Maine, Estados Unidos de América: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Vagobot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: kk:Мэн (штат)
Liña 267: Liña 267:
{{Estados Unidos}}
{{Estados Unidos}}


[[Categoría:Estados dos Estados Unidos de América]]
[[Categoría:Maine]]


[[af:Maine]]
[[af:Maine]]

Revisión como estaba o 25 de febreiro de 2012 ás 19:19

Este artigo trata sobre o estado dos EUA. Para outros significados véxase Maine.

Modelo:Estado EUA

Maine é un dos 50 estados dos Estados Unidos da América. Está localizado no extremo nordeste do país, na rexión de Nova Inglaterra. West Coddy Head, o punto máis oriental de Maine, é considerada o punto máis oriental dos Estados Unidos, aínda que algúns consideren Alasca o máis oriental do país, pois dúas das illas do Arquipélago dos Aleutas están localizadas no Hemisferio Oriental. Maine tamén é o Estado máis setentrional do Estados Unidos continental.

Os bosques cobren aproximadamente o 90 % de Maine. Maine coñécese como The Pine Tree State polas súas forestas que conteñen grandes cantidades de piñeiros. O Estado é un líder nacional da industria madeireira. Maine produce máis escarvadentes que calquera outro estado americano, e é o segundo maior produtor de madeira en xeral do país, atrás apenas de Washington. A pesca e mais o turismo son outras fontes importantes de renda.

Non se sabe ao certo a orixe do nome Maine. Crese que ven da expresión inglesa mainland, que significa "corpo de terra principal". Algúns historiadores, porén, consideran que este nome ven da provincia de Maine, unha das provincias da Francia. Unha terceira hipótese é o uso da expresión going over to the Main por parte dos habitantes que vivían en illas situadas ao longo do litoral do Estado.

A rexión onde se localiza Maine fora disputada polos franceses e polos británicos desde os comezos das colonias americanas. As rexións do norte de Maine orixinalmente fixeron parte da colonia francesa de Acadia, unha das provincias coloniais da Nova Francia, ata seren anexadas polos británicos en 1740. A rexión sur foi colonizada polos británicos.

O primeiro asentamento británico no continente americano fundouse en Maine en 1607, 13 anos antes da inauguración do primeiro asentamento británico permanente no continente, en Plymouth, actual Massachusetts, en 1620. O asentamento fundado en Maine en 1607, porén, foi abandonado en 1608. Os asentadores pasaron a instalarse en Maine a partir da década de 1620. Entón, Maine facía parte do Massachusetts. Maine tornouse o 23º Estado americano en 15 de marzo de 1820.

Historia

Ata 1820

Os nativos indíxenas vivían na rexión onde actualmente está localizade Maine millares de anos antes da chegada dos primeiros exploradores europeos. Vivían en Maine dúas tribos indíxenas, os abenaki e os etchemin, da familia amerindia dos algonquinos. Os algonquinos eran primariamente sedentarios. Tribos nómades iroquesas constantemente atacaban os algonquinos na rexión.

O primeiro europeo en desembarcar en Maine foi John Cabot ou Giovanni Caboto, un italiano ao servizo da coroa británica, en 1498. Os franceses exploraron a rexión varias veces ao longo do século XVI. O primeiro asentamento foi en 1607, cando un grupo de colonos financiados por Ferdinando Gorges e John Pophan criaron a Popham's Colony, próxima á foz do Río Kennebec. Este grupo de colonos estaba liderado por Pophan. Os colonos enfrontáronse ao longo do inverno de 1607/1608 un frío moito intenso, falta de alimentos, roupas e outros materiais importantes e a adversidade dos indíxenas da rexión. Pophan morreu durante este inverno, e os colonos, desmotivados, decidiron voltar ao Reino Unido na primavera de 1608, construíndo un barco, o Virxinia, o primeiro barco construído no Estados Unidos. Foi en 1623 cando se fundou en Maine un asentamento permanente.

En 1622, unha axencia gobernamental do Reino Unido cedeu a Ferdinando Gorges e John Mason a área que compoñen actualmente Maine e Nova Hampshire. Esta terra foi dividida entre ambos. Mason recibiu Nova Hampshire, e Gorges recibiu o que actualmente compón a rexión centro-sur de Maine. Cando Gorges morreu, en 1647, Maine pasou a facer parte do Massachusetts. Porén, os herdeiros de Gorges cuestionaron esta fusión, en 1660, e querían o control de Maine de volta ás mans da familia Gorges. O goberno do Reino Unido cedeu Maine en 1664 para a familia Gorges. Os Gorges venderon Maine para o goberno do Massachusetts en 1677.

Entrementres, o norte de Maine foi colonizado polos franceses. Maine, así como toda a rexión que compón o actual estado americano de Vermont, fixo parte da Acadia, unha das provincias coloniais da Nova Francia. Ao longo das primeiras décadas do século XVIII, os roces e diverxencias entre colonos británicos e franceses levaron a sucesivas guerras, que culminaron coa derrota francesa e a sinatura do Tratado de París. O norte de Maine pasou entón a ser controlado polo Reino Unido, e entón facía parte da actual provincia canadense de Nova Escocia.

As guerras entre os británicos e os franceses endebedaron pesadamente ao goberno británico, que criou unha serie de impostos e prohibiu o comercio entre as 13 colonias con outros países que non o Reino Unido. Isto causou descontentamento en todas as 13 colonias. En 1774, un grupo de patriotas de Maine queimaron un depósito de té en York. Un ano despois, en 1775, a Revolución Americana de 1776 comezou. A primeira batalla naval da guerra ocorreu no litoral de Maine, en xuño de 1775. No mesmo ano, os británicos queimaron Pórtland.

Despois da guerra, a poboación comezou axiña a medrar. Porén, moitos dos habitantes cuestionaban o control da rexión por parte de Massachusetts. Desde que a Nova Hampshire tornouse unha colonia (e logo un estado), en 1680, Maine estaba completamente separada de Massachusetts. Moitos habitantes de Maine pasaron a exixir o fin inmediato do control de Massachusetts na rexión, e a formación dun novo Estado. Porén, ata o comezo da Guerra de 1812, a maioría da poboación quería que Maine continuase a facer parte de Massachusetts. O movemento a favor da criación do Estado de Maine aumentou despois da guerra. O 15 de marzo de 1820, Maine tornouse o vixésimo terceiro estado americano. Entón, a capital era Pórtland. A capital mudou a Augusta en 1832.

Desde 1820

En 1842, un tratado entre o Estados Unidos e o Reino Unido delimitou as actuais fronteiras entre a Nova Brunswick e Maine. En 1846, o estado pasou a prohibir a produción e venda de calquera bebida alcohólica, tornándose o primeiro estado americano a aprobar unha lei do xénero. En 1851, pasou a efectivamente vixiar esta lei. Esta lei foi removida en 1934. A maior parte da poboación era contra o uso do traballo escravo. Maine participou ao lado da Unión durante a Guerra Civil Americana, que ocorreu entre 1861 e 1865. Máis de 72 mil habitantes participaron activamente como soldados.

Despois da guerra, Maine industrializouse axiña. Instaláronse no estado fábricas téxtiles, de calzados e de produción de móbeis e papel. Diversas represas foron construídas en diversas partes do estado, polo estado ou por compañas privadas. En 1909, o goberno de Maine prohibiu a venda de electricidade xerada no estado a outros estados, así como ás provincias canadenses veciñas. Esta prohibición perdurou ata 1955. A primeira guerra mundial contribuíu á continuación da industrialización do Estado.

A Gran Depresión, que comezou no 1929, causou unha recesión económica, e moita da poboación das cidades sufriu desemprego, pobreza e miseria. Porén, a maior parte da poboación na época vivían en comunidades rurais. Estas comunidades rurais, que vivían da agricultura de subsistencia (e non da agricultura de exportación), foron pouco afectadas pola Depresión. Como consecuencia, a recesión económica non foi intensa como a ocorrida nos estados altamente industrializados.

A economía recuperouse nos anos finais da década de 1930. Maine prosperou co inicio da segunda guerra mundial, e o Estado pasou a industrializarse axiña novamente. Moitas das fábricas téxtiles mudáronse para os estados do sur do país, mais outras en compensación, a industria madeireira creceu dramaticamente nas dúas décadas que se seguiron á segunda guerra mundial. Outra industria que desenvolveuse foi o procesamento de alimentos.

En 1980, o goberno americano decidiu pagar 81 millóns de dólares aos nativos indíxenas de Maine, como indemnización por diversos acordos realizados durante o século XVIII e XIX, que expropiaron terras aos indíxenas. Ao longo da década de 1990, foron demolidas diversas represas, para permitir que peixes como o salmón puidesen moverse sen obstáculos ao longo de certos ríos.

Xeografía

Cerca do 90 % de Maine é cuberto de bosques. A maioría das árbores que compoñen estes bosques son piñeiros, de aí o cognome do estado, The Pine Tree State.

Maine limitase ao norte coas provincias canadenses de Quebec e Nova Brunswick, a oeste co Quebec e o Estado americano de Nova Hampshire, ao sur co Océano Atlántico, e a leste coa Nova Brunswick. O litoral xunto ao Océano Atlántico posúe 367 km de extensión. Contándose o litoral de baías e de illas, a extensión do litoral é de aproximadamente 5.600 km.

Maine posúe máis de 5.000 ríos e máis de 2.500 lagos, incluíndo os creados artificialmente; o maior destes posúe preto de 311 km². Aproximadamente o 90 % está cuberto de fragas. Maine é coñecido como The Pine Tree State por causa das súas varias fragas con grandes cantidades de piñeiros.

Maine pode ser dividido en 3 distintas rexións:

  • As Chairas Costeiras esténdense ao longo do litoral (ben como todo o litoral da Nova Inglaterra e moito do litoral da Nova Brunswick. Caracterizase pola súa baixísima altitude, nunca superior a 50 metros. Ao longo do litoral localízanse preto de 400 pequenas illas, todas próximas ao continente. A maior destas posúe uns 250 quilómetros cadrados. A súa espesura varía entre 16 a 65 quilómetros. A maior parte da poboación vive nesta rexión.
Mapa de Maine.
  • As Mesetas Orientais da Nova Inglaterra esténdense do sur da Nova Brunswick ata o Connecticut. En Maine, estas mesetas localízanse inmediatamente ao norte das Chairas Costeiras. Esta rexión posúe de 30 a 85 quilómetros de espesura. Ocupa moito do norte do Estado, sendo a maior das tres rexións de Maine. Caracterizase polo súbito aumento de altitude, en terras próximas ao litoral, a elevacións de preto de 620 metros no interior. Esta rexión está escasamente poboada.
  • As Montañas Brancas ocupan toda a rexión noroeste de Maine, localizándose ao noroeste das Mesetas Orientais da Nova Inglaterra. Esténdense desde a Nova Brunswick ata a Nova Hampshire. Posúen preto de 50 quilómetros de espesura no sur e apenas 8 quilómetros de espesura no norte. As Montañas Brancas posúen as altitudes máis altas do estado, entre eles, o Monte Katahdin, o pico máis alto de Maine, cos seus 1,606 metros de altitude. É a rexión menos densamente habitada do estado, e está case toda cuberta de forestas.

Climatoloxía

O clima da Maine é temperado, con catro distintas estacións, con veráns quentes, e invernos fríos. Maine, debido á a súa posición setentrional, posúe un dos invernos máis rigorosos do país. Durante todo o ano, a temperatura media baixa á medida en que se viaxa en dirección ao norte, en canto que as rexións ao longo do litoral posúen invernos un pouco máis lenes, e veráns máis quentes.

A temperatura media no inverno é de -13 °C no norte, -9 °C na rexión central e de -5 °C no litoral. No inverno, a media das mínimas é de -19 °C no norte e de -12 °C no litoral. As mínimas varían entre -40 °C e 6 °C en calquera parte do Estado. A media das máximas é de -9 °C no norte e de -1 °C no litoral, variando entre -36 °C e 14 °C en calquera parte do estado. A temperatura máis baixa xa rexistrada en Maine é de -44 °C, rexistrada en Van Buren, en 19 de xaneiro de 1925.

A temperatura media, no verán, é de 23 °C ao longo do litoral do Océano Atlántico e de 15 °C no norte. A media das mínimas é de 8 °C no norte e de 13 °C no litoral, variando entre 0 °C e 23 °C en calquera parte do Estado. A media das máximas é de 22 °C no norte e de 27 °C no litoral de Maine, variando entre 16 °C e 32 °C en calquera parte do estado. Raramente a temperatura máxima supera os 35 °C. A temperatura máis alta rexistrada foron 41 °C, en 10 de xullo de 1911, en North Bridgton.

A precipitación media anual (choiva e sarabia) baixa á medida en que se viaxa en dirección ao norte e do interior. A taxa de precipitación media anual é de 120 centímetros no litoral e de 95 centímetros no norte. Canto á precipitación media anual de neve, acontece o inverso, co interior recibindo máis neve do que as rexións costeiras: as taxas de precipitación anual de neve varían entre 180 centímetros no litoral a máis de 250 centímetros no interior.

Política

O Capitolio estadual de Maine.

A actual Constitución foi adoptada en 1819, tres meses antes da formación de Maine, e da secesión desta do Massachusetts. As emendas á constitución son propostas polo Poder Lexislativo de Maine, e para ser aprobada, precisa recibir ao menos un cuarto dos votos do Senado e da Cámara de Representantes do Estado, e entón dous terzos dos votos da poboación.

O principal oficial do Poder Executivo en Maine é o gobernador. Este é electo polos electores para mandatos de ata 4 anos de duración. Unha persoa pode ser electa cantas veces quixer para o cargo de gobernador, mais non pode exercer este cargo dúas veces seguidas. Oficiais chave, como o secretario de estado e o tesoureiro son electos polo Poder Lexislativo de Maine, para mandatos de ata 2 anos de duración, podendo ser reelixidos cantas veces quixer, mais non podendo exercer un mesmo cargo por máis do que 4 veces seguidas. O Estado non posúe Tenente Gobernador (vice-gobernador).

O Poder Lexislativo consta do Senado e mais da Cámara de Representantes. O Senado posúe un total de 35 membros, encanto que a Cámara de Representantes posúe un total de 151 membros. Maine está dividido en 35 distritos senatoriais e 151 distritos representativos. Os electores de cada distrito elixen un senador/representante, que irá representar a ese distrito no Senado/Cámara de Representantes. O termo de oficio dos senadores e dos representantes é de dous anos, podendo ser reelixidos cantas veces quixer, mais non máis de 4 veces seguidas.

O tribunal máis alto do Poder Xudicial é o Tribunal Supremo de Maine, composta por 7 xuíces. Outro tribunal importante é o Tribunal Superior de Maine, composto por 14 xuíces. O Estado tamén posúe 31 tribunais rexionais, que operan con carácter rexional, atendendo a casos de prexuízos de menos de 20 mil dólares. Todos os xuíces do Poder Xudicial son escollidos polo gobernador do estado, cuxo termo de oficio é de 7 anos, podendo ser reescollidos novamente sen límite, e sen restricións de exercicio do oficio.

Maine está dividido en 16 condados, 22 cidades primarias (cities) e 480 cidades secundarias (towns). Cerca de metade do orzamento do Estado vén de impostos estatais. O resto vén de verbas recibidas do goberno nacional e de certos servizos estatais, como os xogos de azar.

Demografía

Crecemento populacional de Maine
Ano Habitantes
1790 96.540
1800 151.719
1810 228.705
1820 298.335
1830 399.455
1840 501.793
1850 583.169
1860 628.279
1870 626.915
1880 648.936
1890 661.086
Ano Habitantes
1900 694.466
1910 742.371
1920 768.014
1930 797.423
1940 847.423
1950 913.774
1960 969.265
1970 993.722
1980 1.125.030
1990 1.227.928
2000 1.274.923

De acordo co censo nacional de 2000, a poboación en 2000 era de 1.274.923 habitantes. A poboación creceu en torno de 4 %, en relación ao número de habitantes en 1990, cando o censo nacional estimou a poboación do Estado en 1.227.928 habitantes. Unha estimativa realizada en 2004 estima a poboación en 1 317 253 habitantes. Entre 1990 e 2004, a poboación creceu en preto de 6%.

A maior parte da poboación vive ao longo do litoral do Estado. O interior é escasamente poboado.

O 3% da poboación non naceron nos Estados Unidos. O Estado posúe unha das maiores percentaxes de persoas que naceron no país de todo o Estados Unidos da América. De entre a poboación inmigrante, preto do 40% son canadenses, a gran maioría francófonos.

Cerca do 92,2 % das persoas con 5 anos ou máis de idade posúen o inglés como idioma materno. O 5,3 % da poboación posúen o francés como idioma materno.

Etnias

As cinco maiores etnias son ingleses (que forman o 21,5 % da poboación do estado), irlandeses (15,1 %) franceses (14,2 %), estadounidenses (9,4 %) e franco-canadenses (8,6 %). Contándose apenas etnias, e non nacionalidades, os franceses son o maior grupo étnico do Estado. Maine tamén posúe unha expresiva poboación de descendencia alemá e italiana. Os franceses están instalados nas cidades industrializadas (Lewinston e Portland, en canto que as rexións centro-leste e a rexión sueste están británicos. Alemáns, italianos e irlandeses están espallados por todo o Estado, en número menor.

Relixión

Porcentaxe da poboación por relixión:

Principais cidades

Pórtland.

Cerca de 45% da poboación vive en cidades. Maine posúe tres rexións metropolitanas: Portland, Lewinston - Aurburn e Banton.


Cidades con máis de 10 mil habitantes (área urbanizada)

Suburbios e cidades de menor porte.

Economía

Vista do Acadia National Park, localizado en Maine, e unha das principais atraccións turísticas do estado.

O produto interno bruto foi de 41.000 millóns de dólares. A renda per capita do estado, pola súa vez, foi de 29 164 dólares, o vixésimo nono maior do país.

O sector primario produce un 2 % do PIB de Maine. A industria madeireira produce un 1,2 % do PIB e emprega aproximadamente 20 mil persoas. O estado posúe 6,8 mil facendas. As facendas ocupan preto de 6% do Estado. A industria agropecuaria produce un 0,5% do PIB, e emprega aproximadamente 10 mil persoas. O leite e cereixas son os principais produtos producidos pola agropecuaria de Maine. A pesca produce un 0,3% do PIB do estado, e emprega preto de 1,5 mil persoas.

O sector secundario produce un 20% do PIB. O valor total dos produtos fabricados é de 9.000 millóns de dólares. Os principais produtos industrializados fabricados son papel, móbeis en xeral, caixas de papel (entre outros derivados de madeira) equipamentos electrónicos, vehículos e pezas automotivas e alimentos industrializados. Maine é o maior produtor de escarvadentes do país. A industria de manufactura produce un 15% do PIB, empregando a aproximadamente 93 mil persoas. A industria de construción produce un 4,95% do PIB e emprega aproximadamente 54 mil persoas. A minería produce un 0,05% do PIB, empregando preto de 300 persoas. A maior parte da electricidade consumida no estado provén de centrais a carbón e de hidroeléctricas, cada unha xerando case o 40% da electricidade consumida no Estado.

O sector terciario produce un 78% do PIB. Cerca de 21% do PIB vén de servizos comunitarios, persoais e comerciais. Este sector emprega máis de 250 mil persoas. O comercio por atacado e varexo produce un 18% do PIB, e emprega aproximadamente 182 mil persoas. As vendas do comercio en xeral son auxiliadas polo turismo. No verán, millares de persoas instálanse por algúns meses no Estado, atraídos polo seu clima ameno e polas as súas belezas naturais. As finanzas representan case o 18% do PIB, empregando aproximadamente 52 mil persoas. Servizos gobernamentais representan o 14% do PIB, empregando aproximadamente 110 mil persoas. Os transportes e telecomunicacións empregan a 31 mil persoas, e representan o 7% do PIB.

Educación

A primeira escola foi fundada en 1701, en York. En 1828, o estado aprobou a criación dun sistema de escolas públicas no estado, pasando a fornecer verbas anualmente para os sistemas escolares. Como no resto do país, cada cidade ou vila está encarregada de administrar o seu propio sistema escolar público - excepto comunidades moito pequenas, onde a educación é de responsabilidade do condado onde tal comunidade está situada.

Actualmente, regras e padróns son ditados polo Consello de Educación de Maine. Todas as escolas, públicas ou particulares, precisan seguir as regras deste consello. Todas as nenos entre 7 e 16 anos de idade precisan ir á escola. Verbas para cada sistema escolar público provén de impostos municipais e de verbas do goberno estadal.

A primeira biblioteca pública foi fundada en 1751. Actualmente, o Estado posúe preto de 280 bibliotecas públicas.

Maine posúe 14 institucións de educación superior. A maior delas é o Sistema de Universidades de Maine. O principal pólo educativo é Pórtland.

Transportes e telecomunicacións

Maine posúe preto de 38 mil quilómetros de autoestradas e estradas, ben como preto de 3 mil quilómetros de ferrovías. O principal aeroporto é o Aeroporto Internacional de Portland, localizado en Portland, en canto que o porto con máis movementos é o porto de Eastport.

Publícanse en Maine 68 xornais. Deles, 7 son diarios. Maine tamén posúe preto de 60 emisoras de radio e 16 de televisión.

Véxase tamén

Ligazóns Externas