Agosto: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
JAnDbot (conversa | contribucións)
m r2.5.2) (Bot: Engado: vep:Eloku
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (Bot: Modifico: nah:Ic chicuēyi mētztli
Liña 141: Liña 141:
[[my:ဩဂုတ်]]
[[my:ဩဂုတ်]]
[[myv:Умарьков]]
[[myv:Умарьков]]
[[nah:Tlachicuēiti]]
[[nah:Ic chicuēyi mētztli]]
[[nap:Aùsto]]
[[nap:Aùsto]]
[[nds:August]]
[[nds:August]]

Revisión como estaba o 7 de marzo de 2012 ás 10:14

<< Agosto >>
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31
2024
Todos os días
Agosto ilustrado no libro de horas Les Très Riches Heures du Duc de Berry, manuscrito do secúlo XV.

Agosto é o oitavo mes do ano no Calendario Gregoriano e ten 31 días. Foi nomeado na honra do emperador romano Octavio Augusto (Octavianus Augustus). Anteriormente o mes tiña o nome de Sextilis, pois era o sexto mes do ano romano que empezaba en marzo, mais foi renomeado por ser o mes no que morreu Cleopatra.

En Galicia recibe tamén o nome de mes da Nosa Señora, por celebrarse o día 15 o día de Santa María.

Acontecementos

Ver tamén: xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro, decembro.

Agosto na cultura popular

A lúa crecente de agosto é a mellor para que aproveiten os baños a un enfermo.

Santa Clara -11 de agosto- é avogosa para o bo tempo. Por iso, para asegura-lo sol no día da voda é costume levar ovos a Santa Clara. Tamén se lle pide que interceda para conseguir boas notas nos exames.

Véxase tamén

Bibliografía

  • RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano. Galaxia, Vigo 1958-1961.
  • RODRÍGUEZ LÓPEZ, Jesús: Supersticiones de Galicia y preocupaciones vulgares. Ed. Celta, Lugo 1974.