Oakland: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
ZéroBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: mg:Oakland, California
Liña 68: Liña 68:


[[ar:أوكلاند، كاليفورنيا]]
[[ar:أوكلاند، كاليفورنيا]]
[[be:Горад Окленд, Каліфорнія]]
[[bg:Оукланд (Калифорния)]]
[[bg:Оукланд (Калифорния)]]
[[ca:Oakland]]
[[ca:Oakland]]

Revisión como estaba o 19 de febreiro de 2012 ás 05:20

Modelo:Cidade dos EUAOakland é unha cidade en California situada na parte leste (East Bay) da Área da Baía de San Francisco. É unha cidade étnicamente moi diversa con visibles poboacións de asiáticos, afroamericanos, nativos do pacífico, árabes, indíxenas, indios, e mestizos. Ten unha poboación de 404.155 en 2008, 7.264.887 se contamos toda a área metropolitana de San Francisco.

Poboación demográfica

Oakland contaba cunha poboación de 404.155 habitantes en 2008. As estimacións da oficina do censo da EE.UU. 2005 mostran un 33,15% de afroamericanos, 22,80% de brancos, 1,80% de nativos americanos, 18,20% de asiáticos, 1,23% de insulares pacíficos, 15,53% doutras étnias, e 7,40% a partir de dúas ou máis razas. Os hispanos ou latinos de calquera étnia eran o 28,03% da poboación.

Xeografía

  • Altitude: 12 metros.
  • Latitude: 37º 48' N
  • Lonxitude: 122º 15' O

Deportes

Oakland ten un equipo de béisbol da liga americana, os Oakland Athletics, un equipo na liga nacional de fútbol americano, os Raiders e un equipo de baloncesto na NBA, os Golden State Warriors. Todos estes xogan no complexo McAfee Coliseum/Oakland Area.

Persoeiros

A novelista Amy Tan, autora do Joy Luck Club naceu e criouse en Oakland. En canto ao deporte, naceu nesta cidade o ex-xogador de baloncesto Gary Payton. Tamén naceron en Oakland os cantantes que conforman o grupo de punk rock Green Day, é dicir Billie Joe Armstrong (vocalista e compositor), o baixista Michael Ryan Pritchard (Mike Dirnt), e o batería Frank Edwin Wright III (Tré Cool).

Transporte público

Oakland ten servizo de autobuses (AC Transit) locais, rápidos, e transbaía, un servizo de metro (BART), así como varias frotas de taxi e un servizo de transbordador a San Francisco.

Autoestradas

Oakland conéctase ao resto da área da Baía por varias autoestradas interestatais. As autoestradas interestatais máis importantes da cidade de Oakland son a 80, 580, 880, 238, e a 980. A Ponte da Baía Oakland-San Francisco é a ponte que conecta as cidades de Oakland e San Francisco (Interestatal 80), por onde pasan millleiros de vehículos cada día, dende as áreas residenciais de East Bay aos centros de traballo de San Francisco.

Aeroporto de Oakland

O aeroporto internacional Oakland Internacional, ou simplemente OAK, é o preferido por moita da área pola abundancia de voos baratos, aínda que o aeroporto ten voos internacionais limitados, de xeito predominante a México e Canadá.

Cidades irmandadas

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas