Castromao, A Veiga: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
|||
Liña 43: | Liña 43: | ||
==Patrimonio etnográfico== |
==Patrimonio etnográfico== |
||
⚫ | |||
Fontes, lavadeiros, muiños, fornos e incluso forxas, son parte do patrimonio etnográfico relacionado coa forma de vivir das xentes de Castromao. |
Fontes, lavadeiros, muiños, fornos e incluso forxas, son parte do patrimonio etnográfico relacionado coa forma de vivir das xentes de Castromao. |
||
Liña 49: | Liña 51: | ||
As festas celébranse os días 15 e 16 de agosto, na honra dos seus patróns Santa María da Asunción e San Roque. |
As festas celébranse os días 15 e 16 de agosto, na honra dos seus patróns Santa María da Asunción e San Roque. |
||
⚫ | |||
==Lugares e parroquias== |
==Lugares e parroquias== |
Revisión como estaba o 27 de febreiro de 2012 ás 17:02
Castromao | |
---|---|
Concello | A Veiga |
Coordenadas | 42°14′13″N 7°03′26″O / 42.236883333333, -7.0571055555556Coordenadas: 42°14′13″N 7°03′26″O / 42.236883333333, -7.0571055555556 |
Área | - km² |
Poboación | (Ano 2004) 47 hab. |
Densidade | Erro de expresión: Descoñécese a palabra "ano". hab./km² |
Entidades de poboación | 4 |
[ editar datos en Wikidata ] |
[[Categoría:A Veiga poboación {{{ano}}}]]
Santa María de Castromao é unha parroquia que se localiza no concello da Veiga. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 47 habitantes (27 homes e 20 mulleres), distribuídos en 1 entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 65 habitantes.
Xeografía
Ten unha altitude de 895 metros, e atópase ós pés do Alto da Gonza (1.296 metros).
Conta con tres barrios principais: A Eirexa, o Fondo da aldea e a Cima da Aldea. Ademais, están tamén os barrios de O Salgueiral, O Cubo ou O Barrio.
Patrimonio relixioso
A Igrexa de Castromao é unha fermosa mostra da arquitectura popular da zona. O seu retablo é de finais dos século XVI (renacentista), con grandes columnas e un enorme frontón triangular. Destacan nesta igrexa o artesonado, o chan de madeira orixinal e os catro Evanxelistas, representados cos catro símbolos:
San Mateo: Simbolízase cun anxo (ou home con ás), porque o seu evanxeo comeza coa lista dos antepasados de Xesús. San Marcos: Simbolízase cun león, porque o seu evanxeo comeza coa predicación de Bautista no deserto onde había animais salvaxes. San Lucas: Simbolízase cun boi ou touro porque o seu evanxeo comeza coa visión de Zacarías no templo, onde se sacrificaban animais coma bois ou ovellas. San Xoán: Simbolízase cun águia e a mirada dirixida ao sol porque o seu evanxeo comeza coa contemplación de Xesús-Deus.
Estas esculturas son obra de Gregorio Español, escultor dos séculos XVI e XVII, autor de obras como o Coro da Catedral de Santiago de Compostela e introdutor do "manierismo" en Galicia.
Patrimonio histórico
Na parroquia de Castromao había un xacemento defensivo correspondente á Idade de Ferro ou época romana, no paraxe coñecido como O Castro. O castro, situando nun alto cun pequeno recinto superior ou "croa", no que afloran masas rochosas e un antecastro que a rodea. Ambos recintos están separados entre si por un terraplén. No seu conxunto ten unhas dimensións aproximadas de 250 metros de este a oeste por 210 metros de norte a sur. Este asentamento de Castromao está rodeado por un sistema de muralla, aparentemente de terra, completado por un terraplén, foso e parapeto.
Patrimonio etnográfico
Fontes, lavadeiros, muiños, fornos e incluso forxas, son parte do patrimonio etnográfico relacionado coa forma de vivir das xentes de Castromao.
Festas
As festas celébranse os días 15 e 16 de agosto, na honra dos seus patróns Santa María da Asunción e San Roque.
Lugares e parroquias
Lugares de Castromao
Lugares da parroquia de Castromao no concello da Veiga (Ourense) | |
---|---|