Percebe: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
MystBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Modifico: br:Mortepez
MystBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: ko:거북손
Liña 64: Liña 64:
[[fr:Pouce-pied]]
[[fr:Pouce-pied]]
[[ja:カメノテ]]
[[ja:カメノテ]]
[[ko:거북손]]
[[pt:Pollicipes pollicipes]]
[[pt:Pollicipes pollicipes]]

Revisión como estaba o 4 de marzo de 2012 ás 13:32

Percebe
Estado de conservación
[[Ficheiro:Status_iucn3.1_{{{ESTADO}}}_gl.svg|250px|]]
{{{ESTADO_NOME}}}
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Cirripedia
Orde: Pedunculata
Infraorde: Scalpellomorpha
Familia: Scalpelidae
Xénero: Pollicipes
Nome científico
Pollicipes pollicipes, Gmelin 1789
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

O percebe, tamén denominado mixote, é un tipo de artrópodo pertencente á clase dos cirrípedos, subfilo dos crustáceos, estando en consecuencia ligado de lonxe cos cangrexos e as lagostas. Algunhas autoridades académicas consideran os cirrípedos como clase plena e outros autores como unha subclase.

Coñécense na actualidade arredor de 1.220 especies de percebes. A especie Pollicipes pollicipes (antes Pollicipes cornucopiae) é a común nas nosas augas.

Etimoloxía

O nome galego, percebe, remonta ao latín pollicipes, composto de pollex "pulgar" e pes "pé".

Fases vitais

Os percebes viven adheridos ás rochas en zonas moi batidas polo mar e formando grupos. Teñen dúas fase larvarias: a primeira larva denomínase nauplius, que evolúe como parte do plancto, flotando a onde o vento, as ondas, as correntes ou as mareas as leven, tempo durante o cal muda. Esta fase dura sobre dúas semanas, até acadar a fase seguinte. Chegado ese momento, o nauplius metamorfoséase nunha nova larva ciprido, que é máis apta nadando. Os cipridos estabelécense nunha zona onde os signos ambientais denoten un entorno seguro e produtivo. Se non o atopan, as larvas morrerán.

Cando atopan un sitio axeitado, a larva ciprido enraíza ela soa, primeiro a cabeza, na superficie, e de seguido comeza a se metamorfosear nun xove percebe. O corpo está formado por un pedúnculo carnoso (que é a parte que se aproveita para comer) e unha uña da que saen os cirros polos que se alimentan. O percebe típico desenvolve seis armaduras ou capas sucesivas para envolver e protexer o seu corpo. Durante o resto da súa vida, estará soldado ao chan, utilizando os seus tentáculos para capturar o plancto ou os gametos na época da posta. Os percebes, polo xeral, acostuman encontrarse na zona intermareal.

Reprodución

Como moitos outros invertebrados, os percebes son hermafroditas, alternando os roles masculinos e femininos no paso do tempo. O percebe que fai os roles de macho introduce os espermatozoos na cavidade do que fai de femia, que incubará os ovos no seu interior. Cando saen dos ovos pasarán por distinta fases larvarias ata fixarse ás rochas onde seguirán medrando.

Dise que o percebe posúe o pene máis longo en proporción á lonxitude do seu organismo: segundo algunhas fontes alcanza 20 veces a lonxitude do animal. Con todo, nun recente experimento realizado no Aquarium Finisterrae da Coruña conseguiuse gravar por vez primeira a cópula do percebe, observándose que realmente o tamaño do pene en erección se multiplica aproximadamente por un e medio.

Outros

Os perceben poden fixarse a estruturas construídas por humanos, ás veces en prexuízo das tales estruturas. En particular, con respecto aos barcos son considerados como animais prexudiciais[Cómpre referencia].

Con todo, algúns membros deste grupo teñen un modo de vida algo diferente. Por exemplo, os do xénero Sacculina son parasitas dos cangrexos.

O percebe en Galicia

O percebe galego, debido á riqueza nutritiva das augas de Galicia, é máis groso e escuro có de Marrocos e ten a uña máis avermellada e con menos placas có de Canadá facendo toda esta suma que sexa dunha gran calidade. Destaca sobor de todo o percebe do Roncudo, en Corme, e o de Sada pola súa calidade.

Festas gastronómicas

  • Festa do Percebe: Cedeira, 26 de xullo
  • Festa do Percebe: Aguiño, 27 de xullo

Crenzas

En Europa, ata ben entrada a Idade Moderna creuse que algunhas especies de gansos (as do xénero Branta) eran a metamorfose madura dos percebes (chamándose en inglés barnacles tanto a estes cirrípedos como a esas aves); este era un dos modos en que a xente burlaba o xaxún de carnes durante a coresma, dado que segundo o cristianismo durante ese período as únicas carnes que se podían comer eran as de peixes e mariscos, deste xeito as aves chamadas do mesma xeito e ata, nalgunha ocasión, outras similares (ánsar e patos) eran clasificadas como "moluscos" ou "crustáceos". Un dos argumentos para tan curiosa taxonomía era o feito de que os percebes teñen apéndices que recordan a plumas.

Galería de imaxes

Ligazóns externas