Diferenzas entre revisións de «Saltón»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
*escasez
(corrixo)
(*escasez)
'''Saltón''' é o nome común dunha [[suborde]] de insectos [[herbívoro]]s da [[orde (bioloxía)|orde]] ''[[Orthoptera]]''. Diferéncianse da outra suborde de ortópteros (''[[Ensifera]]'') en que as antenas son curtas e adoitan ter menos de 30 [[artello]]s. Esta suborde inclúe moitas familias de saltóns.
 
Os saltóns poden saltar grandes distancias coas súas potentes patas traseiras, e nalgunhas ocasións mesmo son capaces de [[migrar]]. Esta circunstancia dáse cando se concentran demasiados individuos nunha mesma zona. Ante a escasezescaseza de alimento, o seu organismo libera unha serie de [[hormona]]s que fomentan a mobilidade das ás para que os individuos poidan desprazarse voando a outros lugares e evitar así a competencia intraespecífica polo alimento. Algunhas especies, como a ''[[Locusta migratoria]]'' e a ''[[Schistocerca gregaria]]'', desprázanse en grandes enxambres minguando as colleitas.
 
Algunhas especies producen ruídos audibles, usualmente frotando as patas contra as á ou o [[abdome]], ou co golpeteo das ás no voo. Algúns contan con órgano de audición, situado nos costados do primeiro segmento abdominal. As patas traseiras son tipicamente longas e fortes, apropiadas para saltar. Xeralmente contan con ás, pero só as traseiras son membranosas e lles permiten voar, mentres que as dianteiras son coriáceas e non son útiles no voo. As femias son de maior tamaño cós machos.
58.640

edicións

Menú de navegación