Revolución Industrial: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (Bot: Engado: ps:رغاويز اوښتون
Luckas-bot (conversa | contribucións)
Liña 103: Liña 103:
[[kaa:O'ndiris revolyutsiyası]]
[[kaa:O'ndiris revolyutsiyası]]
[[kbd:Индустриал револуциэ]]
[[kbd:Индустриал револуциэ]]
[[kk:Өнеркәсіп төңкерісі]]
[[kn:ಕೈಗಾರಿಕಾ ಕ್ರಾಂತಿ]]
[[kn:ಕೈಗಾರಿಕಾ ಕ್ರಾಂತಿ]]
[[ko:산업 혁명]]
[[ko:산업 혁명]]

Revisión como estaba o 17 de febreiro de 2012 ás 17:30


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Un motor a vapor de Watt, a máquina de vapor, alimentada principalmente con carbón, impulsionou a Revoción Industrial no Reino Unido e no mundo.

Revolución Industrial é o proceso de evolución que conduce a unha sociedade dende unha economía agrícola tradicional ata outra caracterizada por procesos de produción mecanizados para fabricar bens a grande escala.

A primeira Revolución Industrial, tamén coñecida como Revolución Científico Tecnolóxica (RCT), xestouse durante cerca de 300 anos, pero a súa expresión tecnolóxica deuse na revolución industrial e os seus efectos prolonganse ata 1780.

Varias foron as circunstancias económico-sociais asociadas a esta primeira RCT: A descomposición da sociedade feudal, o desenvolvemento do capital comercial, o desenvolvemento das relacións comerciais marítimas, o impulso da industria pesada (mineira e metalúrxica), revolución agrícola (grazas á industria química:fertilizantes...) e desenvolvemento da industria química. O cambio iniciouse en Inglaterra por dúas razóns fundamentais, primeiro polo amoreamento de capital como consecuencia do gran desenvolvemento do comercio favorecido polo seu imperio colonial e segundo por ser en Inglaterra onde se inventaron unha serie de máquinas capaces de producir máis rapidamente cós artesáns, o cal permitía a redución de custes e fornecer a demanda máis rapidamente. Ademais existía unha man de obra barata e abundante xa que as terras comunais, fundamentais para a supervivencia dos campesiños pobres, estaban pasando a mans privadas. A industrialización supuxo o nacemento dunha nova clase social, o proletariado que xurde en condicións de pobreza e explotación absoluta.

Esta primeira RCT caracterizouse por un cambio nos instrumentos de traballo de tipo artesanal pola máquina de vapor, movida pola enerxía do carbón. A máquina esixe individuos máis cualificados, produce unha redución no número de persoas empregadas, guindando de maneira incesante masas de obreiros dun ramo da produción a outra, especialmente do campo á cidade.

A Revolución Industrial xerou tamén un alargamento dos mercados estranxeiros e unha nova división internacional do traballo (DIT). Os novos mercados conquistáronse mediante o abaratamento dos produtos feitos coa máquina, polos novos sistemas de transporte e a apertura de vías de comunicación, así como tamén, mediante unha política expansionista. Entre 1830 e 1880, as principais guerras foron de tipo colonialista, na India, China, Turquía, Sudán, Persia, Afganistán, Rusia Oriental e México.

Un dos principios fundamentais da industria moderna é que nunca considera os procesos de produción como definitivos ou acabados. A súa base técnico-científica é revolucionaria, xerando así, o problema da obsolescencia tecnolóxica en períodos cada vez máis breves. Dende esta perspectiva pode afirmarse que tódalas formas de produción anteriores á industria moderna (artesanía e manufactura) foron esencialmente conservadoras. Así a todo, esta característica de obsolescencia e innovación non se circunscribe á ciencia e a tecnoloxía, senón que debe ampliarse a toda a estrutura económica das sociedades modernas. Neste contexto a innovación é, por definición, negación, destrución, cambio, a transformación é a esencia permanente da modernidade.

O proceso de industralización británica

Revolución agrícola

A mediados do século XVIII, en Gran Bretaña comezouse a producir unha grande expansión da agricultura que provocou que a produtividade experimentase un importante crecemento. Este aumento do rendemento agrario foi posible grazas á aparición de novas técnicas de cultivo, á mellora do emprego dos fertilizantes e ao proceso de privatización das terras (denominado enclosure), que trouxo unha maior rendibilidade.

Este incremento da produción agraria repercutiu moi positivamente nos sectores industriais vinculados á agricultura. Ademais, produciuse un forte incremento dos beneficios agrícolas, o que máis tarde permitirá o investimento deste capital no sector industrial.

Revolución demográfica

Os avances na agricultura, co conseguinte aumento da produción provocou un progresivo crecemento da poboación. Este aumento demográfico foi impresionante, xa que Gran Bretaña doblou o seu número de habitantes durante todo o século XVIII. Neste incremento tamén influiu o descenso da mortalidade, como consecuencia dos novos avances na medicina e das melloras hixiénicas.

Mellora dos transportes

A mellora das vías de comunicacións foi fundamental para crear as condicións axeitadas que permitisen unha fácil circulación dos produtos agrícolas e industriais. Gran Bretaña exercía unha ampla hexemonía naval, coa cal controlaba o comercio ultramarino e ademais foi pioneira na construción do ferrocarril, o cal supuxo un grande avance.


Efectos máis relevantes da primeira revolución industrial e papel da ciencia e a técnica

  • Substitúese a artesanía polas máquinas.
  • Se non ocorrese a revolución agrícola, non se daría a Revolución industrial pola industrialización.

Consecuencias sociais da primeira revolución industrial

  • Cambia a orde social estamental por unha sociedade de clases.
    • Nova división do traballo.
    • A burguesía toma o control do parlamento.

A revolución industrial na Europa continental

  • En 1850 apenas existe a fábrica moderna en Europa.
    • Só en Bélxica hai un proceso de revolución seguido ó de Inglaterra.

A Revolución industrial foi o principio dos avances na ciencia e o primeiro paso cara á modernidade.

Véxase tamén

Outros artigos

Modelo:Link FA Modelo:Link FA