Conversa:Lleida: Diferenzas entre revisións

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "==Dise Lleida en galego?== Estades seguros de que o nome desta localidade é correcto en galego? Non sei se hai na Galipedia algunha norma xa con respecto a isto, pero considero ..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 7 de marzo de 2012 ás 15:17

Dise Lleida en galego?

Estades seguros de que o nome desta localidade é correcto en galego? Non sei se hai na Galipedia algunha norma xa con respecto a isto, pero considero lóxico que utilicemos en galego o noso propio léxico, independentemente de cal sexa alí o seu topónimo oficial. Os topónimos adaptados pertencen ao léxico do noso idioma. É bastante rechamante ver unha palabra que comece por elle no noso galego. Ata onde eu sei o galego non palataliza o ele latino en posición inicial. Como podemos, entón, ter unha palabra coma Lleida? Por poñer un paralelismo, o nome que recibe esta cidade na pt.wiki é Lérida. Non sería esta a versión máis correcta? Os cataláns non teñen ningún tipo de pudor en utilizaren La Corunya na súa Wikipedia. Rechamante tamén é o xentilicio: lleidatà? Iso non é unha palabra galega. Non sei que opinaredes, pero eu propoño cambialo por Lérida. É só unha suxestión :) --Cabaleiro de Espadas (conversa) 15:17, 7 de marzo de 2012 (UTC)