Fidalguía: Diferenzas entre revisións
→A fidalguía na Galiza: mellora de redacción |
m Substitución auto |
||
Liña 12: | Liña 12: | ||
Esta clase fidalga comezou a desaparecer coa [[desamortización]] e desapareceu definitivamente coa [[redención dos foros]]. |
Esta clase fidalga comezou a desaparecer coa [[desamortización]] e desapareceu definitivamente coa [[redención dos foros]]. |
||
== |
==Notas== |
||
{{listaref}} |
{{listaref}} |
||
Revisión como estaba o 26 de febreiro de 2012 ás 10:49
A fidalguía, isto é, o conxunto dos fidalgos, constituía o estamento mais baixo da nobreza na Coroa de Castela (equivalente aos infanzóns na Coroa de Aragón).
O conceito de fidalguía cambiou moito co tempo e dentro do reino, así todos os vascos[1], cántabros e até un 80% dos asturianos eran fidalgos mentres que na Galiza, no Catastro de Ensenada só aparecian 10935 fidalgos, menos do 1% da poboación.
A fidalguía na Galiza
A formación da fidalguía característica de Galiza tivo lugar no século XVI ligada ao fenómeno dos foros: escudeiros, cregos e funcionarios investían os seus capitais para convertérense en arrendatarios dos dereitos dos mosteiros, que posuían a maioría da terra na Galiza. Desta maneira, os fidalgos exerceron durante 4 séculos como intermediarios, cobrandolles aos labregos e dándolle parte ao clero. O fenómeno de acumulación foi relativamente rápido e non exento de coaccións.[2]
Esta transferencia de capitais vese no feito de que, segundo salienta Juan E. Gelabert, en Santiago en 1588 o 13% da riqueza pertencía aos fidalgos e o 39% aos mercaderes, mentres que en 1635 o reparto era 43%-10%. Estes primeiros foreiros engrandeceron os seus patrimonios , estabeleceron morgados e procuráronse por todos os medios posíbeis a obtención dunha carta de fidalguía que confirmaba o seu ascenso social e os eximía de pagaren tributos directos.
Esta clase fidalga comezou a desaparecer coa desamortización e desapareceu definitivamente coa redención dos foros.