Ácido glicérico: Diferenzas entre revisións
m r2.7.1) (Bot: Engado: sr:Glicerinska kiselina |
|||
Liña 40: | Liña 40: | ||
[[Categoría:Azucres ácidos]] |
[[Categoría:Azucres ácidos]] |
||
[[bg:Глицеринова киселина]] |
[[bg:Глицеринова киселина]] |
||
[[de:Glycerinsäure]] |
[[de:Glycerinsäure]] |
||
[[en:Glyceric acid]] |
[[en:Glyceric acid]] |
||
⚫ | |||
[[fr:Acide glycérique]] |
[[fr:Acide glycérique]] |
||
[[ja:グリセリン酸]] |
[[ja:グリセリン酸]] |
||
[[pt:Ácido glicérico]] |
[[pt:Ácido glicérico]] |
||
[[sr:Glicerinska kiselina]] |
|||
⚫ |
Revisión como estaba o 17 de febreiro de 2012 ás 16:10
O ácido glicérico é un azucre ácido natural de tres carbonos do grupo dos ácidos aldónicos coa fórmula C3H6O4[2]. É doadamente soluble en auga e alcohol. Os sales e ésteres do ácido glicérico denomínanse gliceratos.
Estereoquímica
O ácido glicérico posúe un carbono asimétrico ou quiral, polo que ten isómeros D e L.[3] O ácido D-glicérico atopouse como tal en diversas plantas (son moi comúns nos seres vivos os seus derivados fosfatados). O ácido L-glicérico atopouse na bacteria Pseudomonas elodea.
-
ácido D-Glicérico
-
ácido L-glicérico
Bioquímica
Varios derivados fosfatados do ácido D-glicérico teñen importancia biolóxica, xa que son importantes intermediarios bioquímicos na glicólise, fermentación alcohólica e ciclo de Calvin da fase escura da fotosíntese. Entre eles están: o 2-fosfoglicerato, o 3-fosfoglicerato, o 1,3-difosfoglicerato, e o 2,3-difosfoglicerato.
ácido 2-fosfo-D-glicérico |
ácido 3-fosfo-D-glicérico |
ácido 1,3-difosfo-D-glicérico |
2,3-difosfo-D-glicérico |
Síntese
O ácido glicérico obtense tradicionalmente por oxidación do glicerol con ácido nítrico ou tratándoo con bromo e auga. Tamén se forma pola descomposición espontánea da nitroglicerina [4]. É común hoxe a súa produción biolóxica, por exemplo con certas bacterias do ácido acético a partir de glicerol[5]. Tamén se pode obter oxidando glicerol con catalizadores de ouro/grafito [6].
Notas
- ↑ Merck Index, 11th Edition, 4378.
- ↑ PubChem compound Polyglyceric acid
- ↑ ver CHEBI:32398
- ↑ Organic Chemistry [1]
- ↑ Hiroshi Habe, Tokuma Fukuoka, Dai Kitamoto & Keiji Sakaki: Biotechnological production of d-glyceric acid and its application. Applied microbiology and biotechnology, 2009, 84. nro 3, páxinas 445-452. [2] 6-12-2011.
- ↑ Ulrich Heiz,Uzi Landman: Nanocatalysis, s. 416. Springer, 2007. ISBN 978-3-540-32645-8. [3] (06-12-2011)