Faia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (Bot: Engado: co:Faiu
Liña 20: Liña 20:


==== Península Ibérica ====
==== Península Ibérica ====
É infrecuente fóra da [[Cordilleira Cantábrica]] ou os [[Pireneos]].
En España é infrecuente fóra da [[Cordilleira Cantábrica]] ou os [[Pireneos]]. Hai faias, con todo, nas ladeiras do [[Moncayo]], no parque natural dos [[Portos de Tortosa-Beceite]] ([[Provincia de Tarragona|Tarragona]]), sendo o faial máis meridional de España, e nalgúns bosques do Sistema Central, en [[Faial de Tejera Negra|Tejera Negra]] ([[provincia de Guadalaxara|Guadalaxara]]), [[Faial da Pedrosa|a Pedrosa]] ([[Segovia]]) ou en [[Faial de Montejo|Montejo de la Sierra]] ([[Comunidade de Madrid|Madrid]]). En [[Ciñera de Gordón]] ([[León]]) atópase un dos faiais mellor conservados. Tamén é frecuente nas montañas do País Vasco e o [[Val do Rudrón]] ([[Burgos]]). O límite occidental da súa distribución está nas montañas orientais da comunidade galega e o límite occidental costeiro atópase no concello de [[Valdés]] ([[Asturias]]). Nesta última comunidade destaca o maior faial da comunidade, o de Mosteiro de Hermo en [[Cangas del Narcea]] a moi poucos quilómetros da maior [[carballeira]] de Europa, a de [[Muniellos]].
En [[Galicia]] atopan o seu límite occidental de distribución nas serras orientais luguesas. Por iso e por estar en contacto con [[carballeira]]s e bosques de [[cerquiño]]s non teñen as típicas características dos faiais.
Hai faias nas ladeiras do [[Moncayo]], no parque natural dos [[Portos de Tortosa-Beceite]] ([[Provincia de Tarragona|Tarragona]]), sendo o faial máis meridional de España, e nalgúns bosques do Sistema Central, en [[Faial de Tejera Negra|Tejera Negra]] ([[provincia de Guadalaxara|Guadalaxara]]), [[Faial da Pedrosa|a Pedrosa]] ([[Segovia]]) ou en [[Faial de Montejo|Montejo de la Sierra]] ([[Comunidade de Madrid|Madrid]]). En [[Ciñera de Gordón]] ([[León]]) atópase un dos faiais mellor conservados. Tamén é frecuente nas montañas do País Vasco e o [[Val do Rudrón]] ([[Burgos]]). O límite occidental da súa distribución está nas montañas orientais da comunidade galega e o límite occidental costeiro atópase no concello de [[Valdés]] ([[Asturias]]). Nesta última comunidade destaca o maior faial da comunidade, o de Mosteiro de Hermo en [[Cangas del Narcea]] a moi poucos quilómetros da maior [[carballeira]] de Europa, a de [[Muniellos]].


== Notas ==
== Notas ==

Revisión como estaba o 6 de marzo de 2012 ás 12:47

Faia
Estado de conservación
[[Ficheiro:Status_iucn3.1_{{{ESTADO}}}_gl.svg|250px|]]
{{{ESTADO_NOME}}}
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Fagales
Familia: Fagaceae
Xénero: Fagus
Nome científico
Fagus sylvatica
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos


A faia (Fagus sylvatica) é unha árbore caducifolia da familia das fagáceas de porte robusto e gran talla, que alcanza os 35 ou 40 m, cun tronco recto que o fai moi valioso, e unha copa ovalada no seu terzo superior. Se a árbore crece illada (non en espesura) cambia radicalmente, ábrese moi pronto, sendo algo irregular, ramificándose desde abaixo e variando moito a copa.

Conserva a cortiza practicamente lisa durante toda a súa vida, dun gris cincento ou esbrancuxado. As follas son simples, alternas nos talos novos, nos adultos saen en fascículos sobre pequenos braquiblastos, e caedizas. Son de pecíolo curto, e o limbo é de forma ovalada, co bordo ondulado, en principio algo festonado e prolongándose nunha lanuxe sedosa moi característica. Teñen os nervios laterais ben marcados e paralelos (penninervia), son dunha cor verde moi viva polo feixe volvéndose máis escuras na madurez, e dispóñense sempre en posición moi horizontal, captando a maior cantidade de luz posible. Iso fai que os seus bosques teñan un aspecto un tanto sombrío, case propio de conto de fadas, non permitindo crecer no chan a apenas ningunha outra planta. Frecuentemente, con todo, crece en bosques mixtos co abeto e outras especies do bosque caducifolio. Ó bosque de faias chámaselle faial.

Hábitat

A faia necesita chans frescos e fértiles, con preferencia dos que teñen bastante cal; con todo logra vivir en chans silíceos. Como ten unha elevada taxa de transpiración, necesita abundantes precipitacións. É unha especie de sombra e por iso prefire situarse nas ladeiras escuras das montañas.

Europa

Unha faia do Parque Natural de Somiedo (Asturias).

En Europa esténdese formando bosques desde Pilio, no centro de Grecia, ou redutos en Sicilia e no centro de España no Sur, até Suecia e Noruega, chegando até Trondheim no norte. En Finlandia coñécense algúns pequenos bosques de faias. Atópase moi estendido no centro de Europa destacando os bosques da Selva Negra (Alemaña), o Bosque de Soignesy en Bélxica, a Selva de Irati en Navarra (España), así como os faiais de Francia onde as faias conforman o 10% do total dos bosques. O reduto máis meridional atópase nas ladeiras do volcán Etna, en Sicilia.

Península Ibérica

É infrecuente fóra da Cordilleira Cantábrica ou os Pireneos. En Galicia atopan o seu límite occidental de distribución nas serras orientais luguesas. Por iso e por estar en contacto con carballeiras e bosques de cerquiños non teñen as típicas características dos faiais. Hai faias nas ladeiras do Moncayo, no parque natural dos Portos de Tortosa-Beceite (Tarragona), sendo o faial máis meridional de España, e nalgúns bosques do Sistema Central, en Tejera Negra (Guadalaxara), a Pedrosa (Segovia) ou en Montejo de la Sierra (Madrid). En Ciñera de Gordón (León) atópase un dos faiais mellor conservados. Tamén é frecuente nas montañas do País Vasco e o Val do Rudrón (Burgos). O límite occidental da súa distribución está nas montañas orientais da comunidade galega e o límite occidental costeiro atópase no concello de Valdés (Asturias). Nesta última comunidade destaca o maior faial da comunidade, o de Mosteiro de Hermo en Cangas del Narcea a moi poucos quilómetros da maior carballeira de Europa, a de Muniellos.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas