]] e a construción de fontes na cidade (coma a de San Vicente na [[Lugo#Prazas e parques|Praza do Campo]])<ref name="cheta" />. Ordeou tamén a construción, na [[Lugo#Prazas e parques|Praza de Campo Castelo]], dun edificio destinado a servir coma cárcere sobre o antigo castelo medieval e, ademais de afrontar a reforma de varios edificios relixiosos, converteu a [[Muralla de Lugo#Portas romanas|poterna do Pexigo]] nunha vía de entrada e saída da cidade plenamente pública, facilitando a comunicación co camiño de Santiago.
O bispo [[Francisco Izquierdo y Tavira|Izquierdo]], que exerceu entre [[1748]] e [[1762]], foi o prelado que promoveu as melloras no abastecemento de auga, inauguradas en [[1754]], que incluíron a reconstrución do antigo [[Acueduto de Lugo|acueduto romano]]) inauguradas no [[1754]] e a construción de fontes na cidade (coma a de San Vicente na [[Lugo#Prazas e parques|Praza do Campo]])<ref name="cheta" />. Ordeou tamén a construción, na [[Lugo#Prazas e parques|Praza de Campo Castelo]], dun edificio destinado a servir coma cárcere sobre o antigo castelo medieval e, ademais de afrontar a reforma de varios edificios relixiosos, converteu a [[Muralla de Lugo#Portas romanas|poterna do Pexigo]] nunha vía de entrada e saída da cidade plenamente pública, facilitando a comunicación co camiño de Santiago.

Revisión como estaba o 8 de marzo de 2012 ás 16:42

Lugo fundouse coma un campamento militar romano ao mando de Caius Antistus Vetus, arredor do ano 25 a.C. En nome do emperador, Paulo Fabio Máximo funda "Lucus Augusti" sobre este campamento militar, e a partir do ano 50 asístese á expansión da cidade, co asentamento de poboación indíxena dos castros próximos. Posteriormente a cidade convértese nun importante núcleo urbano, representativo da cultura e o modo de vida romano. Proba delo son os restos atopados da antiga cidade, correspondentes a templos, piscinas, termas, moedas ou mosaicos.

Etapa prerromana

Tradicionalmente coidábase improbable a existencia dun castro baixo a cidade de Lugo,[1][2] ata que o achado, no ano 2007, dun castro no actual barrio da Piringalla levou ao replantexar esa teoría. Con independencia disto, sabíase que diversas zonas do contorno da cidade estiveron habitadas dende idades moito máis antigas, quizais debido ás condicións hidrolóxicas e edafolóxicas favorables para a explotación do terreo. Entre os restos máis destacábeis achados na zona están un pico ou bifaz do Paleolítico Inferior atopado en Silvarrei ou unhas pezas de sílex preto da actual Porta de San Pedro da Muralla. Mais sobre todo, o conxunto prehistórico máis importante é o xacemento de Cova da Valiña en Bolaño, un asentamento de cazadores e recolectores entre o Paleolítico Medio e o Superior (ao redor do 30.000 a.C.).

Moitos máis numerosos son os restos da etapa megalítica, coma necrópoles de túmulos megalíticos, que demostran que no contorno da cidade houbo unha ocupación humana numerosa e activa. Entre os exemplos máis destacados están os conxuntos de mámoas de Santo Matías, As Arieiras e Piúgos, ou os grupo do val de Mera, Orbazai e Adai onde hai hoxe unha cámara dolménica visíbel. Todos estes (e outros moitos atopado coma por exemplo en Parada ou Bonxe) están datados entre o 3200 e o 1800 a.C.. Tamén se encadran no período precastrexo algún achados, escasos, da Idade do Bronce, coma o vaso cerámico de Martul, aínda que non se deron vencellado a ningún asentamento en concreto. Da mesma época é probable que tamén pertenzan algúns gravados rupestres atopados no monte do Castrillón de Adai, que hoxe comparten lugar con marcas feitas na Idade Media ou máis modernas.

Os castrexos

Tanto na actual cidade coma no seu contorno existía un espallado poboamento castrexo. Este densidade de poboamento propiciaría que a zona estaría presuntamente explotada nos seus recursos, polo que se podería adxudicar a algúns dos pobos que cita Plinio na listaxe de populi desta zona da Gallaecia. Así, aínda que tempo despois a zona fose chamada polos propios romanos coma Conventus lucensis, de Lucus, considerouse que no lugar da cidade habitasen os Caporos, lindando polo oeste cos Supertamarcos, ao norte os Eguivarros e ao sur os Cibarcos. É difícil saber, debido aos datos difusos, se esta densidade de poboamentos foi unha das causas que motivou aos romanos fundar aí Lucus Augusti.

Lucus Augusti

Estela funeraria atopada en Crecente cunha inscrición latina que di: «Aquí xace Apana, filla de Ambolo, céltica supertamárica, de Miobre, que morreu aos 25 anos. O seu irmán Apano mandou facer».

O Alto Imperio

  • A fundación de Lucus Augusti

Existen dúas teorías contrapostas sobre a fundación de Lucus Augusti:

A primeira, a única ata data recente, fala da fundación de Lugo (arredor do 25 a.C.) ao trasladar Caius Antistus Vetus, o xeneral romano que dirixía as tropas que participaban nas Guerras Cántabras (debido á ausencia por enfermidade do emperador Augusto) provintes de Lusitania, o campamento militar que fundara en Astorga a un asentamento castrexo. Neste campamento, base do que sería Lucus Augusti[2][3][4], crearía unha ceca para cuñar moeda para pagar á media lexión (cinco cohortes) que tiña ao seu mando.

Pouco despois (entre o 15 a.C. e o 13 a.C.) Paulo Fabio Máximo, legado do emperador Octavio Augusto que participaba na organización política do noroeste da Península Ibérica, funda sobre este campamento (nas coordenadas tolemaicas de 7º25' - 44º25') a cidade de Lucus Augusti[5]. Para poboala licenciou aos soldados de maior idade dándolles terras para cultivar e remprazándoos con soldados galaicos.

Por outra banda, outras investigacións[6] apuntan cara unha orixe relixosa ou simbólica, o que coincidiría coa explicación etimolóxica do nome indíxena, por canto o termo "Lucus" semella proceder dunha raíz "Luc-", "Lug-" ou "Llug-", coincidente co nome de "Lugh", unha divindade céltica relacionada coa luz e con todo o que brilla. Ademais, en dous lugares lucenses (Sinoga-Rábade) e (Liñarán-Sober) aparecen deuses co apelativo Lugobes, Lucoubus e semellantes. Outra teoría sobre a etimoloxía do topónimo fala sobre que os romanos formaron un "Lucus" (do latín: claro na fraga) ou bosque sagrado, sendo o sitio un lugar sagrado de reunión por tódolos castrexos de arredores.

En calquera caso, Lucus Augusti non sería fundada exactamente sobre un asentamento castrexo, do que non apareceu ningún resto arqueolóxico e tampouco contaría co emprazamento topográfico axeitado, senón sobre un lugar sagrado de xuntanza dos poboadores dos numerosos castros da comarca para asumir as tradicións castrexas. Tese que reforza o feito de que, nuns momentos onde a difusión do culto imperial era case tan importante coma as campañas militares, un lugar destas características sería idóneo para instalar nel unha cidade adicada a Augusto.

O nome da cidade recibiría tamén o título de Augusti a xeito de propaganda, para asimilarse á tradición indíxena. Porén, a teoría que máis forza está a gañar nos últimos anos é a do campamento militar. Dende a fundación da urbs de Lucus non se dispoñen moitos datos da súa evolución inicial, con todo suponse que comezou a medrar paseniñamente. Con todo a súa importancia parece ser que foi moi grande ao converterse case dende o seu comezo na capital do Conventus lucensis da Gallaecia. Consérvanse hoxe tres monólitos fundacionais da cidade, crese que falta un por atopar xa que, segundo o rito fundacional, debería haber catro. Neles pódese ler a inscrición:

V.C.A.M.
CAESARI
PAVLLVS FABIVS
MAXVMVS
LEGAT CAESARIS

"V(rbis) C(onditori) A(ugusto) M(onumentum) Caesari[7]

Paullus Fabius Maxumus Legat(us) Caesaris"
  • O desenvolvemento de Lucus Augusti durante o Alto Imperio

En calquera caso, esta posible orixe non militar non representaría ningún atranco da cara á importancia que foi adquirindo xa dende o século I, tanto dende a perspectiva político-administrativa (coma capital do convento xurídico do noroeste hispánico) coma económico (control da explotación e distribución das riquezas auríferas do país galaico, centro comercial agrario, punto de saída das tres vías cara Brigantium, Iria Flavia e Dactonium e lugar de parada da que ía dende Bracara a Asturica Augusta) e mesmo militar, coma evidencia a muralla levantada no século III, a consecuencia da criste baixoimperial motivada polas invasións dos "limes" efectuadas polos pobos xermánicos [8].

Lucus Augusti foi un importante nó de comunicacións debido ás súa situación central entre os principais núcleos da Gallaecia, ademais de estar entre a costa e as zonas do interior, explotadas coma minas (un dos principais motivos da conquista pola súa significación económica). Así, por Lucus, xa dende un comezo, pasarían as vías romanas XIX e XX, a medio camiño entre Asturica Augusta (Astorga) e Bracara Augusta (Braga), as outras dúas capitais dos conventos galaicos. Estas vías tamén conectarían con Iria Flavia (a XX) e con Brigantium (a XIX). Das entradas á cidade (construída xa a muralla) suponse que había unha (polo sueste), así coma dúas saídas (unha cara o norte e outra cara o oeste).

Falando destas vías de comunicación cómpre nomear a Ponte romana, aínda hoxe en pé, que formou parte da XIX camiño de Bracara Augusta, pasando por Iria Flavia.

No século I constrúese o acueduto.

O Baixo Imperio

Tres séculos despois da súa fundación, a estrutura urbana da cidade modificouse e desprazouse lixeiramente, eran tempos críticos dende o punto de vista político e militar; polo que se ergueu unha muralla de 2.266 metros coroada por 85 poderosas torres.

Lugo na Idade Media

Alta Idade Media (ss. V - X)

  • O Reino Suevo de Galiza
"A historia de Lugo, logo de ser unha historia de romanos, é, esencialmente, unha historia de bispos. Na cidade de Santa María e do Santísimo Sacramento houbo toda sorte de bispos: ortodoxos, priscilianistas, arrianos, bispos con dúas dioceses (Braga, Lugo), metropolitanos, non metropolitanos, dous bispos a un tempo, bispos con señorío temporal, bispos sen señorío temporal, etc."
—Fernández de la Vega[9]
Véxase tamén: Reino Suevo.

O convento lugués quedou á marxe das loitas que enfrontaron aos suevos de Hermerico cos alanos e vándalos de Gunderico.

Na Pascua do 460 os suevos, ás ordes do rei Frumario[10], toman Lugo e asasinan ao rector[11], o gobernador provincial romano que mantiña a lexitimidade imperial na Gallaecia non ocupada polos suevos, e a outros nobres galaico-romanos.

En 460, Maioriano, o Emperador de Occidente, e Teodorico II deciden intervir na guerra civil que enfrontaba a Frumario e a Requimundo e envían ao conde Nepociano, magister utriusque militae (xeneral en xefe) de Maioriano na Hispania e ao conde visigodo Sunierico que derrotarían aos suevos preto de Lugo e tomarían a cidade. Lugo foi a capital del reino do norte trala división do Reino Suevo en dous.

Pouco despois, en 460 ou 461, Requimundo apodérase da cidade. En 461, Requimundo recibiu en Lugo á embaixada que, procedente de Tolosa, dirixían o nobre galaico Palagorio e o conde godo Cyrila.

A partir destes feitos a historia Galiza entra nun século de escuridade sobre o non se dispón de documentación.

O rei suevo Miro convocou no ano 569 un Concilio na cidade de Lugo no que se produciu a conversión oficial do reino ao catolicismo (...ad confirmandam fidem catholicam...)[12] e se elevou a diocese lucense a sé metropolitana, pasando a depender dela os bispos de Astorga, Iria Flavia, Ourense e Tui. Este Concilio achou que os termos das dioceses de cada cidade foran alterados da antiga autoridade[13]. Miro concedeu á igrexa de Santa María de Lugo (que logo sería Catedral) once condados: Chamoso, Sobrada, Navia, Sarria, Páramo, Pallares, Deza, Monterroso, Ulla, Narla e Montenegro.

  • O dominio visigodo

Coa destrución do reino suevo a mans de Leovixildo a finais do século VI comezou un período de decadencia que aumentou coa invasión musulmán do século VIII.

En Lugo cuñaron moeda con total seguridade os reis visigodos Recaredo I, Suintila, Chintila, Tulga, Chindasvinto, Éxica e Witiza. Existen trientes que así o demostran. Dubídase de se o fixeron Sisebuto e Sisenando.

O último bispo coñecido anterior á invasión musulmán do 711 é Potencio, consagrado en 688, quen acodiu ao XVI Concilio de Toledo do ano 693, reinando Éxica[14].

"Tiña en tanto Muça ben Sosair vehementes desexos de penetrar na comarca de Galiza, asento dos infieis, e facía preparativos para iso, cando veu Moguits Ar-Romí, [...] enviado do Califa, e lle rogou agardase ata cumprir o seu designio de ir alá, expedición á cal podía acompañalo, e tomar a súa parte nas ganancias e presas. Moguits consentiu, e con el foi ata chegar ás asperas pasaxes do Norte; conquistou os castelos de Viseu e Lugo, e alí detívose, mandando exploradores, que chegaron ata a pena de Pelaio, sobre a mar Océana. Non quedou igrexa que non fose queimada, nin campana que non fose rota. [...]

Cando Muça se atopaba no colmo da súa victoria e cheo de esperanzas, veu un segundo enviado do Califa, chamado Abó Naçr, que [...] lle fixo, en efecto, volver dende Lugo, cidade de Galiza, regresando polo desfiadeiro chamado de Muza."
—Ahmed ibn Mohammed al-Maqqari[15] (1629)

Muza na primavera de 714, desoíndo as ordes do enviado do califa, chegou a Astorga para cumprir o seu desexo de conquistar o único reino ibérico que quedaba fóra do domino musulmán: Galiza. Logo de os seus emisarios tomasen Covadonga derrotando a Pelaio e instalasen en Xixón un gobernador musulmán, Muza toma Lugo, onde residía o dux provinciae da Galiza visigoda, tras un pacto rendición que evitou a destrución da cidade e estableceu unha base militar bautizando á cidade coma Lek, que significa "mirador". A Lugo chegou o segundo enviado do califa, Abo Nagr, con ordes taxantes de que o rebelde conquistador fose render contas a Oriente. Foi daquela, xunto con Tariq que regresara da campaña de Aragón, cando Muza abandonou Galiza e a península ibérica, á que xa non regresaría.

Durante a rebelión berber dos anos 740 e 741 as guarnicións berberes abandonan tódalas súas posicións ao norte da Serra de Gredos quedando Galiza libre do dominio musulmán. Lugo é anexionado aos territorios de Afonso I o Católico quen instaura a Odoario coma bispo de Lugo e lle encomenda a repoboación da cidade. Durante esta época, e ata mediados do século IX, Lugo foi a única cidade en toda Galiza e a única que merecería tal nome en tódolos dominios cristiáns[16]. Ao tempo a cidade vai sufrir unha restruturación urbana nun espazo comprendido entre as actuais Porta Miñá e de Santiago. O testamento do prelado rexistra a repoboación dunha cidade en ruinas sobre a que se asentará un núcleo de poboación, un "locus eclesiasticus" (desenvolvido arredor da sé episcopal) que máis tarde recibirá o nome de Burgo Vello[17].

  • O Reino de Galiza

A comezos do século IX Teodomiro, bispo de Iria Flavia, afirmou que atopara a tumba do apóstolo Santiago nun lugar despoboado da actual Compostela. Un río de peregrinos comezou a achegarse dende tódolos puntos de Europa a este novo lugar sagrado. Este regueiro de xente chegaba a través do hoxe coñecido coma Camiño Primitivo que pasaba por Oviedo e por Lugo para evitar os dominios musulmáns máis ao sur. Lugo medrou considerabelmente ao longo da Idade Media, a pesar das disputas entre os señores laicos e eclesiásticos, o poder real e os burgueses, e o pobo.

No 830 Afonso II de Oviedo nomea ao seu protexido Ramiro I gobernador de Galiza instalándose este en Lugo xunto coa súa familia. Á morte de Afonso II, no ano 842 Ramiro, que fora nomeado o seu sucesor, achábase fóra do reino co gallo de se casar, feito que aproveitou o comes palatii e cuñado de Afonso II, Nepociano, para facerse coroar rei co apoio de vascóns e asturianos. Ramiro volveu a Lugo, reuniu un grande exército galego na cidade e partiu cara Oviedo derrotando ás tropas asturianas e vasconas de Nepociano que lle saíran ao encontro converténdose así no primeiro rei da dinastía galega. O seu fillo, Ordoño quedou en Lugo coma gobernador.

O 7 de xuño de 910 os condes do territorio lugués comprométense con Ordoño II a restaurar as vellas casas da cidade, que se achaban en ruínas, e a establecerse alí antes do día de San Pedro.

O 1 de novembro de 968 os habitantes de Lugo, entre eles os infanzóns ou milites do prelado lugués Hermenexildo que tiñan deste en beneficio as súas comitatus ou encomendas, prometen ao bispo acollerse en Lugo e construír alí novas casas antes do día de San Martiño.

Ficheiro:Modesto Brocos Defensa de Lugo.jpg
Obra de Modesto Brocos, Defensa de Lugo, que ilustra a estratexia urdida polos habitantes de Lugo ante o asedio das tropas de Almanzor.

Segundo a lenda (non se coñece ningún documento que o acredite), en setembro de 997 Almanzor sitia Lugo. Pasa o tempo e a cidade non se rende pero Almanzor coida que a fame dobregará antes ou despois aos defensores. Sen embargo, os sitiados idean a estratexia de tirar dende o alto da muralla uns bolos de pan e un año para facer crear a Almanzor que aínda lles queda comida de abondo. Almanzor, caendo no engano, renuncia á toma da cidade e ordena levantar o asedio.[18].

O protagonismo histórico empezou a decaer coa fundación de Oviedo, o suposto descubrimento do sepulcro do apóstolo Santiago en Compostela e a restauración de Braga. Segundo algúns autores,[Cómpre referencia] nesta época o centro de Lugo quedou practicamente deserto.

En 1032 o conde Suero Gundemariz e outros aristócratas galegos erguéronse contra o rei Bermudo III fortificáronse nos altos, nos montes e outeiros[19]. Bermudo acudiu cun exército refuxiándose na cidade de Lugo, dende a que presentou combates; na comarca do arredor os montes estaban tomados polos rebeldes, que fortificaran rochas e penedos. Á fin Bermudo puido vencer aos sublevados obrigándoos a volver a vivir ás chairas. Sancho III O Maior aproveitou esta rebelión para enviar tropas vasconas a Lugo que non fixeron máis que devastar o país[20].

En 1085, coma consecuencia do encarceramento de García I, á postre o derradeiro rei de Galiza, Rodrigo Ovéquiz, conde de Lugo, fillo de Oveco Díaz da poderosa liñaxe dos Osorio, líder da nobreza galega e sostén de García I rebélase xunto con Diego Páez, bispo de Compostela, contra Afonso VI e entra en contacto con Guillerme o Conquistador, rei de Inglaterra co obxecto de casar a García I cunha filla súa e instaurar un Reino de Galiza independente vencellado a Normandía, Bretaña e Inglaterra.

Asaltou Lugo, asasinou ao meiriño do rei e ocupou o castelo nos arredores da cidade. Tras seren derrotados, o conde e os seus seguidores foron desterrados a Zaragoza, de onde volveron para unha nova sublevación en 1088 que foi sufocada en 1088 e Rodrigo enviado ao exilio e os seus bens adxudicados á catedral de Lugo. Esta sería a última das grandes (e ata entón frecuentes) revoltas da nobreza galega.

Baixa Idade Media (ss. XI - XV)

A principios do século XI a diocese de Lugo adquiere unha gran importancia ao ver agregados ao seu territorio, ademais do da diocese de Braga, o territorio da de Ourense, devastada polos viquingos de Gunderedo[21].

Pódese considerar a rebelión de Rodrigo Ovéquiz, a última das grandes revoltas da nobreza galega, a morte de García I e o outorgamento de Afonso VI do señorío da cidade aos bispos de Lugo coma a entrada de Lugo na Baixa Idade Media. O dominio do poder eclesiástico é unha das características desta etapa histórica.

En 1088 Afonso VI outórgalles aos bispos de Lugo o señorío da cidade.

En 1129 comeza a construción da nova Catedral.

En 1172 os veciños de Lugo amotináronse contra o canónigo-xuíz. Este refuxiouse na Catedral onde foi morto xunto con outros nove canónigos. O bispo Xoán tivo que fuxir mentres os veciños constituíanse en concello e se repartían os cargos civís. Logo da vaga de violencia o bispo retornou pero foi apedrado o día de Pentecostés[22]

  • Lugo durante as guerras contra Castela

O feito de que no ano 1230 o rei castelán Fernando III se apoderase dos reinos de Galiza e León tras a morte do seu rei, Afonso VIII, marcou un dos acontecementos políticos máis decisivos en toda a historia galega. Galiza perdía dende ese momento unha casa real propia que garantira a súa soberanía e unira a súa nobreza e convertíase nun reino periférico, gobernado dende e por Castela e cuxas cidades foron perdendo poder en detrimento das cidades castelás.

En 1232 levantamentos comunais en Lugo contra o bispo señor da cidade.

En 1288 inaugúrase o cemiterio e capela das Ánimas, no interior do recinto amurallado preto da Porta Falsa[23]

En 1304, o infante Filipe coa axuda de Fernán Rodríguez de Biedma, derrotou en Monforte de Lemos a Fernando Rodríguez de Castro, que faleceu no combate, e Fernando IV outorgoulle ao infante Filipe todos os seus títulos e posesións pasando a ser señor de Lemos e Sarria, señor de Cabreira e Ribeira, Adiantado Maior de Galiza, Pertigueiro Maior de Santiago e comendeiro da Igrexa de Lugo.

En 1312 os habitantes de Lugo subleváronse contra o bispo, Xoán Hernández (relixoso dominico e confesor de Fernando IV, que estivo no cargo dende 1307 ata o seu pasamento en 1318), xa que este intentara recobrar o señorío da cidade. Por elo, os habitantes atacaron o pazo episcopal, capturaron á súa guarnición e feriron ao bispo, quen se negou a entregarlles a bandeira e as chaves da cidade e foi expulsado da cidade. O pleito foi levado ante Fernando IV, quen o 23 de xuño de 1312 sentenciou en favor do bispo e en contra do concello de Lugo. Ademais, o rei ordeou ao infante Filipe, que seguía a ser Pertigueiro Maior de Santiago e Comendeiro da Cidade de Lugo e a Afonso Suárez de Deza, Adiantado Maior de Galiza, que fixeran cumprir o veredicto que emitira aos habitantes de Lugo.

Antes de que pasaran tres meses da sentencia morreu Fernando IV e a monarquía veuse envolta nas turbulencias que provocou a minoría de idade de Afonso XI. O Concello retomou o pleito e, o infante Filipe, lonxe de cumprir a sentencia que dictara Fernando IV, tomou o señorío da cidade ofrecido polo Concello chegando a construir unha fortaleza con dúas torres para a defensa deste. O bispo buscou a alianza de don Alonso, fillo do infante Xoán e, para atraelo á súa causa, entregoulle en 1315 a encomenda das terras do Couto de Lugo e de Pallares. Nin a confirmación feita polos infantes titores do monarca e os nobres e letrados reunidos nas Cortes de Burgos en 1315, nin a carta que a raíña María de Molina dirixiu un ano despois ao infante instándolle a cumprir e facer cumprir a sentencia anterior, nin o breve expedido por Xoán XII a instancias do bispo Rodrigo Ibáñez (que exerceu dende 1319 ata 1327 que foi nomeado bispo de Tui), foron de abondo para restituir ao bispo no señorío da cidade ata que cesou o turbulento estado do reino coa maioría de idade de Afonso XI e o infante Filipe entregou o 12 de marzo de 1327 por escritura pública a fortaleza ao bispo Xoán Martínez.

En 1327, Xoán Martínez, que exerceu de bispo entre 1326 e 1349) outorga o cargo de comendeiro da cidade a Pedro Fernández de Castro.

En 1340, Afonso XI, confírmalle ao bispo o privilexio de señorío sobre a cidade de Lugo mandándolle aos veciños retornarenlle as chaves e o señorío da vila que tiñan tomado durante o tempo que o bispo permanecera en Portugal.

En 1349, Clemente VI, nomea bispo ao prior do convento dos Dominicos de Lugo e confesor de Pedro I, Pedro López de Aguiar, oriundo da Casa e Torre de Aguiar en Taboi.

En 1351, Pedro López de Aguiar, comprobando que na vila non se nomearan alcaldes para gobernar e facer xustiza, designa a Diego Álvarez e a Lopo Alfonso para os oficios e alcaldías que estaban vacantes, recibindo a homenaxe dos veciños da cidade. En 1995, Pedro I, envía a catro emisarios para garda da terra e para atallar os desmandos e destruccións que levaban a cabo os condes don Enrique e don Fernando de Castro, en rebeldía contra o rei nas terras de Galiza.

En 1363, Pedro López de Aguiar, funda o convento de Dominicas de Santa María a Nova (extinguido no século XIX) sobre unhas casas e leiras que posuía o convento dos Dominicos no Burgo Novo.

En 1386 María Castaña, dona de Martín Cego, encabeza unha revolta contra a Igrexa polos abusivos tributos que Pedro López de Aguiar cobraba a través do seu mordomo e recadador Francisco Fernández chegando a matar a este último. Sufocada a revolta, María Castaña e os seus cuñados ou fillos Gonzalo e Afonso son apreixados e obrigados a doar á Catedral as súas posesións no couto de Cereixa e ao pago de mil marabedís.[24]

En 1390, Pedro López de Aguiar, renuncia ao bispado por mor da súa avanzada idade e é sucedido por Lope de Salcedo, que sería bispo de Lugo ata o seu asasinato en 1403. Este bispo estivo en conflito constante cos seus vasalos, tanto cos labregos das parroquias do couto de Lugo que, alomenos entre 1390 e 1401, queixándose dos agravios recibidos, lle negaron o pago de tributos e o cumprimento das debidas prestacións en traballo[25] coma cos cidadáns que rematarían por matalo colectivamente, do que dá testemuña unha sentencia de morte e expropiación dos bens dun nutrido grupo de cidadáns, todos eles en rebeldía, autores do asasinato ou cómplices da conspiración que dá a entender a sentencia[26].

  • As Guerras Irmandiñas

En 1457 a cidade rebélase contra o bispo García Martínez de Baamonde.

  • Doma e castración do Reino de Galiza

Ante a inminente instauración da Irmandade en Galiza, os principais nobres galegos aparcaron momentaneamente as súas diferencias ancestrais e acodiron ao gobernador de Galiza, o conde de Ribadeo, para advertirlle d perigo e transmitirlle unha proposta que debería presentar de inmediato na corte: eles garantirían a orde pública do reino se os reis renunciaban a instaurar la Irmandade en Galiza e, de paso, aportarían unha elevada suma de cartos para que os monarcas non tivesen sequera que molestarse en impoñer recadadores. Mentres se resolvía na Corte esta proposta, os cabaleiros reuníronse en Lugo durante o mes de outubro de 1477 para redactar un acordo no que plasmaban todos estes principios.

Lugo na Idade Moderna

Véxase tamén: Idade Moderna de Galicia.

A Idade Moderna comezou en Lugo, e no resto de Galiza, a finais do século XV[27] coa sua inclusión definitiva dentro do proceso de construción do estado absolutista español.

En 1528 é nomeada capital do Reino de Galiza por Carlos I, pero paradoxicamente iniciou unha etapa de longo declive que se prolongou ao longo dos séculos XVI e XVII, á vez que Santiago de Compostela cobraba protagonismo.

De 1568 a 1570, Lugo padeceu unha serie de epidemias que deu lugar ao illamento da poboación, ata darse o caso de ter clausurado casas e rúas.

O 13 de xuño de 1599 creouse o seminario diocesano, que non comezou as súas actividades ata 1624, por problemas economicos. En orixe, cada arciprestazgo tiña dereito a certo número de prazas no seminario, determinado de acordo coa contribución económica do arciprestazgo.

Cara a 1600 Lugo tiña alrededor de 2.000 habitantes, probablemente menos da metade de población ca no Baixo Imperio.

No século XVIII comezou un novo ascenso económico e cultural de Lugo, que ten o seu fito simbólico na concesión de privilexio real por parte de Fernando VI para as feiras de San Froilán no ano 1754.

O bispo Izquierdo, que exerceu entre 1748 e 1762, foi o prelado que promoveu as melloras no abastecemento de auga, inauguradas en 1754, que incluíron a reconstrución do antigo acueduto romano) inauguradas no 1754 e a construción de fontes na cidade (coma a de San Vicente na Praza do Campo)[17]. Ordeou tamén a construción, na Praza de Campo Castelo, dun edificio destinado a servir coma cárcere sobre o antigo castelo medieval e, ademais de afrontar a reforma de varios edificios relixiosos, converteu a poterna do Pexigo nunha vía de entrada e saída da cidade plenamente pública, facilitando a comunicación co camiño de Santiago.

En 1773, baixo o mandato de Carlos III, Lugo queda comunicado por estrada con Madrid e A Coruña por medio do Camiño Real.

A inicios do século XVIII, o Concello, agobiado pola falta de recursos económicos, decidiu aforar os ocos existentes entre os cubos da Muralla por unha renda anual de catro reais cada un, coa finalidade de que os particulares construísen edificios ou fixesen hortas, algo que xa se fixera no século XVI. En 1787 había 52 edificacións, prohibindo o capitán xeral a construción doutras novas.

Século XIX

Ficheiro:Francisco Coello - Mapa de Lugo (mediados do século XIX).jpg
Mapa de Lugo (mediados do século XIX).

No século XIX iniciouse un proceso de recuperación económica e demográfica, impulsado pola gandeiría. Tamén se desenvolveu unha importante actividade industrial paralela a este sector, coma matadeiros e conservación da carne.

A vitoria do mariscal Soult na batalla de Elviña sobre as tropas británicas de Moore, deixou campo libre para a ocupación da Galiza. En dúas semanas rendéronse as cidades máis importantes do país. O mariscal Ney, que acompañaba a Soult, recibe ordes de controlar o norte do país e Asturias, para o que centra o seu campamento en Lugo.

En 1809 os edificios adosados á Muralla foron queimados polos franceses para evitar a fácil escalada da mesma, autorizándose a súa reconstrución en 1819.

En 1809 o xeneral Nicolás Mahy partiu dende o Navia coa súa división, unha das do exército de Galiza, mandada polo marqués de La Romana, composta de 6.000 infantes e 200 xinetes. O 17 de maio a avangarda, capitaneada por Gabriel de Mendizábal atópase en Feira de Castro, a dúas leguas de Lugo, cunha columna enemiga de 1.500 homes, que se viu obrigada a refuxiarse na cidade. Ao día seguinte o gobernador francés saiu coa maior parte das súas forzas e as dispuxo nunha liña, apoiando a súa esquerda na muralla e a dereita nun pinar inmediato. As tropas de Mahy, divididas en dúas columnas, guiadas polos xenerales Mendizábal y Taboada, xunto cos 200 xinetes que mandaba Juan Caro atacaron; quedando unha pequena reserva ás ordes do brigadier Losada, de cuxa forza formaba parte un grupo simulado de cabalería, constituido por certo número de infantes montados nas acémilas. Durante a batalla, ao dar os franceses unha carga de cabalería divisaron aos improvisados xinetes da reserva, e se retiraron desconcertado á infantería e correndo todos precipitadamente a garecerse na cidade, perseguidos polas tropas españolas con tal ardor, que varios catalanes de tropas lixeiras metéronse dentro ao mesmo tiempo que eles, tendo logo que descolgarse polas casas pegadas á muralla coa axuda dos veciños. Os franceses tiveron perdas de consideración, contándose entre as dos españoles as de varios oficiais distinguidos, coma o tenente coronel de León José García Olloqui e o comandante de enxeñeiros Pedro González Dávila. A pesar do descalabro, Fournier rexeitou a intimación de Mahy, polo que este formalizou o cerco da praza; mais a aproximación del exército do mariscal Soult, que se retiraba de Portugal, obrigou aos españoles a replegarse a Mondoñedo o 22 de maio, desistindo da empresa.

En 1837 a Praza Maior é reformada polo arquitecto Alejo Andrade.

En 1835 e 1840 tiveron lugar as desamortizacións de Mendizábal e de Espartero, o acontecemento histórico que máis afectará á estrutura das cidades españolas neste século. O Estado asumiu unha serie de edificios e terreos que converteron en obxecto de mercado ou empregaron para fins públicos. A maioría das cidades españolas aproveitaron esta oportunidade para, ao tempo que incrementaban notablemente a súa poboación, destruir ou transformar os seus esquemas medievais.[17]

En abril de 1846 Lugo foi escenario do alzamento do coronel Miguel Solís para derrocar o réxime de Narváez, coñecido coma a Revolución Galega de 1846. A cidade foi sitiada polas tropas do xeneral Concha por espazo de quince días. Con este motivo a xunta revolucionaria derrubou parte das edificacións aldañas á Muralla e causou diversos desperfectos na mesma. O levantamento remataría o 26 de abril co axustizamento dos rebeldes en Carral.

O día de San Froilán de 1875 chega a Lugo o primeiro tren.

En 1883 Lugo é proclamada capital provincial.

Século XX

En 1908 fundouse o que actualmente é o único xornal elaborado na cidade: El Progreso, que no seu momento tivo que competir con outros coma La Voz de la Verdad. No ano 1905 accede á alcaldía Ánxel López Pérez, que dirixiu á cidade durante sete mandatos (até 1930), facendo grandes refornas na cidade, aínda que non exento de polémica.

En 1936 durante a Guerra Civil foron asasinados un gran número de republicanos da cidade, sendo lembrados estes feitos nos poemas de Luís Pimentel.

No 1972 e promovida polo Concello e a Dirección Xeral de Belas Artes, procedeuse á demolición dos 130 edificios e 1.429 pendellos que estaban encostados á muralla polo exterior e impedían a observación do monumento. A obra significou quizás a meirande remodelación do aspecto da cidade dende tempo dos romanos.

O último gran fito da historia da cidade sucedeu no ano 2000, cando a muralla foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

Notas

  1. Historia de Lugo. Felipe Arias Vilas e VV.AA. El Progreso de Lugo S.L.
  2. 2,0 2,1 Un castro revoluciona a historia de Lugo
  3. Galicia pueblo a pueblo. Andrés Procedo Ledo. Xunta de Galicia.
  4. Bartolomé Abraira, Roberto (2008). "Primeiras valoracións da intervención realizada na Agra dos Castros, Marcelle (Lugo)" (PDF). Croa (18): 28–33. ISSN 1575-0639.  Ligazón externa en |revista= (Axuda)
  5. A cidade de Lucus Augusti
  6. Arias Vilas. "Lucus Augusti". Gran Enciclopedia Gallega. vol. 19. pp. 219–221. 
  7. Lucus augusti. Monolito.
  8. Rodríguez Lestegás, Francisco (1992): "Modo de producción e desenvolvemento urbano en Lugo" no Boletín do Museo Provincial de Lugo 5, 91-103
  9. Fernández de la Vega, Celestino. "Lugo II. Ciudad", Gran Enciclopedia Gallega, vol. 19. p. 234. 
  10. Tranoy, Alain (1983). La Galice romaine. Recherches sur le nord-ouest de la péninsule Ibérique dans l'Antiquité. p. 446. 
  11. Continuatio Chronicorum Hyeronymianorum. c. 465-474. p. 199. Per Sueuos, Luco habitantes, in diebus Paschae, Romani aliquanti cum rectore suo honesto natu, repentino, securi de reuerentia dierum, occiduntur incursu.  |first1= sen |last1= in Authors list (Axuda)
  12. Thompson, E. A. (1980). The conversion of the Spanish Suevi to Catholicism. Visigothic Spain: New Approaches (Oxford). 
  13. de la Huerta y Vega, Francisco Xavier (1733). Anales del reyno de Galicia. 
  14. Vives, J. (1963). Concilios visigóticos e hispano-romanos. CSIC (Madrid-Barcelona). p. 519. 
  15. Ahmed ibn Mohammed al-Maqqari (1629). Nafh al-tib min gusn al-Alandalus al ratib. pp. 192–193. 
  16. García Álvarez, Manuel R. (1975). Galicia y los gallegos en la Alta Edad Media. Demografía. I. Pico Sacro (A Coruña). pp. 44–46. 
  17. 17,0 17,1 17,2 Prado Gómez, Antonio; Reboredo Pazos, Julio (2001): "El desarrollo urbano de Lugo en el siglo XIX" en Croa 11, 45-62
  18. Antonio Reigosa, A defensa de Lugo contra Almanzor
  19. Manuel Gago. Na procura dos Lordomani (III): viquingos e aristócratas.
  20. González López, Emilio (1978). Grandeza e decadencia do reino de Galicia. Editorial Galaxia. p. 119. 
  21. Crónica de la provincia de Lugo. 2002.  Parámetro descoñecido |Publicación= ignorado (suxírese |publicación=) (Axuda); |first1= sen |last1= in Authors list (Axuda); Ligazón externa en |title= (Axuda)
  22. Armesto, Victoria (1971). Galicia feudal. Editorial Galaxia. p. 283. .
  23. Castro S. Freire, Salvador. Lugo y sus hombres. Ensayo de síntesis histórica. Imprenta Celta. 
  24. Risco, P. España Sagrada. No arquivo episcopal, no tomo I de pergamiños, encóntrase un instrumento de recoñecemento e satisfacción, dado o 18 de xuño de 1386, no que María Castaña, muller de Martín Cego, Gonzalo Cego e Alfonso Cego, confesan que lle fixeron moitas inxurias á Igrexa de Lugo e que mataron a Francisco Fernández, mordomo do bispo. Para satisfacción destes delitos doaron á catedral tódalas herdades que tiñan no couto de Creisa e obrigáronse a pagar mil marabedís de moeda usual, xurando que non farían dano endexamais, senón que antes axudarían de alí en diante ós recadadores da igrexa e do bispo. 
  25. López Peláez, Antolín (1897). El señorío temporal de los obispos de Lugo, II. A Coruña. pp. 155–183. 
  26. Risco, Manuel (1798). España Sagrada, tomo 41. Madrid. pp. 421–423. 
  27. Non obstante, Pegerto Saavedra sinala un período de tránsito entre a Idade Media e a Idade Moderna en Galiza que abranguería entre 1470 e 1530. Pegerto Saavedra, Da Idade Media á Idade Moderna: As bases do Antigo Rexime Galego en III Xornadas de Historia de Galicia, Ourense, 1986

Véxase tamén

Outros artigos