Wikipedia:Conflito de intereses: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
últimas seccións que pretendo engadir
Toliño (conversa | contribucións)
→‎Editores en conflito de intereses: sigo completando, axuda parcial de en.wp
Liña 70: Liña 70:
==Editores en conflito de intereses==
==Editores en conflito de intereses==
{{Enuso}}
{{Enuso}}
Esta sección contén información importante para aqueles editores que están involucrados nun conflito de intereses.

===Edicións aceptadas===
===Edicións aceptadas===
As únicas edicións que poden realizar os usuarios baixo un conflito de intereses son poucas. Basicamente, redúcense a estas dúas citadas deseguido:
#Eliminar spam e reverter [[Wikipedia:Vandalismo|vandalismos]].
#Corrixir erros gramaticais e ortográficos.

Calquera outra edición fóra das anteriores debe facerse con coidado; o máis recomendable é [[#Solicitudes de modificacións|solicitar que a faga un usuario alleo]] ao conflito de intereses.


;Fotografías e outros ficheiros multimedia
;Fotografías e outros ficheiros multimedia
Liña 77: Liña 84:


===Solicitudes de modificacións===
===Solicitudes de modificacións===
Aqueles editores cun conflito de intereses que queiran suxerir grandes cambios nos artigos deben facer uso da [[Wikipedia:Páxina de conversa|páxina de conversa]] asociada ao mesmo. Ao facer esta solicitude, a mellor opción é [[#Declaración dos intereses|declarar os intereses]] para evitar malentendidos e para facer ver á comunidade que [[Wikipedia:Asuma a boa fe|actúa de boa fe]]. Outro editor realizará o cambio no seu nome, se fose pertinente.


===Consecuencias de ignorar esta norma===
===Consecuencias de ignorar esta norma===
:{| style="border:black solid 1px" width="90%"
| style="background-color:#c8ffc8" | <center>'''Política da Wikipedia sobre as consecuencias involuntarias'''</center><br />Se escribe na Wikipedia sobre calquera cousa, unha vez gardada a edición, non posúe dereito ningún para controlar as modificacións futuras ou para borrar estes contidos fóra das [[Wikipedia:Votacións para borrar|canles habituais]]. Os contidos '''engádense de xeito irrevogable''' con cada edición e unha vez rexistrados non se poden borrar unicamente porque o autor non queira que continúen dispoñibles. Calquera editor ten o dereito de engadir ou retirar material dentro dos termos das nosas políticas de contido. Se incumpre as nosas políticas de edición ou entra en [[Wikipedia:Guerra de edicións|guerras de edición]] nun intento de conseguir a versión que desexa, o máis probable é que acabe por [[Wikipedia:Bloqueo|non poder editar]].
|}


;Bloqueos
;Bloqueos
As contas de usuario que semellen, segundo o seu historial de edicións, creadas para o único propósito de promocionar (persoas, compañías, produtos, servizos, organizacións ou páxinas web) deben recibir un aviso citando esta norma. Se continuase o patrón de edicións despois do aviso, a conta pode acabar [[Wikipedia:Bloqueo|bloqueada]].


[[ar:ويكيبيديا:تعارض المصالح]]
[[ar:ويكيبيديا:تعارض المصالح]]

Revisión como estaba o 8 de marzo de 2012 ás 15:10

Esta é unha política que trata os conflitos de intereses por parte dos editores; poida que estiveses a buscar Wikipedia:Conflito de edición.
Atallo:
WP:CONFLITO

Na Wikipedia, un conflito de intereses é unha incompatibilidade entre o obxectivo da Wikipedia, que é producir unha enciclopedia imparcial baseada en fontes verificables, e os obxectivos particulares ou as intencións dun editor. Editar baixo un conflito de intereses significa colaborar na Wikipedia co fin de promocionar os intereses propios ou doutros individuos, compañías ou grupos. Antepor os intereses externos ao propósito da Wikipedia é incorrer nun conflito de intereses.

Editar baixo un conflito de intereses está, polo tanto, prohibido. Este tipo de edicións a miúdo violan políticas como o punto de vista neutral, o que a Wikipedia non é e o cumprimento dos dereitos de autor, e dar como resultado un bloqueo da conta implicada.

Que é un conflito de intereses?

A Wikipedia é unha enciclopedia, non o editorial dun xornal ou un foro para dar publicidade e promocionar unha persoa ou as ideas que este individuo teña. Como tal, unicamente debe conter material que estea de acordo coas súas políticas de contido. Deste xeito, os editores deben antepor os intereses da enciclopedia a calquera outro externo. Calquera usuario que faga primar os intereses que teña fóra da enciclopedia pode ser susceptible de incorrer nun conflito de intereses.

Con todo, non hai un criterio estrito que determine se existe ou non un conflito de intereses; se cada, si que hai algúns sinais de aviso. A adición de contidos que semelle promocionar os intereses ou a visibilidade do autor dun artigo, membros da familia do autor ou calquera empregado ou socio que teña, así como o seu negocio ou intereses persoais, sitúa ao editor nun conflito de intereses. Cando os editores escriben para promocionar os seus propios intereses, as súas contribucións amosan a miúdo unha falta de conexión co que un lector desinteresado querería consultar como referencia nunha enciclopedia. En caso de que alguén escriba un artigo sobre un tema no que estea involucrado persoalmente, cómpre que teña en conta aterse ao ton neutral e citar fontes publicadas acreditadas e independentes, e asegurarse de non esquecer aspectos importantes que deixen eivas no texto.

En caso de que un usuario suxira que alguén está a incorrer nun conflito de intereses, o mellor é acougar e tomalo con calma. Serío bo reflexionar e revisar detidamente os escritos. Logo disto, pódese iniciar unha conversa cordial tanto co usuario que sinalou esta posible irregularidade como coa comunidade, para tratar así de enmendar aqueles posibles problemas que teñan os textos.

Exemplos

A continuación detállanse algúns casos que entran na categoría de conflitos de intereses. A lista non pretende ser exhaustiva e, por tanto, non representar a totalidade de posibilidades que poden levar a determinar a existencia deste problema.

Autobiografías

Na Wikipedia está completamente desaconsellado crear a autobiografía, escribir sobre un mesmo ou editar nun artigo sobre si mesmo. Tamén está mal visto que engada ligazóns para si noutros artigos. Teña en conta que a Wikipedia non é o lugar apropiado para publicar o seu currículo; se quere pode colaborar editando sobre outros temas nos que non estea implicado. Cómpre tamén salientar que se o artigo chega á Wikipedia en galego a través dunha tradución da entrada na Wikipedia noutra lingua tamén se considera un conflito de intereses se foi creado nas mesmas condicións.

Aínda que vostede cree a súa biografía de boa fe ou por descoñecemento das regras do wiki, as edicións dese tipo serán percibidas pola comunidade como autopromoción, vangloria ou un xeito de querer influír no propio artigo. O descrito é un conflito de intereses, por favor, evite pórse nesas circunstancias. Se é merecente de aparecer nesta enciclopedia xa haberá algún colaborador con historial de edicións neste proxecto que cree a entrada sobre vostede. No caso de que o artigo exista e atope inexactitudes ou queira facer matizacións pode recorrer á páxina de conversa do artigo, aí pode editar sen as restricións aplicables á páxina da súa biografía. Para expor calquera dúbida pode facer uso do espazo de debate da Galipedia.

Pola contra, cargar imaxes, sons ou ficheiros multimedia sobre un mesmo das que dispón dos dereitos de autor non constitúe un conflito de intereses, está aceptado, ademais agradecémoslle que o faga.

Citas propias

Editar artigos sobre aqueles temas nos que un teña experiencia académica ou profesional non constitúe un conflito de intereses en si. Ademais de ser unha práctica habitual entre os usuarios, serve para constatar a fiabilidade do texto. Non é recomendable citar fontes e materiais propios, malia que sexan relevantes. A mellor práctica é falar coa comunidade para que outra persoa inclúa eses datos e así evitar unha excesiva promoción ou énfase do traballo propio.

Compensación económica

Tampouco é conveniente facer edicións se logo se agarda unha retribución polo labor de editar a Wikipedia como representante de calquera organización. A mellor opción é comunicar abertamente a situación na conversa do artigo e permitir que os demais usuarios axuden a atopar a solución.

Amizades

Calquera situación na que haxa unha forte relación pode desencadear unha situación de conflito de intereses, xa sexa persoal, relixioso, político, académico, financeiro ou legal. Isto non está determinado pola área do saber, senón polo desenvolvemento dunha relación que produce un alto nivel de involucración persoal e que non permite desligarse dunha persoa, tema, idea, tradición ou organización.

Estar próximo a un tema non significa que un sexa incapaz de ser neutral, pero pode inclinar a persoa cara a deixar eivas no texto. Novamente, o resto de editores son unha fonte de consellos. Non obstante, e como ocorre moitas veces, a definición de "próximo" neste contexto está rexida polo sentido común. Por regra xeral, canta máis implicación se teña nun determinado tema, máis coidado se debe ter ao escribir sobre el.

Como evitar os conflitos de intereses

A Wikipedia é "a enciclopedia que calquera pode editar", pero se está involucrado nun conflito de intereses, aquí hai algúns consellos para reducir os problemas ao mínimo:

  1. Evite editar ou teña moita precaución ao editar artigos sobre vostede ou a súa organización, así como proxectos e produtos relacionados.
    Por que recomendamos isto? Cando a xente está próxima a un tema, a súa visión del a miúdo está distorsionada, mesmo facéndoo coa mellor vontade do mundo. A proximidade provoca ver o asunto desde unha perspectiva que non tería unha fonte independente e veraz. A Wikipedia debe reflectir as vistas das fontes, e non as que teñan os seus editores.
  2. Evite defender o borrado de artigos ou contidos relacionados con competidores seus nas votacións para borrar.
    Por que recomendamos isto? Animamos a que a xente identifique fontes válidas para construír un artigo, mesmo se é dunha compañía propia. As persoas próximas a un tema habitualmente coñecen máis referencias útiles para o tema que outros alleos a el. Non obstante, ir na contra daqueles artigos sobre competidores non é unha práctica tolerada, especialmente se non se revelou esta implicación directa.
  3. Evite ligar cara ao artigo da Wikipedia, a súa páxina de usuario ou a páxina web da súa organización desde outros artigos.
    Por que recomendamos isto? A Wikipedia medra cando a xente conecta os artigos e achega ligazóns cara a recursos externos. Con todo, a Wikipedia tamén debe impedir comportamentos promocionais inapropiados e o spam disfrazado en forma de citas. A xente implicada no asunto é propensa a considerar estas ligazóns máis importantes do que realmente son.
  4. Evite incumprir as políticas e normas sobre contidos; en especial, aquelas relacionadas co punto de vista neutral, a verificabilidade e as autobiografías.
    Por que recomendamos isto? Aterse ás políticas de contido é obrigatorio para todos os usuarios, non só para aqueles cunha conexión co tema. Porén, a xente cunha relación directa cun asunto ten máis posibilidades de incumprir estas políticas.
O mellor consello
A aqueles que sintan a necesidade de realizar unha edición controvertida, malia incorrer nun conflito de intereses, recoméndaselles ferventemente que fagan uso da páxina de conversa do artigo ou da Taberna da Galipedia para tratar de chegar a un consenso con outros editores da enciclopedia.

Espazo de usuario para publicar autobiografías curtas

Aqueles usuarios cunha conta rexistrada poden empregar a súa páxina de usuario para publicar pequenas autobiografías dentro duns límites razoables e dun xeito que sexa compatible co propósito de traballar na enciclopedia. Se quere escribir sobre vostede sen traballar na enciclopedia considere elaborar unha páxina web ou un blogue persoal. A Wikipedia non é un servizo de aloxamento web gratuíto.

Como actuar ante un conflito de intereses

As situacións de posibles conflitos de intereses deben abordarse con moito tino e lembrar asumir boa fe por parte de todos os colaboradores. Non obstante, un punto importante a destacar é que en caso de demostrar o conflito de intereses o resultado adoita ser a eliminación inmediata dos contidos.

En primeiro lugar, cómpre ter en mente que moitos usuarios sen experiencia poden incorrer neste problema por descoñecemento. O primeiro paso é falar co editor para intentar aclarar o caso. Sería bo explicar o que é un conflito de intereses e os problemas que causa. Durante o proceso de conversa pódense marcar os contidos co fin de alertar aos lectores.

Se a conversa non fose suficiente, é posible abrir un debate no Taboleiro dos administradores para intentar reducir os problemas ao mínimo e consensuar coa comunidade as accións que se deben levar a cabo. A identificación dun conflito de intereses necesita unha argumentación que apoie este suposto se a primeira conversa co usuario non foi satisfactoria.

Como en calquera conversa, máis se cadra nestas, deben imperar as normas de conduta: os participantes deben comportarse civicamente e non facer ataques persoais.

Editores en conflito de intereses

Esta sección contén información importante para aqueles editores que están involucrados nun conflito de intereses.

Edicións aceptadas

As únicas edicións que poden realizar os usuarios baixo un conflito de intereses son poucas. Basicamente, redúcense a estas dúas citadas deseguido:

  1. Eliminar spam e reverter vandalismos.
  2. Corrixir erros gramaticais e ortográficos.

Calquera outra edición fóra das anteriores debe facerse con coidado; o máis recomendable é solicitar que a faga un usuario alleo ao conflito de intereses.

Fotografías e outros ficheiros multimedia

Declaración dos intereses

Solicitudes de modificacións

Aqueles editores cun conflito de intereses que queiran suxerir grandes cambios nos artigos deben facer uso da páxina de conversa asociada ao mesmo. Ao facer esta solicitude, a mellor opción é declarar os intereses para evitar malentendidos e para facer ver á comunidade que actúa de boa fe. Outro editor realizará o cambio no seu nome, se fose pertinente.

Consecuencias de ignorar esta norma

Política da Wikipedia sobre as consecuencias involuntarias

Se escribe na Wikipedia sobre calquera cousa, unha vez gardada a edición, non posúe dereito ningún para controlar as modificacións futuras ou para borrar estes contidos fóra das canles habituais. Os contidos engádense de xeito irrevogable con cada edición e unha vez rexistrados non se poden borrar unicamente porque o autor non queira que continúen dispoñibles. Calquera editor ten o dereito de engadir ou retirar material dentro dos termos das nosas políticas de contido. Se incumpre as nosas políticas de edición ou entra en guerras de edición nun intento de conseguir a versión que desexa, o máis probable é que acabe por non poder editar.
Bloqueos

As contas de usuario que semellen, segundo o seu historial de edicións, creadas para o único propósito de promocionar (persoas, compañías, produtos, servizos, organizacións ou páxinas web) deben recibir un aviso citando esta norma. Se continuase o patrón de edicións despois do aviso, a conta pode acabar bloqueada.