Morcego rateiro grande: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
idioma español > lingua española
m Substitución auto
Liña 51: Liña 51:
As principais ameazas derívanse da destrución ou inutilización de refuxios e as molestias ocasionadas por espeleoturismo. A transformación e rehabilitación de edificios con colonias.
As principais ameazas derívanse da destrución ou inutilización de refuxios e as molestias ocasionadas por espeleoturismo. A transformación e rehabilitación de edificios con colonias.

== Referencias ==
== Notas ==
{{listaref}}
{{listaref}}
* ''''' {{es}}''''' [http://www.mma.es/portal/secciones/biodiversidad/inventarios/inb/atlas_mamiferos/pdf/23_Rhino.pdf ''Myotis myotis''] en el Atlas de la biodiversidad del Ministerio de Medio Ambiente (MMA). Arquivo en [[pdf]].

Revisión como estaba o 26 de febreiro de 2012 ás 11:32

Morcego rateiro grande

Myotis myotis
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Chiroptera
Suborde: Microchiroptera
Familia: Vespertilionidae
Subfamilia: Myotinae
Xénero: 'Myotis'
Especie: ''M. myotis''
Nome binomial
'Myotis myotis'
(Borkhausen, 1797)
Mapa de distribución de M. myotis
Mapa de distribución de M. myotis

Mapa de distribución de M. myotis
Subespecies
  • M. myotis subsp myotis, Borkhausen, (1797)
  • M. myotis subsp macrocephalicus, Harrison y Lewis, (1961)

O morcego rateiro grande (Myotis myotis) é o maior representante do xénero, Myotis en Europa.

Descrición

As femias son algo maiores cós machos, de pelo curto e denso, cunha base escura e co dorso de cor marrón a parda grisácea e o ventre case branco; os especímes novos son dun gris cincento, pel pardo avermellada.

O fuciño é ancho e con abultamentos glandulares, o uropataxio é lampiño, cun espolón que cobre a metade do seu bordo.

O seu formula dentaria é .

Distribución

Mapa de distribución europea

Habita en Europa, Israel, Siria, Anatolia e Illas Azores. En Europa, ao sur dunha liña que pasa por Holanda, costa xermano-polaca e Crimea.

Hábitat

Ocupa zonas tépedas, os seus territorios de caza e campeo adoitan ser bosques abertos de tipo adevesados e parques asociados con áreas marxinais urbanas, esta considerado unha especie forestal.

É unha especie tipicamente cavernícola, que utiliza como refuxios, covas, minas ou calquera tipo de cavidade subterránea, tamén se atopa en faiados e sotos, sobre todo na Europa central.

Gregario durante a cría, con colonias que poden reunir miles de femias a partir do mes de marzo. Os machos ao principio mesturados coas femias, sepáranse en pequenos grupos que volven reunirse en agosto para o celo.

Ameazas

As principais ameazas derívanse da destrución ou inutilización de refuxios e as molestias ocasionadas por espeleoturismo. A transformación e rehabilitación de edificios con colonias.

Notas

Galería

Ligazóns externas