Bellinzona: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: tr:Bellinzona
Servando2 (conversa | contribucións)
idioma alemán > lingua alemá
Liña 1: Liña 1:
'''Bellinzona''' (en [[idioma italiano|italiano]] ''Bellinzona'', en [[idioma francés|francés]] ''Bellence/Bellinzone'', en [[idioma alemán|alemán]] ''Bellenz/Bellinzona'', en [[idioma latín|latín]] ''Bilitio'') é unha cidade [[suíza]], capital do [[cantón do Tesino]] e do [[distrito de Bellinzona]].
'''Bellinzona''' (en [[lingua italiana|italiano]] ''Bellinzona'', en [[lingua francesa|francés]] ''Bellence/Bellinzone'', en [[lingua alemá|alemán]] ''Bellenz/Bellinzona'', en [[lingua latina|latín]] ''Bilitio'') é unha cidade [[suíza]], capital do [[cantón do Tesino]] e do [[distrito de Bellinzona]].


== Historia ==
== Historia ==
A cidade foi mencionada por primeira vez co nome de [[:a:Bilitio|Bilitio]] nun texto escrito no ano [[590]], cando ocorreu o encontro entre unha fracción de guerreiros [[pobo franco|francos]] en dirección do [[paso de Lucomagno]] e os [[Lombardo]]s que habitaban na fortaleza de Bellinzona:
A cidade foi mencionada por primeira vez co nome de [[:a:Bilitio|Bilitio]] nun texto escrito no ano [[590]], cando ocorreu o encontro entre unha fracción de guerreiros [[francos]] en dirección do [[paso de Lucomagno]] e os [[longobardos]] que habitaban na fortaleza de Bellinzona:


{{cita|''Olo autem dux ad [[:a:Bilitio|Bilitionem]] huius urbis castrum, in campis situm Caninis, inportunae accedens, iaculo sub papilla sauciatus, cecidit et mortuus est''}}
{{cita|''Olo autem dux ad [[:a:Bilitio|Bilitionem]] huius urbis castrum, in campis situm Caninis, inportunae accedens, iaculo sub papilla sauciatus, cecidit et mortuus est''}}

Revisión como estaba o 18 de febreiro de 2012 ás 01:31

Bellinzona (en italiano Bellinzona, en francés Bellence/Bellinzone, en alemán Bellenz/Bellinzona, en latín Bilitio) é unha cidade suíza, capital do cantón do Tesino e do distrito de Bellinzona.

Historia

A cidade foi mencionada por primeira vez co nome de Bilitio nun texto escrito no ano 590, cando ocorreu o encontro entre unha fracción de guerreiros francos en dirección do paso de Lucomagno e os longobardos que habitaban na fortaleza de Bellinzona:

Olo autem dux ad Bilitionem huius urbis castrum, in campis situm Caninis, inportunae accedens, iaculo sub papilla sauciatus, cecidit et mortuus est

Durante o alto medioevo Bellinzona convértese nun lugar de grande importancia entre Como e Milán, para entrar na grande órbita milanesa a partir do século XV. Na primeira metade do século XVI, seguindo as complexas vicisitudes político-militares do ducado de Milán, Bellinzona foi cedida polos franceses aos confederados suízos. A cidade será controlada como bailía (especie de colonia) até finais do século XVIII cando Napoleón invade o territorio suízo, obrigando á creación de dous cantóns soberanos no sur, o cantón de Bellinzona e o cantón de Lugano, que logo se fusionarían en 1803 para daren vida ao cantón do Tesino.

Bellinzona foi escolleita coma capital cantonal, logo de varias décadas de rotación da cidade capital entre Lugano e a mesma Bellinzona. Actualmente, a cidade é a sede do goberno cantonal tesinés e do Tribunal Penal Federal. Neste momento, atópase en discusión a posibilidade de fusión da cidade, coas comunas limítrofes do distrito, coa idea de obter un mellor realce urbano e un maior peso tanto a nivel cantonal como a nivel nacional, ademais de obter maiores fontes de financiamento e reducir os custos da administración dunha rexión en crise económica.

Xeografía

A cidade atópase situada no centro de cantón, a beiras do río Tesino. A localidade atópase nunha posición de camiños privilexiada. Da cidade parten as rutas cara aos pasos do San Gotardo, Lucomagno, San Bernardino e de Nufenen. Bellinzona está nunha altura de 238 metros sobre o nivel do mar, ten unha superficie de 19,84 km² e a súa poboación a decembro de 2006 era de 16.983 habitantes. Limita ao norte coa comuna de Gorduno, ao leste con Arbedo-Castione, ao sur con Sant'Antonio, Pianezzo e Giubiasco, e ao oeste con Monte Carasso.

Cultura

Palacio de goberno do Cantón do Tesino.

A cidade é famosa polos seus tres castelos: Castelgrande, Montebello e Sasso Corbaro, os cales pertencen desde o ano 2000 ao Patrimonio da Humanidade da Unesco, así como a muralla do antigo burgo.

Divisións

A Comuna de Bellinzona comprende as seguintes circunscricións electorais:

  • Centro Sud.
  • Centro Nord.
  • Daro (fracción).
  • Carasso e Galbisio (fracción).
  • Ravecchia (fracción).
  • Semine.
  • Gerretta.
  • Pedemonte.
  • Artore (fracción).

Ligazóns externas