Diferenzas entre revisións de «Acuario (recipiente)»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
m (→‎Animais: Poríferos)
Un asunto esencial para o acuariófilo é a xestión dos residuos biolóxicos producidos polos habitantes dun acuario. Peixes, invertebrados,[[Fungo (bioloxía)|fungo]]s, e algunhas [[bacteria]]s excretan refugallos nitroxenados en forma de [[amoníaco]] (que se pode converter en [[amonio]], dependendo da [[química]] da auga) que debe pasar polo ciclo do nitróxeno. Tamén se produce amoníaco a través da descomposición das plantas e a materia animal, incluíndo feces e outros detritos. Os [[refugallo]]s nitroxenados convértense en tóxicos para os peixes e outros habitantes do acuario en concentracións altas.
 
Un depósito ben equilibrado contén [[ser vivo|organismo]]s que poden metabolizar os refugallos doutros residentes do acuario. Os refugallos nitroxenados que se producen nun depósito son metabolizados nos acuarios por un tipo de bacterias coñecidas como nitrificantes (xénero Nitrosomonas). As bacterias nitrificantes crían o amoníaco da auga e metabolízano para producir nitritos. Os nitritos tamén son altamente tóxicos para os peixes en concentracións altas. Outro tipo de bacterias, xénero Nitrospira, converten os nitritos en nitratos, unha substancia menos tóxica.
 
Este proceso coñécese como ciclo do nitróxeno.
106.197

edicións

Menú de navegación