Clima temperado: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: mk:Умерена клима
Luckas-bot (conversa | contribucións)
Liña 78: Liña 78:
[[mk:Умерена клима]]
[[mk:Умерена клима]]
[[ms:Iklim sederhana]]
[[ms:Iklim sederhana]]
[[my:သမပိုင်းဇုန်]]
[[nl:Gematigd klimaat]]
[[nl:Gematigd klimaat]]
[[nn:Temperert klima]]
[[nn:Temperert klima]]

Revisión como estaba o 17 de febreiro de 2012 ás 08:59

thumb

Unha rexión que posúe un clima temperado ten unha temperatura que varía regularmente ao longo do ano, cunha media por riba dos 10 °C, nos meses máis quentes e entre -3º e 18 °C, nos meses fríos. Posúen catro estacións ben definidas: un verán relativamente quente, un outono con temperaturas gradualmente máis baixas co pasar dos días, un inverno frío, e unha primavera con temperaturas gradualmente máis altas co pasar dos días. A humidade depende da localización e condicións xeográficas dunha rexión dada.

Nas rexións dos océanos localizadas en rexións de climas temperados, dise que posúen augas temperadas.

Clasificación dos climas temperados

Nas siglas indicadas abaixo, a segunda letra indica o padrón de precipitación: w indica invernos secos (a media do mes máis seco menor que un décimo da precipitación media do mes de verán máis húmido, ou menos de 30 mm); s indica veráns secos (a media do mes máis seco con menos de 30 mm de precipitación e menos dun terzo da precipitación do mes de inverno máis chuvoso); f significa precipitación en todas as estacións.

A terceira letra indica o nivel de temperaturas de verán: a indica que a media do mes máis quente é superior a 22 °C; b indica que a media do mes máis quente é inferior a 22 °C, con polo menos 4 meses con medias por riba de 10 °C; c indica que 3 ou menos meses teñen temperaturas medias por riba de 10 °C.

Clima temperado mediterráneo

Este clima sitúase entre as latitudes de 30º e 40 °C. O clima mediterránico é o único onde a estación fría está asociada á estación das chuvias. Os invernos están caracterizados por temperaturas mornas, debido ás correntes marítimas quentes. É no inverno cando se observa algún índice de precipitación, mentres que no verán a precipitación é case nula. Os veráns son quentes e secos, debido aos centros barométricos de alta presión. Nas áreas costeiras os veráns son máis frescos debido ás correntes frías do océano.

Exemplos:

Subtropical húmido (Cfa, Cwa)

É o clima propio do interior de continentes ou nos litorais ao leste de tales continentes, entre latitudes de 25° e 40º. Ao contrario de climas mediterráneos, unha zona cun clima subtropical posúe veráns húmidos dado masas tropicais inestables. No leste asiático, os invernos poden ser secos e máis fríos que noutros lugares con latitudes similares, debido á alta presión atmosférica de Siberia, e veráns húmidos debido á influencia das monzóns.

Exemplos:

Clima temperado marítimo

Os climas temperados marítimos sitúanse entre as latitudes de 45º e 55º. Están normalmente ao lado dos climas mediterráneos. Así e todo en Australia atópase ao lado do subtropical húmido, e a unha latitude máis baixa. Estes climas son dominantes ao longo do ano. Os veráns son frescos e anubados. Os invernos son suaves, ao contrario doutros climas a unha latitude semellante.

Exemplos:

Temperado subártico (Cfc)

Tal clima acontece máis perto dos polos que os climas temperados marítimos e está limitado ou a estreitos litorais da parte occidental dos continentes ou a illas deses litorais, especialmente no Hemisferio Norte.

Exemplos:

  • Punta Arenas, Chile (precipitación uniforme ao longo do ano)
  • Monte Dinero, Arxentina (verán máis húmido que o inverno)
  • Torshavn, Illas Faroe (verán máis seco que o inverno).