Edward Zwick: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
arranxiños
m Bot: Cambio Categoría:Directores de cine de Estados Unidos por Categoría:Directores de cine dos Estados Unidos de América
Liña 75: Liña 75:


[[Categoría:Produtores de cine]]
[[Categoría:Produtores de cine]]
[[Categoría:Directores de cine de Estados Unidos]]
[[Categoría:Directores de cine dos Estados Unidos de América]]


[[bn:এডওয়ার্ড জুইক]]
[[be-x-old:Эдвард Цьвік]]
[[be-x-old:Эдвард Цьвік]]
[[bn:এডওয়ার্ড জুইক]]
[[ca:Edward Zwick]]
[[ca:Edward Zwick]]
[[cy:Edward Zwick]]
[[cy:Edward Zwick]]
Liña 85: Liña 85:
[[en:Edward Zwick]]
[[en:Edward Zwick]]
[[es:Edward Zwick]]
[[es:Edward Zwick]]
[[fi:Edward Zwick]]
[[fr:Edward Zwick]]
[[fr:Edward Zwick]]
[[it:Edward Zwick]]
[[hu:Edward Zwick]]
[[hu:Edward Zwick]]
[[it:Edward Zwick]]
[[ja:エドワード・ズウィック]]
[[ja:エドワード・ズウィック]]
[[pl:Edward Zwick]]
[[pl:Edward Zwick]]
[[pt:Edward Zwick]]
[[pt:Edward Zwick]]
[[ru:Цвик, Эдвард]]
[[ru:Цвик, Эдвард]]
[[fi:Edward Zwick]]
[[sv:Edward Zwick]]
[[sv:Edward Zwick]]
[[tr:Edward Zwick]]
[[tr:Edward Zwick]]

Revisión como estaba o 7 de marzo de 2012 ás 17:42

Edward Zwick
Edward Zwick no 2008
Nome completoEdward M. Zwick
Nacemento8 de outubro de 1952
LugarChicago, Illinois, Estados Unidos de América Estados Unidos
NacionalidadeEstados Unidos de América
Educado enUniversidade Harvard, AFI Conservatory e New Trier High School
Cónxuxe(s)Lynn Liberty Godshall
(1982-presente)
ProfesiónDirector de cine, produtor de cine e guionista
(1983-presente)
Na rede
IMDB: nm0001880 Allocine: 12629 Allmovie: p118079 TCM: 213141
Musicbrainz: 9ec92e02-8aa3-4dc4-9146-5f063ebd5058 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Edward Zwick nado o 8 de outubro de 1952 é un director e produtor de cinema estadounidense recoñecido polos seus filmes de temática bélica. Foi descrito como un retorno "a unha época anterior, un director moi cerebral, cuxos filmes sempre contan con personaxes totalmente redondeadas, cuestións morais difíciles e temas que se desenvolven na ambigüidade da autoridade". Traballou nunha gran cantidade de filmes para a televisión e para o cinema, sendo nomeado dúas veces nos Globos de Ouro. Como produtor conseguirá o seu maior éxito co filme Shakespeare in Love, que será galardoada co Oscar ó mellor filme no ano 1999

Traxectoria

Zwick naceu en Chicago, Illinois. É fillo de Ruth Ellen (nada Reich) e Allen Zwick. Traballou de aprendiz no Festival da Academia de Lake Forest. Posteriormente graduouse na Universidade de Harvard e recibiu a bolsa Rockefeller Fellowship para estudar en Europa.

Nos anos setenta acudiu American Film Institute e en 1976 roda a curtametraxe Timothy and the Angel que gañou o primeiro premio no certame de estudantes no Festival de Chicago. Isto levouno a escribir e dirixir algúns episodios da serie Family.

En 1980 recibe o seu primeiro nomeamente ó Emmy polo seu traballo de produtor na serie Family. Tres anos máis tarde dirixe, produce e co-escribe o telefilme Special Bulletin, polo cal obtivo dous Premios Emmy e un nomeamento como mellor director.

En 1986 debuta no cinema con About Last Night..., un filme romántico con Demi Moore e Rob Lowe. En 1989 fai un dos seus traballos máis reputados, Glory, pola cal recibe un nomeamento ós Globos de Ouro ó mellor director. Glory é un filme ambientado na Guerra Civil Estadounidense e conta coa colaboración de Denzel Washington, que conseguiu un Oscar como mellor actor de reparto. Edward Zwick tamén contou con Denzel Washington no filme Courage Under Fire (1996) e no thriller de acción The Siege (1998).

En 1994 produce e dirixe a súa outra obra mestra Legends of the Fall (a anterior foi Glory) xunto a actores do talle de Brad Pitt, Anthony Hopkins, Aidan Quinn, Julia Ormond E Henry Thomas. Por este filme conseguiu a seu segundo nomeamento ós Globos de Ouro como mellor director.

Zwick admitiu ser un admirador da cultura xaponesa e por iso dirixiu The Last Samurai no 2003 coa presenza de Tom Cruise, Ken Watanabe e Billy Connolly. O filme está ambientado nunha historia de aventuras no Xapón do século XIX na que destacan os valores da honra, o valor, o deber e a amizade.

No 2007 dirixe e produce Blood Diamond, un filme de drama e aventura con Leonardo DiCaprio, Jennifer Connelly e Djimon Gaston Hounsou, que trata sobre a trama dos diamantes de sangue que serven para sufragar os gastos das guerras africanas. O filme foi nomeado a cinco premios da Academia.

Filmografía

Véxase tamén

Ligazóns externas