Praia de Carnota: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (bot Engadido: de:Praia de Carnota
m Substitución auto
Liña 17: Liña 17:
</gallery>
</gallery>


==Referencias==
==Notas==
{{referencias}}
{{referencias}}



Revisión como estaba o 26 de febreiro de 2012 ás 11:52

Praia de Carnota

A praia de Carnota é un areal localizado no litoral do concello coruñés de Carnota. Cos seus máis de sete quilómetros de lonxitude, está considerada como a máis grande de Galicia. Con baixamar o areal supera os 500 metros de longo nalgúns tramos.

A súa lagoa interior e zona de marismas e dunas dálle acubillo a unha grande variedade de aves migratorias, o que fai especialmente perigoso o deterioro ecolóxico á que vén sendo sometida nos últimos anos -foi unha das afectadas pola marea negra do Prestige-.

A praia de Carnota forma un espazo natural xunto co Monte Pindo o espazo natural Carnota-Monte Pindo catalogado coma Lugar de Importancia Comunitaria e que se atopa incluído na Rede Natura 2000. O espazo ten unha superficie de 4.629 ha. e abrangue aos concellos de Carnota, Mazaricos, Cee e Dumbría, entre as rías de Corcubión e a de Muros e Noia.

Pola súa riqueza e variedade de ecosistemas, así como pola súa inestimable beleza, a praia de Carnota foi considerada pola revista xermana Traum Sträde unha das cen mellores do mundo. Así mesmo o boletín de novas rentalia.com, nunha sodaxe na que contaron máis de dúas mil opinións, sitúaa entre as tres mellores de Galicia.[1]

Galería de imaxes

Notas