Lugano: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: be:Горад Лугана
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: lv:Lugāno
Liña 88: Liña 88:
[[lmo:Lügan]]
[[lmo:Lügan]]
[[lt:Luganas]]
[[lt:Luganas]]
[[lv:Lugāno]]
[[na:Lugano]]
[[na:Lugano]]
[[nl:Lugano (stad)]]
[[nl:Lugano (stad)]]

Revisión como estaba o 18 de febreiro de 2012 ás 08:25

Modelo:Cidade de Suíza Lugano (en lombardo: Lügan) é unha cidade ao sur de Suíza, no cantón italiano-falante de Tesino, que fai fronteira con Italia. A cidade fica ás beiras do Lago Lugano. Os seus cálidos veráns e o incremento do número de celebridades que son atraidas pola vila leváronlle a recibir o nome de "Monte Carlo de Suíza". Con 55.060 habitantes, 130.000 na súa aglomeración urbana, é a novena cidade de Suíza por poboación.

A orixe do nome probablemente proveña do latín Lucus, que significa bosque sagrado, ao igual que a cidade galega de Lugo.

Xeografía

Lugano está situado na ribeira oeste do lago homónimo, ubicado á súa vez entre os lagos Maggiore e di Como, ao sur dos Alpes. Pola cidade transcorre o río Cassarate, que desauga no propio lago.

O clima de Lugano é dos máis benignos de Suíza, con veráns cálidos e invernos máis suaves que no resto do país. O mes máis frío, xaneiro, ten unha temperatura máxima media de 6,1ºC e de 0,1ºC a mínima. O máis cálido é xullo, cunhas temperaturas medias máxima e mínima de 25,8ºC e 16,7ºC, respectivamente. As chuvias son abondosas, rexistrándose uns 1.545 l/m2 de media ao ano.

Historia

As ribeiras do Lago de Lugano foron habitadas dende a Idade de Pedra. Posteriormente, etruscos, celtas e romanos deixaron vestixios do seu paso pola zona. O primeiro documento que fala da existencia dunha cidade na súa actual ubicación é de 724, aínda que a súa autenticidade está hoxe discutida. Hai que agardar ata o 1189 para atopar un escrito no que a vila se nomee coa súa denominación actual. Durante os séculos XIV e XV foi obxecto de desputa entre os ducados de Como e Milán, non sendo ata o 1513 cando pasou a formar parte da Antiga Confederación Suíza.

En 1798 entrou a formar parte da República Helvética, baixo o control de Napoleón, chegando a ser o centro do cantón de Lugano. Unha revolta acontecida catro anos máis tarde declarou a independencia do cantón da República Helvética. Coa sinatura da Acta de Mediación ao ano seguinte, na que, baixo o auspicio de Napoleón, se creou a Confederación Suíza monicreque do Primeiro Imperio Francés e que perduraría ata o 1815, o cantón de Lugano uniuse ao de Bellinzona dando lugar ao actual cantón de Tesino, do que Lugano é a principal cidade, aínda que non a capital.

Logo da Segunda Guerra Mundial a cidade experimentou un importante fluxo de capital da veciña Italia, propiciando un medre exponencial das actividades bancarias, converténdoa no terceiro centro financeiro de Suíza.

Cultura

A Catedral de San Lourenzo, católica, é a principal mostra de arte arquitectónica da cidade. Erguida no 818 como unha pequena igrexa, logo feita colexiata no 1078, foi ampliada no século XV, polo que combina elementos románicos con outros renacentistas.

O Museo delle Culture, emprazado nunha mansión á beira do lago, é un dos máis importantes de Lugano, xunto co Museo de Arte e o Museo Cantonal. Mais, sen dúbida, o maior atractivo é o propio lago, principal elemento dunha contorna natural de grande valor paisaxístico e onde é posible a práctica de diversos deportes.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas