Meiga: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Baldung Hexen 1508 kol.JPG|thumb|[[Hand Baldung Grien]]: Meigas]]
[[Ficheiro:Baldung Hexen 1508 kol.JPG|thumb|[[Hand Baldung Grien]]: Meigas]]
Segundo a [[tradición]] popular, unha '''meiga''' é a muller con coñecementos de maxia e artes ocultas, ademais de [[menciñeira]] . Entre as súas cualidades figuran a capacidade para facer feitizos, males de ollo e adiviñación.
Segundo a [[tradición]] popular, unha '''meiga''' é a muller con coñecementos de maxia e artes ocultas, ademais de [[menciñeira]] . Entre as súas cualidades figuran a capacidade para facer feitizos,e meigallos males de ollo e adiviñación.


==Etimoloxía==
==Etimoloxía==

Revisión como estaba o 6 de marzo de 2012 ás 17:38

Hand Baldung Grien: Meigas

Segundo a tradición popular, unha meiga é a muller con coñecementos de maxia e artes ocultas, ademais de menciñeira . Entre as súas cualidades figuran a capacidade para facer feitizos,e meigallos males de ollo e adiviñación.

Etimoloxía

Existen varias teses sobre a sua etimoloxía: A mais común deriva o termo actual do latín medica. Para outros autores o termo é homónimo de maga, que procedería do persa antiguo maguš -sabio- por mediación do griego μάγος e finalmente do latín magus, do que sería o seu feminino, ou da mesma raiz persa maguš via latín (mag-ister),mestre, polo que as meigas sería as poseedoras e transmisoras da sabiduría popular feito polo que serían perseguidas na época cristiana cando a Eigrexa loitaba por monopolizar o coñecemento.

Tradición

A figura da meiga está moi arraigada na tradición popular, e diferénciase da bruxa en que esta actúa sempre con maldade, podendo tratar e mesmo pactar cos demos. A figura da bruxa correspóndese en gran medida co arquetipo clásico da bruxa vestida de negro, con sombreiro cónico e a súa vasoira, namentres que a figura da meiga achégase moito máis a unha muller de aldea, con certa idade, mais con maior heteroxeneidade no demais.

A meiga rivaliza en popularidade coa propia Santa Compaña, e achégase bastante á figura da curandeira dos druídas. Expresión típica pola que se recoñece a cultura galega en gran parte de España é aquela de eu non creo nas meigas, mais habelas hainas.

Tipos de meigas

Dise que hai un gran número delas, cada unha con diferentes poderes:

  • Meigas-chuchonas: Son as máis perigosas, e preséntanse con distintas caras ou caretas, chuchan o sangue aos nenos e róubanlles os untos para seren empregados na confeccion de pomadas.
  • Asumcordas ou bruxas da rúa: Espreitan á xente e vixián quen entra e sae da casa.
  • Marimanta: É a meiga do saco, rouba raparigos e fainos desaparecer.
  • Feiticeira: Viven preto dos ríos e regatos, aínda que anciá, o seu aspecto non repele, posúe unha voz moi fermosa que hipnotiza aos mozos que se achegan ao río e fai que se vaian metendo no río, onde ao fin afogan.
  • Lavandeira: Esta meiga sorprende ao camiñante pola noite mentres lava a roupa, invitando a este a que colabore. Esta persoa ha de facelo pois pola contra estará exposta a serias desgrazas. O seu aspecto é totalmente común, é como calquera outra anciá diferenciándose porque as pezas que lavan están manchadas de sangue, a consecuencia, segundo dise, dun mal parto. Dise que a lavandera non pertence ao reino dos vivos e o xeito de liberarse dela é pasar de longo sen dirixirlle palabra algunha.
  • Lobismuller: Teñen que nacer en Noiteboa ou Venres Santo, ou ben ser a sétima ou novena filla dunha familia no que tódolos fillos son mulleres.
  • Vedoira: É esvelta e agradable no trato. Posúe facultades adivinatorias, e son expertas en contactar co alén para dicir se alguén falecido está gozando eternamente no ceo ou se aínda penan no Purgatorio.
  • Cartuxeira: Son meigas que botan as cartas e sempre acertan nos seus vaticinios.
  • Agoreira: Estas meigas avellentan prematuramente, pero viven moitos anos.
  • Dama de castro: Estas meigas viven baixo castros milenarios ou baixo terra nun castelo de cristal, levan sempre un longo vestido branco de cola e sempre atenden a solicitudes da xente. Xa que goza de benestar e fortuna ningún tipo de favor serven para recibir dela consellos ou agasallos; ao contrario adoita aparecerse a persoas aflixidas por algunha situación difícil da súa vida, e a esas persoas de condición humilde outorga os seus favores.
  • Xacios: Os xacios son seres mitolóxicos coa metade inferior dun peixe e a metade superior humana, masculina ou, sobre todo, feminina. Encántalles a auga e habitan nas pozas dos ríos.