Irmáns Coen: Diferenzas entre revisións
m r2.7.2+) (Bot: Modifico: tr:Coen kardeşler |
m r2.7.1) (Bot: Engado: be:Браты Коэн |
||
Liña 58: | Liña 58: | ||
[[ar:الأخوان كوين]] |
[[ar:الأخوان كوين]] |
||
[[be:Браты Коэн]] |
|||
[[bn:কোয়েন ভ্রাতৃদ্বয়]] |
[[bn:কোয়েন ভ্রাতৃদ্বয়]] |
||
[[ca:Joel Coen i Ethan Coen]] |
[[ca:Joel Coen i Ethan Coen]] |
Revisión como estaba o 28 de febreiro de 2012 ás 09:29
Joel Coen naceu o 29 de novembro de 1954 e Ethan Coen o 21 de setembro de 1957. Son denominados os irmáns Coen e son coñecidos por ser dous irmáns directores de cine que traballan habitualmente xuntos, tanto é así que mesmo hai quen os deu en chamar o director bicéfalo. Convertéronse nos maior expoñente do cinema independente norteamericano. Capaces de facer películas que entusiasman os críticos e ao tempo crean grande expectación entre o público.
Infancia
Os irmáns medraron en St.Louis Park (un arrabalde de Minneapolis, Minnesota). Seus pais, Edward e Rena Coen, son ambos profesores: o pai é especialista en economía pola Universidade de Minnesota e a nai en historia da arte pola Universidade Estadual St.Cloud.
Sendo rapaces, Joel economizou diñeiro suficiente podando arbustos de xardín para mercar unha cámara Vivitar Super-8,e xuntos reelaboraron diferentes filmes que viran na televisión cun amigo veciño que facía de estrela en tanto eles dirixían ou facían de secundarios.
Formación
Os dous irmáns Coen estudaron na Simon's Rock Early College (agora Simon's Rock College of Bard) en Great Barrington, Massachusetts. Simon's Rock é indicada para estudantes brillantes que buscan iniciar a súa educación universitaria antes de tempo. Despois de formarse en Simon's Rock, Joel botou catro anos no programa universitario de filmes da Universidade de Nova York onde realizou un filme-tese de 30 minutos chamado Soundings. O filme mostraba unha muller en relacións sexuais co seu namorado xordo, que durante o acto verbalmente fantasiaba estar tendo a relación co mellor amigo do namorado, que estaba ouvindo no cuarto do lado. Despois de tamén se ter formado en Simon's Rock, Ethan entrou na Universidade Princeton e conseguiu un grao en filosofía en 1979. A súa tese foi un ensaio de 41 páxinas intitulado: Two Views of Wittgenstein’s Later Philosophy(Dúas visións da Filosofía Serodia de Wittgenstein).
Despois de se formar en Nova York, Joel trabalhou como asistente de produción nunha variedade de industrias de filmes e vídeos musicais. Desenvolveu un talento especial para a edición de filmes e topou con Sam Raimi, que estaba procurando un asistente de director para o seu primeiro filme, The Evil Dead (1981).
Filmografía
- Sangue fácil (1985) (Título Orixinal Blood Simple)
- Arizona Baby (1987) (Título Orixinal Raising Arizona)
- Morte entre as flores (1990) (Título Orixinal Miller's Crossing)
- Barton Fink (1991) (Título Orixinal Barton Fink)
- The Hudsucker Proxy (1994) (Título Orixinal The Hudsucker Proxy)
- Fargo (1996) (Título Orixinal Fargo)
- The Big Lebowski
- O Brother (2000) (Título Orixinal O Brother, Where Art Thou?)
- O home que nunca estivo alí (2001) (Título Orixinal The Man Who Wasn't There)
- Crueldade intolerable (2003) (Título Orixinal Intolerable Cruelty)
- O quinteto da morte (2004) (Título Orixinal The Ladykillers)
- Non é un país para vellos (2007) (Título Orixinal No Country for Old Men)
- Burn After Reading (2008)
- A Serious Man (2009)
- True Grit (2010)
Premios
Oscares
Año | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2000 | Oscar ao mellor guión adaptado | O Brother, Where Art Thou? | Candidato |
1996 | Oscar á mellor dirección | Fargo | Candidato |
1996 | Oscar ao mellor guión orixinal | Fargo | Ganador |
1996 | Oscar á mellor montaxe | Fargo | Candidato |