Auguste e Louis Lumière: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: hu:Auguste és Louis Lumière
Liña 42: Liña 42:
[[he:האחים לומייר]]
[[he:האחים לומייר]]
[[hr:Braća Lumière]]
[[hr:Braća Lumière]]
[[hu:Auguste és Louis Lumière]]
[[id:Lumière Bersaudara]]
[[id:Lumière Bersaudara]]
[[it:Auguste e Louis Lumière]]
[[it:Auguste e Louis Lumière]]

Revisión como estaba o 7 de marzo de 2012 ás 21:16

Auguste e Louis Lumière

Os irmáns Lumière, Auguste Marie Louis Nicholas Lumière, nado o 19 de outubro de 1862 e finado o 10 de abril de 1954) e Louis Jean Lumière, nado o 5 de outubro de 1864 e finado o 6 de xuño de 1948, naceron en Besançon e foron dous franceses inventores da cámara e proxector que denominaron cinematógrafo, cinématographe en francés (do grego kinema, movemento e graphein, escribir). Están considerados, por moitos, como os pais do cinema.

Traxectoria

Eran fillos do fotógrafo Antoine Lumière, dono da empresa de material fotográfico Société Antoine Lumière et fils de Lyon. Foron os creadores do proxector cinematográfico, a partir do cal se desenvolveu a Sétima Arte. Louis viría máis tarde a dedicar por completo a súa vida ao cinema, realizando documentais curtos, e Auguste, máis tarde, seguiu a carreira na medicina. Casaron con dúas irmás e moraban todos na mesma mansión.

O primeiro espectáculo pago dos Irmáns Lumière ocorreu en París o 28 de decembro de 1895, no Grand Café, no Boulevard des Capucines. Fixeron unha digresión co cinematógrafo, en 1896, visitando Mumbai, Londres e Nova York. As imaxes en movemento rapidamente tiveron unha forte influencia na cultura popular, con L'Arrivée d'un train en gare de la Ciotat (en galego: Chegada dun tren) e cos filmes de actualidades, moitas veces citados como os primeiros documentais - aínda que o tema sexa algo polémico - tal como La Sortie des ouvriers de l'usine Lumière (traducido Saída dos operarios das Fábricas Lumière) ou Le Déjeuner de Bébé (O almorzo do bebé), incluíndo algunhas das primeiras tentativas cómicas coma o humor de slapstick de L'Arroseur Arrosé (O regador regado).

Os operadores Alexandre Promio, Felix Mesguich, Francis Doublier e Gabriel Veyre, entre outros, foron adestrados polos irmáns Lumière no manexo do cinematógrafo. Estes operadores viaxaron entre 1896 e 1898 por diversos lugares do mundo filmando breves películas documentais e amosando o novo invento. Grazas ao traballo de todos eles o catálogo de filmes Lumière acadou case os mil títulos.

Cando a compañía logrou establecer un mercado para o seu cinematógrafo abandonou a produción de películas e dedicouse a desenvolver outras innovacións coma o cinema estereoscópico ou a pantalla cinematográfica xigante que se empregou na Exposición de París de 1900.

Aínda que os operadores Lumière volveron rodar filmes entre 1899 e 1901 so con fins publicitarios a compañía non amosou ningún interese na exhibición comercial de películas e cara o 1905 abandonou definitivamente a produción de filmes.

Véxase tamén

Ligazóns externas